Mostrando entradas con la etiqueta COLABORACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLABORACIÓNS. Mostrar todas las entradas

18 ene 2012

Arquitectura bioclimática (por Carlos Rivera)

A arquitectura bioclimática é aquela na que o deseño se realiza tendo en consideración o entorno no que se vai ubicar a edificación, analizando os seus condicionantes climáticos, a orientación, os ventos ou a humidade entre outros factores, para aproveitar ao máximo as súas virtudes e aos que engadindo unha boa selección dos materiais permitirá executar unha edificación cun alto grao de confort interior e que trata de reducir o seu consumo enerxético á mínima expresión.

É un concepto aplicable a todos os estilos e elementos arquitectónicos, que sen deixar de lado requerimentos estéticos e funcionais posúe como puntos fortes o respecto co medio ambiente, a sensibilidade ao impacto que provoca sobre a natureza e a redución dos índices de contaminación ambiental.


Moitos dos principios nos que se basea este concepto existiron sempre e non é difícil atopar características da arquitectura bioclimática en edificacións pertencentes á arquitectura tradicional. Por poñer un exemplo, colocar árbores de folla caduca na fachada sur das edificacións, permite que chegue a esta a maior radiación solar posible no inverno, mentres que no verán a folla limita o paso da luz solar reducindo os seus efectos sobre a fachada.

Para acadar o confort ambiental do que falabamos anteriormente a través do aproveitamento das virtudes do entorno, as seguintes premisas básicas a ter en conta son:
  • Reducir tanto como sexa posible a demanda enerxética.
  • Control das perdas de enerxía, tratando de que sexan mínimas nos meses de inverno.
  • Acadar unha óptima calidade do ambiente interior mediante unhas condicións adecuadas de temperatura, humidade e movemento e calidade do aire.
  • Contribuír na medida do posible ao aforro no consumo de combustibles
  • Diminuír a emisión de gases contaminantes á atmosfera.
  • Ter en conta os efectos do edificio sobre o entorno: substancias que poida desprender, consumos que poidan influír no desenvolvemento sostible do lugar coma o consumo de auga ou outras materias primas por enriba da súa capacidade de renovación.
  • Harmonización e funcionalidade de espazos.

A foto anterior pertence á Shell House, gañadora de varios premios de arquitectura, do estudio Artechnic. En artechnic.jp, no apartado Residential, tedes multitude de fotos da edificación, tanto do exterior coma do interior.

13 jul 2011

Pilas I: Tipos de Pilas e Funcionamento (por Isaac Manteiga)

Seguro que todos os días utilizas algún trebello eléctrico que usa pilas para o seu funcionamento: un mando a distancia, un rato inarámico, o radiocontrol de apertura da porta do garaxe, un reloxo,...

Neste especial sobre as pilas, empezaremos, na primeira entrega, falando da estructura interna das pilas e do seu funcionamento.

Tipos de pilas
- Pilas secas:
Ao longo da historia os distintos tipos de pilas evolucionaron até as denominadas pilas secas, que son as que usamos case todos os días.
Este tipo de xerador eléctrico convirte a enerxía química dos compoñentes da pila en enerxía eléctrica ata que estes compoñentes se esgotan e perden as súas propiedades. Para realizar este tipo de transformación, débese producir un tipo de reacción entre os compoñentes da pila chamado redox, na que participan dous protagonistas:
- Axente oxidante: é o que oxida á outra especie. Arríncalle electróns á outra especie, gañándoos el e reducíndose.
- Axente reductor: é o que reduce á outra especie. Cédelle electróns, perdéndoos e oxidándose.

A estas altura da película preguntaraste como é posible que o que se reduce esté gañando algo, verdade? Bueno, pois a resposta é moi sinxela, porque o que está gañando gaña electróns, que teñen unha carga negativa.

Unha reacción redox deste tipo de baterías é a seguinte:



Os productos do cátodo atópanse en estado gas e vanse acumulando ao redor da barra de carbono, o que se califica como polarización da pila. Isto produce descensos de potencial e pode chegar a producir a rotura da pila. Para evitar a polarización engádese á pila óxido de manganeso IV, que reacciona co hidróxeno e co cloruro de zinc e estes á súa vez co amoniaco, e acábaos eliminando.



O exemplo típico deste tipo de pilas é a pila comercial económica.

- Pilas primarias:
A súa composición e funcionamento son semellantes ao das pilas secas, iso si, presentan unha grande vantaxe, que é a súa maior duración e que nos productos non se forman sustancias en forma de gas, polo que non hai perigo de polarización da pila.
O exemplo típico deste tipo de pilas é o da pila de botón.

-Pilas alcalinas:
A diferencia que presentan estas pilas é que o medio onde se atopa o electrolito é alcalino, xeralmente formado por unha disolución de hidróxido de potasio.
As máis usadas son as de zinc-óxido de magnesio, zinc-óxido de mercurio e zinc-óxido de prata II. Como podes apreciar, o ánodo sempre está formado por zinc e tras oxidarse forma óxido de zinc.

-Acumuladores:
Nelas, os electrodos son de natureza química diferente.
Os productos da reacción deposítanse sobre os electrodos, de tal maneira que se facemos pasar unha corrente eléctrica en sentido contrario ao que xeneran, a reacción invírtese e volven a recuperar os reactivos a partir dos productos, é dicir, recárganse.
Este proceso é reversible un gran número de veces, pero non infinitas, xa que os reactivos acaban deteriorándose e perdendo facultades. Ademáis, senón de que ían vivir os que as fabrican?


Funcionamento



Se observas unha pila, verás que ten dous polos ou terminais, un positivo e outro negativo.
Os electóns agrúpanse na parte negativa, de maneira que para facer funcionar a pila, se unimos ambos terminales, os electróns pasarán da parte negativa á positiva o máis rápido posible. Cabe decir que no medio deste circuito debemos poñer algún trebello como unha resistencia, motor ou circuito electrónico para que non se descargue moi rápido e se quente en exceso, o que pode chegar a ser perigoso en pilas grandes. É por isto que podemos gardar as baterías tanto tempo sen que se descarguen, xa que non chega a producirse a reacción.

Facendo un resumen de todo o anterior, podemos decir que as pilas son esencialemnte unha lata con elementos químicos que produce electróns mediante unha reacción electroquímica.

