Mostrando entradas con la etiqueta MALLA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MALLA. Mostrar todas las entradas

26 jun 2011

A malla do 20 ao 26 de Xuño

Esta semana lemos en El País unha nova sobre unha tese doutoral que defende que a configuración do solo galego vén determinada por masivos incendios provocados hai 6000 anos. Máis información aquí.

Outra cousa curiosa que atopamos é un novo exemplo de parasitismo por parte de larvas. Neste caso, unha larva de avespa infecta o corpo dunha xoaniña, mais, en vez de matala mediante o seu desenvolvemento, déixaa viva nun estado zombie para empregala como gardacostas ante posibles depredadores. Podedes ler a nova, en inglés, aquí.

Por último atopamos a historia da maior ponte construida no primeiro milenio, cando as pontes podían chegar a ter durante séculos o título de pontes máis longas construidas, ao contrario que agora, cando en poucos anos xa son superadas. Ao final da entrada descubrimos un moi interesante enlace a TRAIANVS, un portal europeo de enxeñería romana.

19 jun 2011

A malla do 13 ao 19 de Xuño

Esta semana produciuse un eclipse de lúa, o primeiro neste ano 2011. Como a meteoroloxía non acompañou, traémosvos este video de simulación de como se tería visto o eclipse desde A Coruña.

Noutra orde de cousas, tamén vos traermos novas do Chromebook, o primeiro portátil con Chrome OS, que xa está á venda. En Omicrono fálannos del.

Tamén nos sorprendeu a gravación dun vídeo dun escorregamento de terras por parte dun motorista que, despois de atopar unha pequena advertencia, parou para gravar o que alí acontecera, sen percatarse do que, literalmente, se lle viña encima.

No apartado de aniversarios, un moi especial, o da empresa IBM que fixo 100 anos no mundo da computación, comezando polas tabuladoras, pasando polos computadores de consumo e agora detrás de moitas cousas

Por último, no ámbito local temos que falar do lanzamento do E-Museo dos museos científicos coruñeses, unha ferramenta para a divulgación online mediante os recursos da web 2.0 dos materiais científicos producidos polos museos científicos, mais tamén aberto á participación dos internautas. Recollemos a nova en MuyInteresante.

12 jun 2011

A malla do 6 ao 12 de Xuño

Esta semana Yuri sorprendeunos cun paseo cun contador Geiger ás costas por Valencia, entre os sitios que visita podemos destacar a central nuclear de Cofrentes, con sorpendentes (ou non tanto) resultados na medición. Para rematar o artigo, Yuri cóntanos como podemos facer para conseguir un contador Geiger da antiga Unión Soviética.

No ámbito tecnolóxico, a nova da semana foi a Keynote de Apple, onde presentou novidades nos seus servizos, cunha nova versión do seu sistema operativo móbil (iOS) e un disco duro virtual; incorporando por fin a Apple elementos xa presentes nas plataformas Android como as notificacións ou as actualizacións vía OTA; e recoñecendo finalmente que o futuro está na nube.

Ademais, tamén vimos como os Paises Baixos pasan ser o primeiro país en crear unha lei que garante a neutralidade na rede, como @Sonicando publicou no seu blogue un resumo dos argumentos a prol da vacunación, nun artigo de grande repercusión mediática e descubrimos nesta entrada como funciona un disco duro, coas partes que o integran.

Para rematar, non podiamos deixar de falar do Doodle desta semana, que conmemoraba o 96 aniversario de Les Paul e que causou sensación, xurdindo varias páxinas onde aparecían melodías adaptadas para tocar co Doodle.

5 jun 2011

Malla do 30 de Maio ao 5 de Xuño

Esta semana continuouse a falar da polémica pola publicación do Diccionario Biográfico Español, obra encargada pola Real Academia de Historia e subvencionada polo goberno do Estado, na que algunhas biografías foron denunciadas como pouco obxectivas ou parciais. Isto levou á Academia a plantexar a necesidade de introducir cambios nestas entradas coa maior rapidez posible.

A outra gran nova da semana foi que a IARC, organización dependente da OMS, incluiu os teléfonos móbiles nunha lista de posibles canceríxenos, ao nivel do café, o cloroformo ou a polución dos automóbiles. As respostas á noticia, que van da consideración como chamada de atención á crítica e fan énfase na falta de probas para dar un xuízo definitivo, foron recopiladas por Público.

