Mostrando entradas con la etiqueta MEDIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDIOS. Mostrar todas las entradas

23 jun 2011

Mañá entrevístannos en Falacalado (CuacFM)



Mañá, venres 24, á noite poderes escoitar as nosas preciosas voces en Falacalado, o programa de CuacFM, que se emitirá entre as 21 e 22 horas.

Estaremos aló para falar da nos rede de blogues Mallando, que como sabedes inclúe, alén deste que ledes, Mallando no Android, O Esparavael, A Malla das Telecos e O Bloc.

Para escoitarnos teredes 3 opcións:







24 feb 2011

Entrevista sobre o Mobile World Congress 2011 no Barcelona Atlántica


O luns da semana pasada tivemos a oportunidade de manter unha extensa entrevista cos amigos do programa de radio Barcelona Atlántica, co gallo do Mobile World Congress, no que falamos de como ía o congreso e tamén doutros aspectos máis da terra, como a operadora galega R.

Se non tivéchedes oportunidade de escoitalo a través de Radio Trinitat Vella ou da redifusión para Galiza a través das ondas de Radiofusión, tedes outra oportunidade descargando algún dos seguintes arquivos.

Descargas

4 feb 2011

Os formatos de xornal

Os xornais están á venda en diferentes formatos, cada un cun tamaño de papel diferente, aos que en determinadas culturas se lles apón tamén unha correlación coa calidade.

Probablemente a diferencia máis importante sexa entre os Tabloid e os Broadsheet:

Os Broadsheet ou xornais de grande formato (750x600 mm., aínda que se considera tabloid calquera xornal de máis de 560 mm. de longo que teña unha ratio aproximada de 1.33), son os xornais de maior tamaño. Este formato xurdiu en Gran Bretaña no século XVIII ao aparecer un imposto que gravaba os xornais en relación ao seu número de páxinas, e pouco a pouco foi desenvolvendo unha serie de connotacións que o relacionan cun contido de calidade, tratamento detallado e en profundidade das historias e aparición relativamente pouco importante de noticias de sociedade ou relacionadas con famosos. Un bo exemplo de Broadsheet sería o Financial Times.

Pola contra, os Tabloids ou Tabloides (aprox. 280 x 430 mm.), son xornais de pequeno formato, aproximadamente a metade dun broadsheet. Os Tabloids asocianse cun tratamento pouco detallado das historias, con acusacións de sensacionalismo ou amarelismo, e cun énfase maior nas historias de famosos ou escándalos. Quizais o exemplo mellor coñecido de tabloid é o famoso The Sun.

Hoxe en dia, esta división está moi presente nos países de fala inglesa, mais non tanto noutros países onde o mercado que correspondería aos tabloids está cuberto por revistas ou semanarios. Porén, tamén hai que ter en conta que o uso hoxe en día fai máis referencia á diferencia de calidade ou enfoque que ao formato real dos xornais. Isto é debido a que moitos broadhseet foron evolucionando, adaptándose ás necesidades dos consumidores actuais, e xurdiron dous novos formatos: o compact, nome co que se fai referencia a xornais de calidade nun formato similar ao tabloid, foi o formato adoptado polo The Times desde 2004 (aínda que a versión dominical, The Sunday Times, segue sendo editada en broadsheet), mentres que o formato Berliner, (470 x 315 mm.) que se atopa a medio camiño entre os tabloid e os broadsheet, e do que son bos exemplos os xornais El País e El Mundo, foi o adoptado polo The Guardian a partir de 2005.

Xa para rematar, exemplificamos as diferencias cunha fotografía:



Nesta fotografía, tomada da Wikipedia, podemos ver os diferentes formatos de xornal comparados. Temos, de menor a maior:
unha folla de papel DIN A4
Un Compact (The Times)
Un Tabloid (Daily Mail)
Un Berliner (Le Monde)
Dous casos intermedios entre Berliner e Broadsheet (Berliner Zeitung e Neues Deutschland)
Un Broadsheet (The Guardian)


12 ene 2011

Escoita o que se dixo de Mallando no Barcelona Atlántica

Xa vos adiantamos por Twitter e Facebook que falaran de nós en Barcelona Atlántica, un programa da factoría de ERGaC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya), e que poderíades volver escoitalo esta tarde a través de Radiofusión.

Se non puidéstedes facelo, podedes volver a facelo, descargando un dos seguintes arquivos de audio.

Descargas