22 jun 2011

Curtocircuitos (por Isaac Manteiga)

Un curtocircuito prodúcese cando a resistencia dun circuito eléctrico é moi pequena, provocando que a intensidade da corrente que circula sea excesivamente grande.

Os curtocircuitos poden dividirse en varias clases:

Para corrente alterna:
  • Trifásico: cando se poñen en contacto as tres fases nun mesmo punto do sistema. Na maior parte dos casos, este é o curtocircuito máis severo e problemático, xa que xera as correntes de curtocircuito máis elevadas. Hai que engadir que tamén é o menos frecuente.
  • Bifásico: cando se poñen en contacto dúas das distintas fases do sistema polifásico.
  • Bifásico a terra: cando se poñen en contacto dúas fases distintas dun sistema polifásico xunto coa terra do sistema.
  • Unipolar (monofásico): cando se pon en contacto unha fase coa terra do sistema. Como a maior parte dos usuarios posuímos este tipo de conexión á rede eléctrica, este adoita ser o máis frecuente.


Para corrente continua:
  • Entre polos opostos: cando se poñen en contacto os polos opostos dun circuito de corrente continua. Este tipo de defectos crean unhas correntes, denominadas correntes de curtocircuito, que rondan os kiloamperios.

Se miras o cadro eléctrico que tes detrás da porta da casa, verás uns interruptores que teñen como obxectivo protexer dos danso dos curtocircuiros: os interruptores magnetotérmicos aguantarán unha intensidade duns 20-25 A a 230 V. Se entran en contacto fase e neutro da túa instalación, saltará o interruptor magnetotermico do cadro de protección como resultado da creación dunha corrente de curtocircuito, que a nivel doméstico rondaría os 4 ou 6 kA.

Se ahora pensamos en grande, nunha linea trifásica de 20 kV, as correntes de curtocircuito chegan a ser da orde dos centos de kiloamperios.

Como se pode apreciar, a maior tensión, as correntes de curtocircuito aumentan. Esto pódese ver se nos fixamos nas fórmula da corrente de curtocurcuito:

Onde:
  • Vo: tensión da línea.
  • Zcc: impedancia de curtocuicuito.

Os curtocircuitos crean consecuencias non desexadas nos instalacións eléctricas como:
  • - Degradación dos aillantes dos conductores: ao pasar a corrente de curtocircuito polo conductor este quéntase polo efecto Joule (o mesmo principio que fai que unha lámpada incandescente dea calor ademáis de enerxía luminosa). Esto é debido á seguinte fórmula: Onde:
    Q: calor.
    R: resistencia interna.
    t: tempo que circula a corrente.

    Como podemos ver, a intensidade está elevada ao cadrado, desta maneira, a maior corrente de curtocircuito, maior calor está soportando o conductor, o que provoca que se degrade, podendo volver a crear outro curtocircuito ou podendo dar lugar a um contacto non desexado co conductor.
  • Incendios: debido á calor xerada polo efecto Joule, pode crearse un incendio.
  • Fusión dos conductores: debido a un arco voltaico xerado tras a corrente de curtocircuito ou ás elevadas temperaturas.
  • Desconexión de partes das instalacións debido á selectividade das proteccións eléctricas: esto prodúcese cando temos unha separación de circuitos.

Para que poidas ver o efecto que pode producir un curtocircuito, un exemplo claro son os seguintes videos:




Nestes casos, unha póla está creando un curtocircuito entre dúas fases dun sistema trifásico nunha línea de transporte aérea. Tras un tempo, crease un arco eléctrico que se extingue polas proteccións presentes nas lineas ou porque o aire deixa de estar o suficientemente ionizado como para continuar creando o arco.

15 jun 2011

Os Drakkars (por Diego Figueira)

Os Drakkars eran as embarcións usadas por escandinavos, saxóns e vikingos entre os anos 700 e 1000. Foron o maior expoñente do seu poderío militar, e grazas a eles conquistaron un extenso territorio.

O casco dos drakkars estaba construído sobrepoñendo unhas táboas a outras, usando como aillante nas unións carrizo impregnado con brea. Eran naves longas, estreitas, liviás e con moi pouco calado, o que permitía que navegasen por augas con moi pouca profundidade, e incluso rio arriba, como aconteceu nas rías galegas.



Un drakkar podía medir entre 17 e 35 metros de eslora, e só entre 3 e 11 de manga. Aínda así podían embarcar nel máis de 30 homes. O seu pouco calado, tan só medio metro, e a súa lixeireza permitían que un drakkar puidese ser arrastrado ao interior da costa sen que tivera que chegar a porto. Con estas características podemos ver que era unha nave moi veloz, capaz de chegar ós 14 nós.

Os Drakkar movíanse principalmente a remos, situados a ambos lados da embarcación. No centro da mesma dispoñía dun único mastro cunha vela rectangular que era de moita axuda nas travesías longas. En combate eran os remeiros os que movían a nave.

O orixe da palabra drakkar ven dun antigo termo islandés usado para designar os dragóns. O uso do termo nesta embarcación responde á frecuente presenza de representacións de dragóns ou outros seres na proa da embarcación, cunha función decorativa e intimidante.

30 mar 2011

Drenaxe e impermeabilización (por Carlos Rivera)

Trátase dun sistema construtivo que ten por obxecto evitar o deterioro que a presenza de auga poida causar nos elementos aos cales protexe, mediante a captación e condución das augas, a través de condutos ou de materiais filtrantes até o lugar de descarga. E cales son as causas que provocan a presenza de humidades no terreo?

-Capilaridade, a auga ascende polos cerramentos, sobre todo no arranque dos mesmos, a través de tubos capilares. Isto sucede cando a tensión de adherencia é maior á forza da gravidade.

-Nivel freático, aquel no que nos atopamos con auga subterránea que pode penetrar nos elementos construtivos por presión hidrostática.

-Filtracións, a auga introdúcese nos elementos construtivos a través das xuntas, poros ou grechas producidas por escoamento a favor da gravidade ou por acción da presión dinámica en sentido ascendente do vento.

-Condensacións, que se producen cando unha masa de aire húmido entra en contacto cunha superficie de temperatura inferior á de orballo.

Temos que ter conta tamén as xeadas, que producen deterioro nos muros debido á expansión da auga ao solidificarse. Ademais, a participación da auga en determinadas reaccións químicas pode dar lugar a carbonatacións, corrosións, lixiviación ou eflorescencias.