Porén, na internet atopamos outras moitas ligazóns interesantes, como esta viaxe fotográfica polo sistema solar, unha fascinante galería de imaxes que chegou ás nosas mans vía @Milhaud.

Tamén vía @Milhaud, obtemos unha pequena explicación de por que antes eran leis científicas pasaron a chamarse teorías científicas. Un curioso matiz que intenta alexar a razón científica da imaxe dun lexislador que estableza as leis que rexen o universo.

No blogue da CMT faláronnos da regra de 3 da telefonía móbil. E é que en todos os países hai 3 grandes operadoras, con 3 destacados terminais de 3 sistemas operativos diferentes.

A Comisión Europea publicou un informe que recoñece por vez primeira os dereitos de autor dos xornalistas sobre as súas obras. (via @carlos_toural).

E por último, esta semana tivo tamén lugar un referéndum en Malta sobre a legalización do divorcio. Coa victoria do Si, só as Filipinas e a Cidade do Vaticano seguen considerando o divorcio como ilegal no seu ordeamento xurídico.

29 may 2011

A malla do 23 ao 29 de Maio

Comezamos a malla presentando o teaser da primeira temporada do programa de divulgación científica, Escépticos. Xa coñeciamos o capítulo piloto e, agora, podemos ver o avance da temporada:


No eido tecnolóxico, esta semana Google anunciou unha mala nova, peche da API da súa sección de tradución debido ao alto custe do seu mantemento. A condición de "deprecated" (despriorizado, os usuarios teñen acceso a ela e pódena usar pero non será obxecto de actualizacións, melloras ou traballo de calquera tipo por parte da compañía) foi anunciada a data do 26 de maio, e o peche total terá lugar o 1 de decembro de 2011. Isto non supón que deixe de existir, pero si que deixa de ser posible a utilización por terceiros  (via @calustra).

Tamén podemos falar dun cumpreanos, o de YouTube, que esta semana fixo 6 anos. Como saberedes, antes era unha compañía independente até que foi mercada por Google.

Para os fotógrafos deixámosvos unha marabilla de cámara de 200 megapíxeles. Seguro que as fotos quedan ben, inda que até 600 MB por imaxe pode ser un peso demasiado excesivo.

Ademais, atopamos unha explicación de como funciona o muro Trombe, un muro con gran inercia térmica que, grazas a un sistema de correntes por convección que se xeneran grazas á axuda dos raios do sol, permite acondicionar a temperatura do interior da vivenda, de maneira que funciona como calefactor no inverno, e como refrixerador no inverno

Finalmente, quédanos comentar que Twitter tamén introduciu novidades, agora  permite ver a timeline doutros usuarios.

22 may 2011

A malla do 16 ao 22 de Maio

Presentamos a malla dunha semana na que as redes sociais, e principalmente Twitter, foron o foco de atención debido ao movemento Democracia Real Ya, que xurdiu e se extendeu a través das mesmas.

Aproveitamos a semana para asistir á derradeira clase de Walter Lewin, o profesor de física que todos desexabamos ter. Este profesor do MIT que publica un libro no que conta o seu afán por facer a física interesante aos seus alumnos.

Ademais, atopamos cun video infográfico no que nos mostran un dos posibles procesos case automatizados (non está exento do emprego de man de obra) que se levan a cabo para separar os diferentes tipos de basura antes de reciclar.

Tamén descubrimos o muro que salvou a Fudai do tsunami xaponés, un muro que, según os habitantes da vila, construiuse cunhas dimensións desproporcionadas pero que, grazas a estas dimensións, a vila non tivo que lamentar danos debidos ao tsunami.

No eido das telecomunicacións, xa se ten falado no pasado das tarifas planas nos Estados Unidos, cando ATT eliminou as súas, mais agora coa decisión de Verizon de eliminar as súas o mercado das telecos dos Estados Unidos deixa as tarifas planas case erradicadas.

Para rematar, mostramos os novos avances na tradución de Ubuntu ao galego por parte do seu equipo de tradución: Ubuntu xa ten a instalación básica completa e o 70% do total traducido ao galego, e o galego é o 15º idioma en avance da tradución.

