Coñécese como efecto Streisand o fenómeno da sobredivulgación dunha información en internet despois de que esta sexa sometida a unha tentativa de censura ou autocensura.
O nome deste efecto vén da demanda interposta pola cantante Barbra Streisand contra o fotógrafo Kenneth Adelma pola publicación dunha foto aérea da súa casa nun folleto publicitario que contiña imaxes de California, alegando a intrusión no seu dereito á privacidade. Porén, a fotografía formaba parte dun proxecto financiado polo goberno do estado de California para documentar a erosión da liña de costa, e o intento de censura, en vez de contribuír á súa privacidade fixo que a fotografía da vivenda, nun comezo cunha difusión marxinal, tivese unha enorme repercusión mediática.
Este efecto aparece ciclicamente no mundo das comunicacións, sendo bos exemplos o do secuestro do número 1573 de El Jueves polo xuíz Juan del Olmo ou a censura por parte da Moncloa da fotografía das fillas do presidente Zapatero na Casa Blanca.
Porén, co xurdimento de Twitter este efecto vese multiplicado aínda máis, pois os intentos de censura ou ocultación vense respostados cunha marea de RTs. Quizais un moi bo exemplo disto sexa o fenómeno #turismobisbal, onde o borrado dos tweets que orixinaron o Trending Topic avivou en vez de amainar a polémica.
Mostrando entradas con la etiqueta sociedade da información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sociedade da información. Mostrar todas las entradas
4 ago 2011
18 feb 2011
Vodafone presenta un kit de emerxencia para catástrofes #mwc11
No Mobile World Congress non todo foron móbiles de últimísima xeración. Vodafone, en colaboración coa ONG francesa Telecom Sans Frontieres, presentou unha ferramenta ben interesante: unha estación base portábel totalmente autónoma, pensada para casos de emerxencia (inundacións, terremotos...) e que tan só precisa dunha toma de corrente para operar.
O sistema componse dun total de 3 maletas, cuxo peso máximo individual é de 32 Kg. Isto ten unha razón de ser: 32 Kg é o máximo de equipaxe por persoa que se permite nos voos comerciais.
Esas maletas conteñen todo o imprescindíbel para operar: un receptor/emisor (antena), un mástil plegábel, cableado, unha antena satélite e un ordenador portátil, que fará de centro xestor de comunicacións.
Tárdase tan só 40 minutos en desplegar todo o sistema e telo completamente operativo, e con el pódese dar cobertura nun radio de até 5 Km. Admite até 1000 disposivos conectados ao tempo, e está pensado para comunicacións entre os equipos de emerxencia, non para o conxunto da poboación.
En canto ás aplicacións que soporta, de momento só está pensado para voz e SMS, e pode configurarse para funcionar de dous xeitos: de maneira interna, entre teléfonos conectados á célula, ou co exterior, grazas a unha antena vía satélite.
O prototipo que vimos no Mobile World Congress está testado, mais non contarán co definitivo até dentro duns meses. De calquera xeito, trátase dunha iniciativa moi interesante, e un exemplo de como as telecomunicacións son imprescindíbeis en momentos críticos
Etiquetas:
EVENTOS,
mwc11,
operadores,
sociedade da información
10 dic 2010
Factura electrónica (e-factura): un simple pdf?
A factura electrónica é un documento dixital - que vén a substituír á factura tradicional en papel - dotado de sinaturas dixitais con certificados recoñecidos.
O Anteproxecto de Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, alén de definir a e-factura como un documento electrónico que cumpre cos requisitos legal e reglamentariamente esixíbeis ás facturas e que, ademais, garante a autenticidade da súa orixe e a integridade do seu contido, o que permite atribuír a factura ao seu orbigado tributario emisor, tamén sinal as 3 condicións que debe ter dito tipo de factura:
- Debe estar nun formato electrónico (Edifact, xml, pdf, html, doc, xls, gif, jpeg, txt...).
- Precisa dunha transmisión telemática (partir dun ordenador e ir a outro ordenador).
- Débese garantiar a integridade e autenticidade a través dunha sinatura dixital recoñecida. Isto é, a sinatura ten que ser do tipo "avanzada", baseada nun certificado recoñecido e xerada mediante un dispostivo seguro de creación de firma.
Requisitos
Os requisitos que debe cumprir toda e-factura son os mesmos que os dos seus equivalentes en papel. Nela deben aparecer:
- Número de factura.
- Data de expedición.
- Razón social do emisor e do receptor, cos seus respectivos enderezos e NIF/CIF.
- Base impoñíbel.
- Tipo impositivo.
- Cota tributaria.
- Data de prestación do servizo (se é necesario).
Vantaxes derivadas do uso da e-factura
Entre as vantaxes do uso da e-factura atopámonos as seguintes:
- Aforro na xestión de envío (ensobrado, selado, envío).
- Melloras mediambientais (redución do uso do papel, eliminación do uso de tintas...)
- Redución de espazo físico.
- Mellora na xestión da facturación.
Máis información
Etiquetas:
dixitalización,
internet,
sociedade da información
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