Para a execución do sistema, que neste caso concreto, trata de protexer da auga unha galería baixo unha autovía, despois de facer unha limpeza do elemento a protexer, aplícase unha emulsión asfáltica en dúas capas de espesura máximo 2 mm coa que conseguimos un recubrimento con boa adherencia e sobre a cal se dispón unha lámina drenante nodular unida a un xeotéxtil que absorbe e filtra a auga do terreo. A lámina evita a acción da presión hidrostática sobre o muro e o contacto directo do muro coa humidade, protexendo o muro de filtracións.

Estas láminas veñen subministradas en rolos que se estenderán co xeotétil contra o terreo e disporán de fixacións ao longo e ancho da lámina coa axuda de pequenos listóns, solapándoas uns 15 cm. Logo téndese o tubo de drenaxe, flexible, corrugado e con perforacións en todo o seu perímetro. Unha vez que se dispón este tubo, execútase un recheo con grava filtrante ao redor do tubo que quedará envolto polo xeotéxtil que se atopa unido á lámina drenante.



Xa para rematar, lévase a cabo un recheo de terras que deixará a galería enterrada e por encima do que se disporán as capas dos materiais pertinentes para a execución do pavimento da autovía.

26 ene 2011

Evitar os (pesados) anuncios de actualización do MSN Messenger (por Fer Real)

O programa MSN Messenger, malia ser un dos máis empregados en mensaxería instantánea, resulta ás veces todo un pesadelo cando saca unha nova versión e pretende que actualices, inda que non queiras. Existe unha solución para evitar isto, para a cal deberemos seguir os seguintes pasos:
  1. Descargar o programa ResHacker.
  2. Executar como Administrador (botón dereito sobre o arquivo e pinchar nesa opción).
  3. Executar o Reshacker, abrir o Messenger (Adoita estar na ruta: C:\Program Files\Windows Live\Messenger\msnmsgr.exe).
  4. No programa abrir as seguintes pestanas: "Version info" -> "1" -> "1033"

Nesta última débense modificar os parámetros de produto e versión aos seguintes:

FILEVERSION 15,4,3508,1109
PRODUCTVERSION 15,4,3508,1109

Tamén aquí:

VALUE "FileVersion", "15.4.3508.1109"
VALUE "ProductVersion", "15.4.3508.1109"

onde os números representan a nova versión á que nos queren actualizar de malas maneiras. Feito isto, selecciónase a opción "Compile script" e logo "Save". Con isto, Microsoft xa non volverá a insistir para que actualicemos.

A ter en conta:
  • Se executamos sen ser Administrador, dará un erro dicindo que non temos os permisos necesarios.
  • Se se quere regresar ao modo anterior (poder actualizar), o mellor é ir ao cartafol do Messenger e ver que o programa fixo unha copia de seguranza ("msnmsgr_original"). Eliminamos como Administrador a outra e renomeamos a copia de seguranza sacando o "_original".

19 ene 2011

Análise criptográfico (por Fer Real)

Dende tempo atrás, o ser humano sentíu a necesidade de ocultar certo tipo de información da vista de ollos alleos. É ben sabido que un dos máis coñecidos exemplos atopámolo no Cifrado César, ideado polo propio emperador romano para enviar mensaxes confidenciais  aos seus xenerais e  consistente no desprazamento de cada letra do alfabeto un número determinado de posicións .

A técnica que permite enmascarar información mediante modificacións das referencias orixinais dunha lingua ou a través dun procedimento algorítmico polo que unha persoa allea ó autor non pode - a priori -  recuperar o contido orixinal, recibe o nome de criptografía.

O criptoanálise é o procedimento mediante o cal sométese un texto cifrado a estudo para obter a información que contén sen acceso. As primeiras “recomendacións” para descifrar mensaxes criptográficos datan dos séculos lX-X, escritas por  Sabbah Al-kindi.

Entre os métodos empregados máis coñecidos atópanse a forza bruta e os ataques de análises de frecuencia, os cales son os protagonistas deste artigo.

Este tipo de ataque está baseado na  “ecoloxía linguística” común a tódalas linguas, é dicir, existen determinadas letras do alfabeto  que son usadas con maior frecuencia ca outras, de xeito que estatísticamente obtense unha distribución.

Na imaxe (Wikipedia) apréciase a distribución de cada unha das letras do alfabeto español, podéndose comprobar que letras como 'a', 'e', 'o', 's'... son as máis empregadas fronte a letras como 'h', 'w' ou 'x'. Polo tanto a análise de frecuencia baséase en determinar a frecuencia das letras dun texto. Isto non quere dicir que  4 “e” sexan directamente un “e” , xa que podería ser un 'a'  , un 's'.... xa que teñen porcentaxes elevados de uso. O que saberíamos é que non poderían ser  'y', 'z' ou 'w' xa que a súa frecuencia é menor. Polo tanto, a través deste análise e dun pouco de combinatoria poderíase obter a mensaxe orixinal.

Esta técnica está estreitamente relacionada coa Lei de Zipf, que afirma que un pequeno número de palabras son empregadas con moita frecuencia, mentras que un gran número de palabras son pouco empregadas. 

De xeito matemático: 

P_n \sim 1/n^a
onde Pn representa a  frecuencia dunha  palabra ordenada n-ésima e a é case 1. Isto significa que o segundo elemento repetirase aproximadamente cunha frecuencia de 1/2 respecto ao  primeiro, e o  terceiro elemento cunha frecuencia de 1/3 y así sucesivamente. En definitiva vén a  dicir que a lonxitude das palabras é inversamente proporcional á súa frecuencia de aparición .

Moitas linguas artificiais como as linguas élficas de Tolkien, o Klingon de Star Treck... non cumpren esta regra, polo que a súa análise é moito máis complexa. Sen embargo, cumplir a Lei de Zipf non significa que se poida realizar unha análise sinxela e obter a mensaxe rapidamente en todos os casos!

Isto queda demostrado no Manuscrito Voynich, texto de orixe e lingua descoñecida que a pesares de cumplir dita lei, resístese - índa hoxe, tras 500 anos - ao  análise de expertos e aficionados criptólogos.

Outro dos textos máis famosos que se resisten é coñecido como Números de Beale. Un explorador americano que legou a súa fortuna (e tamén a súa ubicación!!) a quen puidera descifrar 3 pergaminos (en 1863 James B. Ward accidentalmente conseguiu desenmascarar o criptograma número dous, onde se explicaba en qué consistía o tesouro; a clave estaba baseada na Declaración de Independencia dos Estados Unidos).