17 may 2011

Malla Especial: Día das Letras - Lois Pereiro

Como sabedes, este Día das Letras que conmemoramos hoxe, 17 de maio (data de referencia da publicación de Cantares Gallegos, no ano 1863), está dedicado á figura de Lois Pereiro.

O obxectivo desta entrada é facer unha lista de recursos colaborativa, na que recompilemos os materiais e recursos dos que tivemos coñecemento durante estes días. Polo tanto, e coma sempre, non dubidedes en empregar os comentarios para mellorar e facer medrar esta lista de recursos:

En loispereiro.blogaliza.org podemos atopar unha colección de manuscritos, audiovisuais, traducións... moi interesantes.

Atopamos varias biografías, coma a da Praza das Letras, a de Galicia Digital, a da BibliotecaVirtualGalega, ou a de Henrique Mariño para Público.

Na web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística atopamos un especial con moitos materiais, amosando un enfoque fundamentalmente didáctico.

No portal CulturaGalega.org atopamos outra biografía e varias novas, así como a descarga gratuíta de Loia. Na súa sección audiovisual atopamos un resumo das diferentes propostas audiovisuais sobre a figura de Lois Pereiro que se teñen presentado, así como a axenda dos actos do día de hoxe.

En Son de Poetas podemos atopar varios poemas de Lois Pereiro musicados.

Nesta ligazón (.pdf) podedes atopar o dossier da exposición "Lois Pereiro, lírica punk", do museo Verbum de Vigo.

Por último, desde a páxina da BibliotecaVirtualGalega, tedes acceso a algunhas das súas obras.

15 may 2011

A malla do 9 ao 15 de Maio

Despois da sentencia do caso SGAE=Ladrones a semana pasada, este semana seguimos tendo novidades desde o eido xudicial. Así, Google perdeu un xuízo contra os xornais belgas, que demandaban a prohibición da ligazón das súas novas en Google News (via @mtascon) e, por primeira vez, aplícase unha orde-mordaza contra as redes sociais, ao prohibir un xuíz do Reino Unido a publicación de información en Twitter e Facebook sobre a identidade dunha solicitante de eutanasia. (via @Iria_Menacho)

Da competitividade entre empresas atopámonos un caso curioso, e é que Facebook admitiu estes días ter contratado unha empresa para desprestixiar a Google. Sabemos que ambos compiten en certos aspectos, pero hai que chegar aestes extremos?

Doutra banda, Google celebrou estes días o I/O 2011, evento no que se presentaron varias novidades de Android. Podedes ver as keynotes, que xa están dispoñíbeis.


Unha nova curiosa chéganos do Reino Unido. Xa sabemos que a meteoroloxía afecta sustancialmente á transmisión das telecomunicacións, polo que hai que comezar a ter en conta o cambio climático nas redes WiFi.

Ademais, esta semana aconteceu en Pontevedra o Neuromagic 2011, unha xuntanza entre ilusionistas e neurocientíficos para estudar os enganos no noso cerebro. En Lainformación.com publican un vídeo no que recollen entrevistas con profesionais de ambos os dous campos.

E xa para rematar deixámosvos cunha explicación de por que confundimos Obama e Osama, que vai máis alá da simple similitude fonética.

8 may 2011

A malla do 2 ao 8 de Maio

Nunha semana na que a actualidade informativa centrouse na morte de Bin Laden e a aceptación das listas de Bildu, desde Mallando tamén vimos outras moitas novas interesantes que pasamos a compartir con vós:

O xoves Julio Alonso (director xeral de Weblogs S.L.) publicou unha entrada no seu blogue sobre a última sentencia do caso SGAE=LADRONES, na que a Xustiza volve dar a razón á SGAE, e volve facer responsable ao administrador dunha páxina web de todos os comentarios posteados nesa páxina, incluso se non ten coñecemento deles. Julio Alonso anuncia xa o recurso ao Tribunal Supremo.

Por outra banda, atopamos un hangar para dirixibles cunhas medidas de 99 metros de largura por 358 m de lonxitude que durante moito tempo foi a estrutura artificial sen columnas de soporte máis grande do mundo.

Tamén vimos unha explicación da formación das balsas de formigas. Un sistema de supervivencia para que nas grandes inundacións as formigas poidan sobrevivir moito tempo á deriva grazas ás burbullas que se forman ao agarrarse as unhas ás outras e grazas unha grande flotabilidade que lles dá esa estrutura.

