Os xornais están á venda en diferentes formatos, cada un cun tamaño de papel diferente, aos que en determinadas culturas se lles apón tamén unha correlación coa calidade.
Probablemente a diferencia máis importante sexa entre os Tabloid e os Broadsheet:
Os Broadsheet ou xornais de grande formato (750x600 mm., aínda que se considera tabloid calquera xornal de máis de 560 mm. de longo que teña unha ratio aproximada de 1.33), son os xornais de maior tamaño. Este formato xurdiu en Gran Bretaña no século XVIII ao aparecer un imposto que gravaba os xornais en relación ao seu número de páxinas, e pouco a pouco foi desenvolvendo unha serie de connotacións que o relacionan cun contido de calidade, tratamento detallado e en profundidade das historias e aparición relativamente pouco importante de noticias de sociedade ou relacionadas con famosos. Un bo exemplo de Broadsheet sería o Financial Times.
Pola contra, os Tabloids ou Tabloides (aprox. 280 x 430 mm.), son xornais de pequeno formato, aproximadamente a metade dun broadsheet. Os Tabloids asocianse cun tratamento pouco detallado das historias, con acusacións de sensacionalismo ou amarelismo, e cun énfase maior nas historias de famosos ou escándalos. Quizais o exemplo mellor coñecido de tabloid é o famoso The Sun.
Hoxe en dia, esta división está moi presente nos países de fala inglesa, mais non tanto noutros países onde o mercado que correspondería aos tabloids está cuberto por revistas ou semanarios. Porén, tamén hai que ter en conta que o uso hoxe en día fai máis referencia á diferencia de calidade ou enfoque que ao formato real dos xornais. Isto é debido a que moitos broadhseet foron evolucionando, adaptándose ás necesidades dos consumidores actuais, e xurdiron dous novos formatos: o compact, nome co que se fai referencia a xornais de calidade nun formato similar ao tabloid, foi o formato adoptado polo The Times desde 2004 (aínda que a versión dominical, The Sunday Times, segue sendo editada en broadsheet), mentres que o formato Berliner, (470 x 315 mm.) que se atopa a medio camiño entre os tabloid e os broadsheet, e do que son bos exemplos os xornais El País e El Mundo, foi o adoptado polo The Guardian a partir de 2005.
Xa para rematar, exemplificamos as diferencias cunha fotografía:

Nesta fotografía, tomada da Wikipedia, podemos ver os diferentes formatos de xornal comparados. Temos, de menor a maior:
unha folla de papel DIN A4
Un Compact (The Times)
Un Tabloid (Daily Mail)
Un Berliner (Le Monde)
Dous casos intermedios entre Berliner e Broadsheet (Berliner Zeitung e Neues Deutschland)
Un Broadsheet (The Guardian)

No hay comentarios:
Publicar un comentario