A modo ilustrativo, un exemplo doado de aplicación da análise frecuencial do español podería ser:

 “sghs sg ib awbw asbgoxs”

Facendo contas obtemos que:  s(5),  g(3), B(3), W(2), A(2), X(1), O(1), H(1), I (1) , sendo a cantidade entre paréntese o número de repeticións, o resto de letras non aparece . Xa que a letra 'S' é a que máis repeticións ten, podemos supoñer que sería a letra 'E', que é a mais empregada no alfabeto español, polo tanto, substituímos :

EghE Eg ib awbw aEbgoxE

A continuación, a seguinte con mais repeticións é  “ G “, e se observamos a tabla, a segunda con máis frecuencia é 2A”... pero unha palabra que empece con EA... non ten sentido... polo que probamos con outra combinacion: a terceira letra frecuente sería “O “ e tampouco nos diría nada lóxico unha palabra que empece con EOE... así que se probamos coa cuarta mais frecuente no gráfico que sería o S. Esta si nos di algo… polo tanto substituímos todos os “G” por “S” e  vemos como queda:

EShE ES ib awbw aEbSoxE

A seguinte letra que se repite 3 veces é “B”... que se corrresponde co “R” e o “N” moi  seguido... se analizamos o texto, obtemos  un monosílabo “ib” polo que se aplicamos o “B” polo “R” non tería  lóxica xa que  “ES xR” non significa nada . Se empregamos a letra “N” como reemplazante do “B”: 

 EShE ES iN awNw aENSoxE 

A seguinte é o “W” que aparece 2 veces… e no gráfico tras o “N” o máis frecuentado é o “I”, polo que se  reemplazamos os “W” polos “I” quedaría:

EShE ES iN aINI aENSoxE

Tras o ‘W’, o seguinte é o ‘A’… e no gráfico de frecuencia, vemos que lle seguen ao “I” as letras: “D” e “C”, pero se nos fixamos na palabra “aINI” do texto cifrado, se reemplazamos por “D” ou por “C” non nos quedaria nada loxico, “DINI”, ou “CINI”... polo que seguimos coa que lle segue, o “D” e “C”… atopamos a letra “L” e a  letra “T”... pero  tampouco queda nada loxico… LINI ou TINI…

Seguidas das do “L” e do “T” podemos ver no gráfico de frecuencias que a que lle sigue é a letra “U”... e tampouco daría nada lóxico “UINI”, seguimos e atopamos o “M”... dando unha combinación lóxica xa que se reemplazamos os ‘A’ polos ‘M’ :

EShE ES iN MINI MENSoxE

Agora que xa vai tomando forma, usamos a lóxica debido á pouca frecuencia das letras sobrantes e da mostra (texto). Por deducción “ EshE” poderíamos reemplazar o “H” polo “T” quedando :

ESTE ES iN MINI MENSoxE 

Agora poderíamos reemplazar o “I” de “iN” por “UN” e quedaría 

ESTE ES UN MINI MENSoxE 

e finalmente “X” por “AJ” quedando o texto descifrado :

“ESTE ES UN MINI MENSAJE”

Se alguén se anima  facilítovos un texto cifrado famoso aparecido no libro  El escarabajo de Oro, escrito en inglés : e,a,o,y,d,h,n,r,s,t,u,c,f,g,l,m,w,b,k,p,q,x,z

53+++305))6*;4826)4+.)4+);806*;48+8
¶60))85;1+(;:+*8+83(88)5*+;46(;88*96
*?;8)*+(;485);5*+2:*+(;4956*2(5*—4)8
¶8*;4069285);)6+8)4++;1(+9;48081;8:8+
1;48+85;4)485+528806*81(+9;48;(88;4
(+?34;48)4+;161;:188;+?;



12 ene 2011

MoCa (por Manuel García)


MoCA (Multimedia over Coaxial) é una organización internacional aberta creada en xuño de 2004 por múltiples empresas do sector co obxectivo de crear un estándar de banda larga para o usuario final empregando o cable coaxial. Eles mesmos considéranse o IPTV sobre coaxial.

Principalmente está orientado a redes de entretemento domésticas, fogar multimedia co punto positivo de soportar HD.

Na actualidade está composta por mais de 55 integrantes, dos que se poden destacar: Intel, Cisco, Panasonic, Motorola, Samsung, Verizon, Broadcom, Cox Comunications, Comcast, EchoStar e Time Warner Cable entre outros.

MoCA vén a ser unha opción á hora de distribución de contidos no fogar. Entendendo por contidos: xogos multixogador, vídeo, televisión, fotos... Permitindo compartir e transferir os contidos na rede do fogar tendo como elemento central un multi-room DVR.

Poñendo como exemplo a TV de pagamento, o usuario descargaría a programación a un set top box e quedaría dispoñible o contido para calquera habitación do fogar.

Características técnicas

As capas do modelo OSI (modelo de referencia de Interconexión de Sistemas Abertos) que se ocupan de MoCA son a capa física e a de Control de Acceso ao Medio, MAC 1 e 2.

Emprega canles de 50 MHz dentro do rango de 850 a 1500 MHz. Isto garante a perfecta convivencia con outras tecnoloxías no mesmo medio. Por exemplo, con VDSL que traballa nos 5-42Mhz, a televisión por cable que traballa nos 50-860 MHz e a banda L de televisión por satélite que vai nos 950-2150 MHz.

Emprega Modulación OFDM (técnica de multiplexado multiportadora) con 224 portadoras, tres delas pilotos (beacons) para caracterizar a canle e constelacións dende BPSK ate 256-QAM. A ultilización dunha modulación multiportadora como OFDM da unha maior eficiencia espectral e maior robustez fronte a interferencias de banda estreita.

Segundo o estado da canle pódese variar a carga de bits das portadoras, conta con catro tipos diferentes de preámbulos co fin de optimizar a velocidade.

Emprega Multiplexación por División en Tempo (TDD, Time Division Duplexing) e códigos Reed-Solomon para corrección de erros.



Versións

I. MoCA1.0 aprobada no 2007.

Traballa na banda de 850 a 1500 MHz e non interfire con ningún outro servizo ou tecnoloxía. Foi probada en 250 fogares de EEUU alcanzando velocidades de mais de 110 Mbps no 97% das conexións.
II. MoCA1.1 aprobado no 2008.