Finalmente, tivemos coñecemento dun sistema que permite buscar na rede se se fixeron fotos coa túa cámara roubada a partir do número de serie dunha foto almacenada tomada con esa cámara, e descubrimos a existencia de computadores do tamaño dun USB e 25 $. Si, líchedes ben, tan só 25 $.

1 may 2011

A malla do 25 de Abril ao 1 de Maio

Comezamos a malla da semana coa nova de que Sony admitiu que se puido ter producido un roubo masivo de datos de usuarios da rede de PlayStation. Malia os datos estaren encriptados, segundo Sony, o New York Times alertou de que poden estar á venta.

Dentro das novas tecnolóxicas, destacamos que a portabilidade nun só día é un obxectivo que se persigue en Europa que xa se leva a cabo en UK.

Seguimos cunha non tan nova, facendo referencia a un Porche híbrido de 1901. No post tamén nos indican que por esa data moitos coches funcionaban cun motor de combustión que alimentaba motores eléctricos que facían mover as rodas.

A través do twitter de Milhaud tamén chegamos a un post no que nos mostra como a intolerancia á lactosa e a maneira de estar repartidas as porcentaxes de intolerancia son unha mostra da selección natural.

Tamén, esta semana, pechou na India a Godrej and Boyce, a última fábrica de máquinas de escribir.

E para rematar, lembrámoslle aos despistados que hoxe entran en vigor as novas limitacións de Spotify. Lembrámos tamén que hai unha rea de alternativas a Spotify, que podes ver neste post.

24 abr 2011

A malla do 18 ao 24 de Abril

Esta semana, cunha che de días festivos polo medio, fíxose notar tamén na Internet, onde a actividade foi bastante lixeira, mais non por ilo falta de interese.

Como saberedes, Apple denunciou a Samsung por un suposto caso de plaxio, algo bastante arriscado tendo en conta que Samsung é un dos principais proveedores de pezas dos produtos de Apple. Pero a compañía coreana non tardou en responder, e vén de denunciar aos da mazá mordida por incumplir varias patentes. Con todo este lío de denuncias de por medio, pode ser interesante este gráfico no que se amosa quen demanda a quen no mundo da telefonía móbil.

Por outro lado, atopamos un curioso post, non pola novidade senón polo interese, sobre a cámara oscura, a orixe da fotografía.

A través de @cienciadebolsillo chégannos imaxes dunha grúa especial para aeroxeneradores, xa sabedes, as que se empregan para poñer en pé as inmensas torres eólicas.

En wwwhat's new axúndannos a distinguir entre unha rede social e unha rede de contido, é dicir, entre Facebook e Twitter, por exemplo.

No ámbito da lingüística tivemos esta semana coñecemento dun artigo publicado en Nature que nega a natureza universal da evolución da linguaxe humana, tentando refutar as teorías de Chomsky, do que se agarda pronta resposta.

Do mundo do incomprensíbel Da USC chega unha nova ben curiosa: a Universidade negou unha praza a un investigador  que captou 400.000 euros. Limitarémonos a non opinar sobre o tema e deixar que cadaquén saque as súas propias conclusións.

E xa para rematar a semana, pechamos cunha entrada na que nos comentan como navegaban os vikingos durante os días nubrados.

17 abr 2011

A malla do 11 ao 17 de Abril

O pasado martes, o 12 de abril, cumplíronse 50 anos do primeiro voo orbital tripulado, foi Yuri Gagarin a bordo da Vostok 1. La pizarra de Yuri explica nunha entrada de outubro do ano pasado como "o home co que comparte nick fixo algo curioso", ser o primeiro home no espazo. Tamén compartimos algunha recopilación fotográfica, e o Fist Orbit, un vídeo que mostra en tempo real as imaxes que o cosmonauta puido ver combinadas co audio real da misión. E como non ía ser menos, Yuri tivo doodle propio:



Porén, a efémeride do voo de Gagarin non foi o único feito destacado esta semana. O outro grande polo de atracción informativa foi a nova da introdución, a partir do 1 de maio, de limitacións en Spotify tanto para usuarios free como open, de modo que só se poideran escoitar un máximo de 10 horas de música ao mes, e só 5 veces a mesma canción. A reacción non se fixo esperar, e desde Microsiervos xa amosan 7 posibilidades que poderían substituír ao Spotify, ademais, xorden tamén as ferramentas que permiten copiar as listas de reprodución de Spotify noutros soportes. En todo caso, a rede arde con comentarios sobre o que facer despois da decisión de Spotify: Ben buscar alternativas para evitar ceder ao que se considera unha chantaxe, ou ben pasarse a Premium.