Compatible coa anterior versión. Supuxo un aumento da velocidade até alcanzar os 175 Mbps. Incorporou un uso flexible do espectro en canles de 50MHz de ancho no rango de 850 a 1550 MHz. Esta versión soportaba até 16 nodos conectados a rede do fogar.

Tamén integrou unha tecnoloxía QoS para diferentes servizos como poden ser vídeo, voz, xogos e a posibilidade de reservar ancho de banda.

III. MoCA2.0 ratificado o 15 de xuño do 2010.

O avance fundamental nesta versión é que se ofrecen dous modos de funcionamento, o básico e o mellorado cunhas velocidades teóricas de 700 e 1400 Mbps e reais de 400 e 800 Mbps respectivamente. Tamén se engaden dous modos de baixo consumo: sleepy e standby. Segue mantendo unha compatibilidade cara atrás sen que sexa preciso actualizar o firmware.

Vantaxes e inconvintes de MoCA

Esta tecnoloxía conta con varios puntos ao seu favor, como poden ser o fácil despregamento da rede, ao contar coa cable coaxial na maior parte dos fogares, a seguridade ao empregar cifrado DES, non produce interferencias sobre ningún outro sistema, calquera nodo pode ser unha fonte ou un receptor de contidos, soporta xestión de dereitos de contidos dixitais DRM e alcanza grandes velocidades, algo moi necesario para ter múltiples streams de vídeo en HD.

Os puntos negativos son o alto prezo dos dispositivos en comparación cos doutras tecnoloxías. A necesidade de levar cable coaxial a cada punto de aceso, dentro do fogar. Existe unha oferta reducida de dispositivos no mercado e poucos operadores ofrecen estes servizos.

Vídeo



28 dic 2010

Faite co calendario erótico 2011 de Mallando na e-ira

Os redactores de Mallando na e-ira apuntámonos á moda dos calendarios eróticos cun bo fin: poder manter os costes derivados de mantemento do blogue para poder seguir adiante con este proxecto que comezamos hai algo máis dun ano con moita ilusión.

O calendario podédelo atopar en 2 tamaños:
  • 24 x 31 (pechado) / 48 x 31 (aberto) cm: ideal para colocar na cociña, no taboleiro da habitación, étc.
  • 9 x 5 cm: edición de peto, para que o poidas levar a todas partes.
En canto a prezos, 10 € polo grande, 2 € polo pequeno e 11 € se levas os dous. Tamén faremos descontos para pedidos superiores a 5 unidades (consultar).

Podedes ver unha selección das fotos que incluímos no calendario e mercar na seguinte ligazón: http://malla.me/dWAKyC

8 dic 2010

Recursos para o galego (por Luz Varela Armas)

Cando nos poñemos a escribir a todos nos xorden dúbidas lingüísticas de diferente tipo, e máis aínda se o facemos nunha lingua na que a construción do estándar é moi recente, pois os cambios que supón todo proceso de elaboración dunha variedade estándar fan que en ocasións nos sintamos inseguros á hora de empregala. Esta é unha situación á que se enfrontan frecuentemente as persoas que escriben en galego que, ademais, adoitan descoñecer as ferramentas que lles poden axudar a resolver esas dúbidas. A continuación imos ver algunhas delas:

1.-Correctores. Os correctores son un dos recursos máis prácticos para a resolución de dúbidas lingüísticas, xa que non só nos permiten corrixir os nosos erros, senón que son un xeito doado de fixármonos neles para evitalos no futuro. No caso do galego dispoñemos de:
  • Correctores ortográficos, que só nos sinalan os erros relacionados co forma de escribir as palabras. Neste caso podemos atopar correctores para Microsoft Office (2000, Xp e 2003, no caso do 2007 xa está incluído na versión traducida para o galego) e para OpenOffice.
  • Correctores gramaticais, que fan o mesmo cós anteriores, pero ademais tamén nos sinalan os erros que teñen que ver coa relación entre as palabras (concordancia, rexencia de verbos, etc.). Só existe para o galego un corrector deste tipo, que podemos empregar no OpenOffice.
2.-Vocabularios ortográficos. O galego conta co Volga (Vocabulario ortográfico da lingua galega), unha ferramenta de gran utilidade para a resolución de dúbidas ortográficas. Con todo, cómpre ter en conta que é unha obra de base (dela parten a maioría dos dicionarios modernos), moi incompleta, polo que o feito de que unha palabra non apareza no Volga non quere dicir que esa palabra non estea admitida no estándar. Ademais actualízase constantemente, pero nunca se indica en que momentos se realizan estas actualizacións nin cales son, polo que é posible que unha palabra que hoxe aparece como incorrecta mañá estea tolerada o sinalada como correcta. Cómpre ter en conta que está desenvolto polo ILG e a RAG, polo que estas mudanzas teñen carácter oficial.

3.-Dicionarios:
  • Dicionarios monolingües
Entre os dicionarios monolingües adaptados á norma actual que podemos atopar na rede, quizais foi digalego.com o máis empregado nos últimos tempos, un dicionario que desde hai case dous meses é de pago. Con todo, existen alternativas gratuítas, coma o Dicionário Electrónico Estraviz, un dicionario bastante completo que, aínda que elaborado na normal AGAL, pode sernos útil tamén se empregamos a norma ILG/RAG, pois permite a opción de realizar as buscas nela (pero a entrada á que nos remite vai estar redactada na norma AGAL). Tamén é gratuíto, aínda que non tan completo, o Galizionario.

Outro dos dicionarios monolingües é o Diccionario da Real Academia Galega, pero cómpre ter especial tino ao usalo porque se trata dun dicionario que, ademais de constar de poucas entradas, foi publicado en 1997, polo que non está adaptado á reforma de 2003. A RAG anunciou recentemente a próxima publicación dun novo dicionario, máis amplo e actualizado, pero descoñécese se se vai poder consultar na rede.

Todos estes dicionarios adoitan incluír pouca información no referente a frases feitas ou refráns e, se a inclúen, o habitual é que a ordenación non nos permita atopala con facilidade. Neste senso poden resultar útiles os Cadernos de fraseoloxía (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11). Tamén adoita ser escasa nos dicionarios que vimos de citar a información referente aos neoloxismos e tecnicismos, eidos para os que nos poden ser de axuda o Banco de datos de neoloxismos da Universidade de Vigo e a Termoteca, respectivamente.

Por outra banda, tamén poden ser de interese o Dicionario de dicionarios ou o Dicionario de dicionarios do galego medieval. O primeiro deles compila todas as obras lexicográficas non comerciais existentes desde o século XVIII (Sarmiento) ata a actualidade. Os máis recentes son en xeral dos anos 60 e 70 do século XX, pero tamén podemos atopar incluída algunha obra posterior. É unha obra moi útil para atoparmos documentadas palabras que non contempla o estándar actual, pero cómpre facer un pequeno apuntamento sobre ela, pois a pouco que a usemos decatarémonos de que a maioría dos dicionarios incluídos non contemplan palabras que consideramos moi básicas, como poden ser mesa ou casa. Isto non implica necesariamente que sexan dicionarios incompletos, xa que cómpre ter en conta a súa finalidade: a maioría deles ían dirixidos a persoas foráneas que descoñecían o galego pero que o necesitaban para desempeñar o seu traballo (médicos, cregos, avogados), polo que non cumpría que incluísen os termos coincidentes co castelán. Ademais, aínda que a priori pareza contraditorio, tamén se podería interpretar que hai unha certa finalidade patriótica por debaixo: amósase só o léxico diferencial, o que contribúe a amosar a pureza do galego fronte ao castelán (o criterio da pureza foi moi importante para lexitimar o prestixio das linguas). Esta finalidade tamén se explicita nalgúns dos prólogos dos primeiros dicionarios. Tampouco nos debe estrañar que a maioría estean redactados en castelán, dada a súa finalidade práctica e a situación sociolingüística do momento no que foron publicados. Con todo, isto non fai que deixen de ser dicionarios de galego, xa que recollen definicións de termos galegos. En canto ao Dicionario de dicionarios do galego medieval, é unha obra que quizais nos pode resultar menos práctica no día a día, pero pode ser interesante se queremos saber se unha determinada palabra era empregada xa no galego medieval. Aínda así, só permite buscas en base a lemas medievais, é dicir, se buscamos a forma moderna miña só imos atopar as referencias á forma medieval miña, pero non a outras formas deste posesivo coma mĩa ou ma.
  • Dicionarios bilingües
Entre os dicionarios bilingües cómpre destacar o Dicionario CLUVI inglés-galego, o Dicionario CLUVI francés-galego e o Dicionario CLUVI español-galego, todos eles baseados no corpus de tradución do CLUVI, é dicir, as solucións de tradución que nos dean van ser solucións que no seu momento se adoptaron para a tradución dun determinado texto. Relacionados con este tipo de dicionarios están os tradutores automáticos, entre os que cómpre destacar o Tradutor español <-> galego OpenTrad-apertium (que tamén nos ofrece a posibilidade de realizar traducións galego – portugués – galego) ou o Proxecto Carvalho. Tamén é moi interesante o tradutor de Google polas múltiples combinacións de linguas que permite, pero aínda está moi pouco desenvolto no caso do galego e pode achegarnos equivalentes de tradución errados moi facilmente (clicade aquí para ver un bo exemplo disto).

  • Dicionarios de pronuncia.
Recentemente publicouse o Dicionario de pronuncia da lingua galega, que inclúe unas 2000 voces e que pode ser moi útil en dúbidas relacionadas coa pronuncia das vogais medias ou de grafemas aos que lles corresponde máis dun fonema (por exemplo, indícasenos que pronuncia do na palabra complexo é /ks/, e non a fricativa postalveolar –a de xa-, que é a pronuncia máis frecuente).

4.- Dúbidas gramaticais. Neste senso cómpre destacar Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, nas que se explican as principais cuestións relacionadas coa ortografía e a gramática da lingua estándar. Tamén nos poden ser útiles a Síntese gramatical publicada polo SNL da UDC, e outras obras coma os Criterios para o uso da lingua, Sobre a calidade da nosa lingua ou o Manual de documentos administrativos, todas elas elaboradas tamén polo SNL da UDC, así coma os Criterios lingüísticos do Servizo de normalización da USC.

5.- Córpora textuais. Algúns dos principais córpora textuais que podemos empregar son os seguintes:
  • CLUVI (Corpus lingüístico da Universidade de Vigo), conxunto de córpora textuais que supoñen un total duns 23 millóns de palabras.
  • CORGA (Corpus de referencia do galego actual), que recolle distintos tipos de texto en galego desde 1975 ata a actualidade.
  • TILG (Tesouro informatizado da lingua galega), corpus aberto que conta con numerosos textos literarios pertencentes ao período do galego moderno, desde 1612 ata a actualidade (os últimos textos incluídos datan de 2002).
  • TMILG (Tesouro medieval informatizado da lingua galega), que inclúe textos en prosa (notarial e non notarial) e en verso datados entre os séculos VIII e XVII.
  • CTG (Corpus técnico do galego)
  • Corpus do português.
6.- Outras
  • Análise morfolóxica e sintáctica: FreeLing Galego, ferramenta que realiza automaticamente análises morfolóxicas e sintácticas (dependenciais).
  • Sintetizadores texto – voz: Cotovía, ferramenta que nos permite converter a voz calquera texto en galego.
  • Toponimia: Nomenclátor de Galicia, que recolle todas as formas oficiais da toponimia maior galega (concellos, parroquias e lugares).
  • Apelidos: Cartografía dos apelidos de Galicia, ferramenta que nos indica o número de persoas cun mesmo apelido e a súa distribución por concellos.
Para rematar, velaquí algunhas webs que recollen listaxes interesantes de recursos:

24 nov 2010

Nikola Tesla (e V): Inventos de Tesla III (Por Isaac Manteiga)

Con esta entrada rematamos o repaso pola vida e obra de Nikola Tesla, repasando uns cantos inventos máis:

Microscopio electrónico

A lámpada con pastilla de carbono tamén contén o concepto do microscopio electrónico. Xéranse partículas que son enviadas en liña recta a partir dun minúsculo punto de actividade sobre a pastilla, mantida a un potencial elevado. Coa corrente continua só se consegue expulsar as partículas. Na superficie do globo, as partículas reproducen cunha imaxe fosforescente o debuxo do punto microscópico desde o que son emitidas. Inspirándose nesta constatación feita por Tesla, os científicos descobren en 1939 a posibilidade de utilizar un microscopio non xa con luz, senón que grazas a un fluxo de electróns dá unha resolución moito máis grande. A descrición de Tesla do efecto obtido coa súa lámpada de pastilla de carbono encóntrase case sen cambios nos termos para describir ao microscopio electrónico.