Ademais, esta semana anunciaronse o peche de todas as tendas de PC City e un novo concurso de frecuencias de FM que poría en perigo as radios libres e comunitarias ao esgotar o espectro radioeléctrico planificado.

10 abr 2011

A malla do 4 ao 10 de Abril

Rematamos unha semana cunha malla un chisco escasa pero non por iso menos interesante. Nela tivemos novas dun descubrimento que, de confirmarse, suporía un dos máis importantes descubrimentos arqueolóxicos do que levamos de século: Descubren a tumba de Safo, poeta grega do s. VI a.C.

Tamén atopamos unha pequena explicación do que é o anumerismo, a incapacidade en distintos grados de defenderse dentro do mundo matemático cotián. Unha limitación que fai que sexamos vítimas de diversos timos ou de estatísticas falseadas por non pararse a pensar e empregar a simple lóxica.

Tamén atopamos un pequeno argumento en contra da homeopatía por Richard Dawkins, un divulgador británico enfrontado con todo tipo de pseudociencias coma a propia homeopatía, a astroloxía, o creacionismo, etc.

E para finalizar, a división inglesa de Vodafone vén de elaborar un vídeo sobre a evolución dos terminais de telefonía móbil facendo uso do 3D Projection Mapping (ou vídeo Mapping), o resultado é este fabuloso traballo.

[Edición a 12 de abril: A nova da descuberta da tumba de Safo resultou ser unha broma que crimos tanto as nosas fontes como nós mesmos. Máis información aquí.]

3 abr 2011

A Malla do 28 de Marzo ao 3 de Abril

O 1 de abril é coñecido en moitos países, sobre todo do mundo anglosaxón, como o April Fool's Day, que vén a ser o que acó o 28 de decembro co Día dos Inocentes. Neste sentido, foron moitos os que aproveitaron este día para gastar numerosas bromas, inda que mención especial merece Google.

Para comezar, se alguén buscaba 'helvética' ou 'comic sans' antonte vería que os resultados no buscador aparecían escritos nesa tipografía.


Mais isa non foi a mellor nin a máis currada das bromas de Google. Para Gmail presentaron un novo servizo Gmail Motion, co que poder escribir os correos con xestos. Mesmo habilitaron unha web para probalo. Por certo, recomendadísimo ver o vídeo para saber como funciona! Este mesmo servizo, Motion, tamén o presentaron para Docs.

Relacionado co seu navegador web, Chrome, que mellor que exercitar os dedos? De aí Chomercise, tamén con vídeo imprescindíbel :)

Entre as ofertas de traballo dos de Mountain View, atopámonos cunha curiosa: autocompletador para resultados (non pensaríades que se facía só, non?)



Para rematar, en Alt1040 atopámonos unha recopilación das brincadeiras de Google dende o 2000. Lembrádesvos dalgunha?

Entre os vídeos descubertros, destacamos un grazas ao cal aprenderemos as diferenzas entre fluorescencia e fosforescencia.

Tamén atopamos unha pequena anotación sobre un lápiz especial para escribir sobre pantallas capacitativas e tamén un enlace a un tutorial para que poidas fabricar o teu propio.

A través de @calustra descubrimos as 25 cousas que nunca debería facer un tradutor.

E xa para rematar, destacar Amazings con unha anotación extensa e interesantísima sobre a importancia da relixión na vida diaria da sociedade humana, na que reflexiona sobre se é realmente parte da natureza humana ou un construto social.

27 mar 2011

A malla do 21 ao 27 de Marzo

Nesta semana, mentres que se apagan os ecos de Fukushima nos medios, xorden importantes novas no ámbito tecnolóxico, que vos pasamos a relatar:

Con relación ao terremoto do Xapón, chegamos a través de Microsiervos a esta Historia da Sismometría, unha interesante lectura aínda estando en inglés.