Acelerador de partículas

A lámpada de pastilla contén tamén certos aspectos dos aceleradores de partículas. En efecto, a expulsión de partículas de alta velocidade nos aceleradores lineais encóntrase na lámpada. Ademais, o fenómeno de resonancia, do que falarei no seguinte punto, intervén nos aceleradores de tipo ciclotrón.

A resonancia

En 1898 Tesla proba un oscilador minúsculo que axusta a un piar de ferro fundido que atravesa un inmoble. Prodúcese unha vibración en todo o inmoble e o pánico de todos os inquilinos que cren que se trata dun terremoto. Tesla acaba de demostrar o efecto da resonancia: ”Esta viga non podería ser destruída con mazas, nin incluso con pancas: abondou un refacho de pequenos golpes que, por separado, non poderían magoar nin a unha mosca. É posible que un alfeñique impulse unha persoa corpulenta nun bambán, se lle empurra sempre no momento preciso para permitir unha amplificación do movemento.”

Control remoto

En setembro de 1898 Tesla sorprendeu o público asistente á Exhibición Eléctrica levada a cabo no Madison Square Garden de Nueva York, ao presentar o primeiro bote do mundo conducido por control remoto, usando o seu sistema "Teleautomático" ou "potenciado coa mente". Todas as noites da semana que durou a exhibición Tesla controlou a distancia un bote acoirazado con ferro de 3 pés de lonxitude facendo unha ampla gama de manobras. Para demostrar a simplicidade da súa operación, Tesla convidou a varios voluntarios do público a operar os controis. Como era de esperarse tras o asombro inicial moitos dos presentes comezaron a acusalo de plaxio e a dicir que en realidade o bote era controlado por un home oculto nun compartimento segreto ou por un cable oculto baixo a auga.
A súa meta era vender un submarino operado de maneira similar para que a Armada dos Estados Unidos o utilizase na súa guerra contra España. Tesla opúñase á guerra e cría que o seu invento aforraría moitas mortes innecesarias. A Armada non se mostrou interesada.
Uns 50 anos máis tarde, as bombas alemás V-1 e V-2 accionadas por control remoto tomaron prestado o seu deseño.

RADAR

O radar é o instrumento base de defensa en todos os países modernos do mundo.
Tesla descobre o principio do radar en 1900, pono a punto e, a pesar dos seus problemas financeiros, publica os principios do que se converterá, case tres décadas despois, no radar.
Quince anos despois da descrición do radar por Tesla, equipos de investigadores americanos e franceses traballaron paralelamente sen descanso para pór a punto un sistema de funcionamento segundo os seus principios. En 1934, un equipo francés pon a punto e instala o radar en barcos e en estacións terrestres, utilizando aparellos concibidos precisamente segundo os principios enunciados por Tesla. O radar foi de gran axuda para os ingleses previren durante a segunda Guerra Mundial os ataques aéreos dos alemáns.

Avión de despegue vertical

Como non podía ser menos, a idea dunha aeronave preparada para o despegue e aterraxe vertical foi ideada por Nikola Tesla. Este chamábase Flivver e patentouno en 1928. Era un pequeno aeroplano que despegaba como un helicóptero e logo rotaba a hélice para voar horizontalmente (como fai o actual avión militar Osprey). Ademais, predixo (antes de que ninguén soñase con iso) o desenvolvemento dos motores a reacción.

O raio da morte

Afogado polas débedas e imposibilitado de continuar co seu proxecto da transmisión de electricidade sen fíos, nos 30s, Tesla intentaría buscarlle unha aplicación militar aos descubrimentos realizados coa súa fatídica Torre Wardenclyffe.
Desta maneira pasa varios meses ideando a maneira de enfocar eficientemente un raio de partículas macroscópicas, o cal, montado nunha torre ou nun aerostático, podería sementar o terror nos exércitos inimigos. Tras preparar un detallado documento, Tesla presentaría o proxecto a varias compañías e departamentos de guerra das distintas potencias, como o “US War Department” e as distintas ramas do exército do Reino Unido. Sen embargo, a súa investigación sería catalogada como “os delirios dun tolo”e un “gasto de diñeiro pertencente a un cómic de ciencia ficción”. Deberon pasar varias décadas ata que as ideas de Tesla fosen tomadas con seriedade e nacesen así os electrolásers.
Como curiosidade, no ano 1987, Rusia dixo posuír un raio electromagnético cuns efectos moi similares ó que Tesla describe que pode provocar o seu raio. O líder da ultradereita rusa, Valentín Zhirinovsky, ameazou a occidente con utilizar “o raio da morte” capaz de destruír todas as forzas da OTAN que operaban contra Serbia durante a crise dos Balcáns. A ironía do destino quixo que o ruso ameazara con usar por primeira vez a arma na terra que viu nacer ao seu mentor. Fontes da intelixencia occidental apuráronse a desmentir que existise unha arma semellante, pero a prensa rusa deu a coñecer algúns documentos que revelaban que a ex Unión Soviética posuía ese raio desde a década do cincuenta.

Inventos no campo dos automóbiles

Xa nos últimos anos de vida, a falta de liquidez económica para pagar as súas débedas fixo que ocasionalmente vendese os dereitos a terceiros dos seus inventos para que desenvolvesen os seus conceptos. Desta maneira innovadores inventos como o tacómetro de automóbil e unha luz dianteira locomotiva foron vendidos a terceiras persoas.