No tocante ás novidades tecnolóxicas, esta semana Firefox vén de publicar a versión 4 do seu navegador, moito máis rápido que as versións anteriores. Aquí podedes ver como instalala dende Ubuntu. Anunciouse tamén a versión de DraftSight para Linux e para Mac, unha interesante ferramenta de CAD 2D que, ademais de estar en español, permite gravar ficheiros en formato *.dwg, así como exportar planos a pdf e un sen fin de utilidades máis.

Por outra banda, a operadora americana AT&T fíxose con T-mobile, facendo a maior empresa de telecomunicacións de Norteamérica, inda que hai quen pensa que todos perden. Google, pola súa parte, vén de publicar unha ferramenta e mapa coas velocidades reais de todo o mundo, que no caso galego está desglosado por cidades.

A semana tamén deixou unha impresionante e fermosísima galería de imaxes de infraestructuras, da que se fixo eco Ingeniería en la Red, así como a nova de que a central nuclear de Chernobyl será cuberta pola maior estrutura móbil xamais creada (via @tecnoloxia).

Finalmente, os usuarios estamos de noraboa, xa que a Audiencia Nacional vén de anular o Decreto Presidencial no que se establecían as cotas e dispositivos de copia privada que tiñan pegar o canon dixital. En Alt1040 resolven as dúbidas sobre este canon e o significado da sentenza.

20 mar 2011

A malla do 14 ao 20 de Marzo

A semana seguinte ao terremoto e o tsunami no Xapón, aínda apareceron máis imaxes impactantes, aínda que neste caso non tan devastadoras. Un exemplo é a vista do tsunami dende un barco, tamén podemos observar o efecto da licuefacción nun parque próximo á bahía de Tokio, un video no que se ve como o terreo expulsa a auga debido á sacudida do terremoto. Ademais disto, estivemos pendentes do estado da central de Fukushima I sobre a que os medios provocaron unha histeria xeneralizada sobre un desastre nuclear que, finalmente, parece que se conseguiu impedir. 

Volvendo a temas máis habituais, no blogue da CMT resumen algunhas das características principais do anteporxecto da Lei Xeral de Telecomunicacións que recolle, entre outros asuntos, as portabilidades en 24 horas.

Twitter vén de cumplir 5 anos e no seu blogue recollen algunhas cifras interesantes sobre a compañía. E  para finalizar, tamén no mesmo terreo, mostramos un campo en expansión, o da cartografía de redes sociais. Neste artigo amosan unha primeira clasificación dos tipos de mapas de redes sociais.

13 mar 2011

A malla do 7 ao 13 de Marzo

Como era de agardar, os sucesos do Xapón protagonizaron a actualidade de moitos medios e blogues online, o que nos fixo elaborar a edición da Malla publicamos á mañá. Mais tamén houbo espazo para outros temas, entre eles os que seguen.

Comezamos cunha mixtura de vídeo-infografía que amosa características e curiosidades relacionadas co efecto placebo, entre elas como inflúen factores como o tamaño, a cantidade, o prezo e mesmo a vía de consumo.

Doutra banda, atopamos unha composición baseada no número Pi. Para facer isto, tendo en conta que a música pódese reducir a simples matemáticas, o autor asignou unha nota musical a cada número para que desta maneira fixera unha fermosa melodía.

Tamén nos preguntamos como estarán a celebrar en Spotify a envexosa cifra do millón de usuarios Premium. Será cantando esta canción? E falando de Spotify... por que non facer un Spotify dos libros? Iso deberon pensar un grupo de emprendedores españois, que están a crear 24symbols.

Pola súa banda, en LanguageLog comentan como sería a escritura dunha obra similar con múltiples acentos, como Trainspotting, nunha lingua como o chinés que non permite facer ese tipo de distincións fonéticas.

Dende o Goberno informaron de que se está a preparar a nova lexislación de telecomunicacións, que obrigará a que os novos edificios teñan preinstalada redes de banda larga ultrarrápidas para Internet a 100 Mbps ou servizos de televisión en HD.

E para despedir esta semana, outra despedida, a do Discovery, que vén de completar a súa última misión.

Malla especial do terremoto de Xapón

Niguén é hoxe alleo á cadea de sismos que está a sufrir estes días o Xapón, o máis forte o rexistrado o pasado venres, calificado de grao 8,9 na Escala de Richter, que desencadeou un tsunami que arrasou grandes zonas de territorio. Por iso, dende Mallando quixemos facer esta edición especial da Malla, exclusiva para compartir ligazóns relacionados co tema.

Comezamos co xornal El País, no que atopamos un gráfico interactivo no que se explica como se forman os terremotos e os tsunamis.

Ademais, publicáronse entradas sobre sitemas antisísmicos, tanto en edificios antigos (vía @charlieeer) coma en edificios modernos, así como sistemas de aviso con conta atrás e o funcionamento dos detectores.

Outra das consecuencias dos tremores foron os danos nalgunhas centrais nucleares, a explosión (vía @rodaimos) de Fukushima Daiichi, que fixeron declarar o estado de emerxencia nuclear. Ditos danos comezaron por nun fallo no suministro eléctrico do sistema de refrixeración que explican aquí como prevén a solución. (vía @adelgado). Todo isto provocou o rexurdimento da eterna discusión de nucleares si contra nucleares non, co que aproveitamos para amosarvos como funciona unha central nuclear.

A maiores podemos incluir infinidade de imaxes, como a galería de elpais.es, imaxes dende o espazo, e videos, como mareas de coches, e de calquera cousa que poidades imaxinar.

Para rematar, deixamos un vídeo do movemento dos rañaceos (dende fóra), compartido por @aberron no Twitter.



6 mar 2011

A malla do 28 de Febreiro ao 6 de Marzo

Esta semana sobrecolleunos un fallo de Gmail, no que moitos usuarios atopáronse coas súas caixas de correo baleiras. Afortunadamente, Google anunciou que está a traballar no erro e que en breve todo o mundo terá as súas caixas de correo restablecidas e cos seus correos de volta. Sen embargo, isto fixo que algúns usuarios se plantexasen levar a cabo copias de seguridade dos seus correo.

Se queremos estar protexidos ante a perda de información, temos que ter unha (ou máis) copias de seguridade. Pero...sabemos que é unha copia de seguridade? Wicho lémbranos que deben estar en diferentes discos. Algo obvio. Ou non?

Por outra banda, o venres dimitiu o celebérrimo ministro de Antigüidades de Exipto, Zahi Hawass, famoso por ser un dos principales impulsores das peticións do retorno a Exipto das antigüidades exipcias espalladas polo mundo. En El País fan esta pequena reseña da súa vida.

Finalmente, esta semana tamén atopamos varias ligazóns curiosas que nos chamaron a atención, como esta completa infografía de como funciona a Estrela da Morte, unha entrada sobre a historia do movemento da coronación de peóns, ou un artigo sobre o fenómeno do Astroturfing e o seu uso por parte de grupos de presión dacordo cos seus intereses.

27 feb 2011

A malla do 21 ao 27 de Febreiro

Unha semana na que aproveitamos para curar a resaca do Mobile World Congress atopamos un conxunto de entradas máis variado e non tan tecnolóxico, para comezar, unha entrada sobre os efectos dos microondas na comida, e tras unha breve explicación do funcionamento dos mesmos, explica que non hai problema e que tampouco son perxudiciais para a saúde, xa que están perfectamente protexidos e que a maior parte das lesións por microondas están asociadas a queimaduras na pel debido a recipientes e alimentos.

Tamén escoitamos, en RTVE, falar de Edward O. Wilson, o señor das formigas, un biólgo apasionado coas formigas do que nos contan a orixe da súa pasión, ademais dunha pequena descripción do comportamento das formigas.

No eido informático, dende Alemaña chéganos unha triste noticia: malia ter previsto mudar a Linux gran parte da súa informática, veñen de decidir retomar a opción de Windows.

Tamén limos que Google podería estar en negociacións con varias ligas deportivas profesionais, principalmente norteamericanas (NBA, NHL), mais tamén coas ligas de fútbol europeas, para comprar os dereitos de retransmisión de eventos e emitilos en directo en Youtube.

Aínda que non podiamos quedar sen a ración de internet, esta semana saíron os datos da decimoterceira Enquisa AIMC a usuarios de Internet, da que se desprende a preocupación dos internautas polo prezo das conexións á rede e un descenso no uso das redes P2P. Podes descargar o informe completo aquí (pdf).