17 nov 2010

Nikola Tesla IV: Inventos de Tesla, II (por Isaac Manteiga)

A idea de transmisión eléctrica a través dun só condutor

A finais do século XIX, Tesla demostrou que usando unha rede eléctrica resoante e usando o que naquel tempo se coñecía como "corrente alterna de alta frecuencia" (hoxe considérase de baixa frecuencia) só se necesitaba un condutor para alimentar un sistema eléctrico, sen necesidade doutro metal nin un condutor de terra. Tesla chamou a este fenómeno a "transmisión de enerxía eléctrica a través dun único cable sen retorno". O propio Tesla ideou e deseñou os circuítos eléctricos resoantes formados por unha bobina e un condensador, claves da emisión e recepción de ondas radioeléctricas con selectividade e potencia grazas ó fenómeno da resonancia. O que de feito creaba e transmitía eran ondas electromagnéticas a partir de alternadores de alta frecuencia, só que non o aplicou á transmisión de sinais de radio como fixo Marconi senón a un intento de transmitir enerxía eléctrica a distancia sen usar cables. Tesla afirmou en 1901: "Fai uns dez anos, recoñecín o feito de que para transportar correntes eléctricas a longas distancias non era en absoluto necesario empregar un cable de retorno, senón que calquera cantidade de enerxía podería ser transmitida usando un único condutor”.
Na primavera de 1891, Tesla realizou demostracións con varias máquinas ante o “Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos” na Universidade de Columbia. Demostrou deste xeito que todo tipo de aparellos podían ser alimentados a través dun único cable sen un condutor de retorno. Este sistema de transmisión mediante un só fío foi protexido en 1897 por unha patente.
Polo tanto, o concepto común de voltaxe (diferenza de potencial), podería cualificarse simplemente dicindo que voltaxe é calquera potencial e non necesariamente a diferenza.

Dispositivos de Enerxía libre



Segundo varios expertos en Tesla, as máquinas de enerxía libre encaixan mellor na descrición de Tesla como “aparellos para a utilización de enerxía radiante”, que podemos explicar do seguinte xeito: Colocamos unha placa de metal illado situada o máis alto posible. Outra placa de metal colócase no chan. Un cable enlaza a placa de arriba cun lado dun condensador e outro cable enlaza a placa do solo co outro lado do condensador.
O sol, como outras fontes de enerxía radiante, desprende partículas de materia cargada positivamente, de diferentes formas, luz, calor, radiacións, etc, as cales inciden sobre a placa superior, comunicándolle permanentemente unha carga eléctrica á mesma. O terminal oposto do condensador conéctase ao chan, que pode ser considerado como unha vasta reserva de electricidade negativa. Unha feble corrente corre continuamente cara ao condensador, e xa que as partículas están cargadas cun moi alto potencial, esta recarga do condensador prodúcese de forma indefinida, incluso ata o punto de ruptura do dieléctrico do condensador. Hoxe chamariamos a isto panel solar-eléctrico. Porén, o invento de Tesla é moi diferente, aínda que o máis parecido ao invento de Tesla que existe hoxe é a tecnoloxía fotovoltaica. Unha diferenza radical é que os paneis solares-eléctricos consisten nunha placa de silicio cristalino, mentres que o de Tesla emprega unha placa de silicio amorfo.
Os paneis de enerxía solar convencional son caros e calquera que sexa a recuberta que se empregue, a manufactura require complicados procesos. Porén, o panel solar de Tesla é simplemente unha placa metálica brillante cuberta por un material transparente de material illante.
Hoxe en día calquera de nós podemos fabricar un destes aparellos. Basta con suxeitar un deses paneis (a xeito de antena) nun lugar canto máis alto mellor e conectalo a un lado do condensador; o outro panel hai que conectalo unha boa base na terra firme. Unha vez que a enerxía do sol está cargando o condensador, se conectamos a través do condensador algún tipo de dispositivo interruptor, de xeito que poida ser descargado a intervalos rítmicos, teremos enerxía eléctrica.
Desta forma, a patente de Tesla dinos dunha forma moi sinxela como conseguir enerxía eléctrica. Canto máis grande sexa a área da placa illada, maior cantidade de enerxía se obterá.
Porén, isto é máis ca un panel solar, xa que non se require do sol para que funcione. Tamén produce enerxía eléctrica pola noite. O receptor de enerxía libre de Tesla refírese ao Sol, e tamén a outras fontes de enerxía radiante, como os raios cósmicos.
Sen embargo, parece que tales dispositivos foron deliberadamente suprimidos a través dos anos, para previr calquera competencia de máquinas que poden xerar enerxía sen unha fonte de combustible, xa que isto poría ás grandes empresas de petróleo e outras fontes de enerxía fóra do negocio.
A enerxía radiante pode realizar as mesmas funcións cá electricidade ordinaria, por menos do 1% do seu custo. Actualmente, a Comunidade de Methernitha, en Suíza, ten en activo varios modelos destes dispositivos, que explotan lixeiramente esta enerxía, funcionando como dispositivos auto-arrancables (non necesitan enerxía para o arranque inicial) e sen combustible.

Raios X

A historia dos raios X comeza cos experimentos do científico británico William Crookes, que investigou no século XIX os efectos de certos gases ao aplicarlles descargas de enerxía. Estes experimentos desenvolvíanse nun tubo baleiro cuns electrodos para xerar correntes de alta voltaxe. El chamouno tubo de Crookes. Este tubo, ao estar preto de placas fotográficas, xeraba nas mesmas algunhas imaxes borrosas. Pese ó descubrimento, Crookes non continuou investigando este efecto.
En 1887, Nikola Tesla, contábase entre os primeiros en investigar a natureza dos raios X empregando os deseños baseados no tubo de raios catódicos, de xeito que, entre as súas fabricacións cóntase tamén o que el chamou as “sombragrafías” que non eran outra cousa cás placas logradas con raios X, que mandou en 1895 a Roentgen, o descubridor destes raios, quen puido constatar a similitude das placas que lograra, coas que moito tempo antes Tesla usaba.

O campo da luz

En 1891 inventou una lámpada que usaba a mesma cantidade de corrente ca de Edison (de filamento incandescente). Estaba formada por un tubo ao baleiro (pero que contiña algúns ións en estado gasoso) de 15 cm. Acabada por un pequeno globo de vidro dotado dunha peza minúscula de material sólido, montada no extremo dun fío de conexión única coa fonte de alta frecuencia. A pastilla central do material propulsa electroestaticamente as moléculas do gas que a rodea cara ao globo de vidro, logo atráeas da mesma maneira, ao ritmo da fonte de alta frecuencia. Ao golpear a pastilla ao seu regreso, as moléculas quéntana ata a incandescencia, nun proceso que se repite millóns de veces por segundo.
A calor da pastilla incandescente transfírese ás moléculas da pequena cantidade de gas do tubo, e así prodúcese a luz. Esta lámpada é moi barata, e co mesmo gasto enerxético, é 20 veces máis brillante cá lámpada de Edison, que utilizamos na actualidade. O único problema é que se necesita unha fonte de corrente de alta frecuente, o que desgraciadamente non é compatible cos 50 Hz tradicionais.
O tubo de neon inspírase nos descubrimentos de Tesla, onde no curso dunha demostración, utilizou un tubo de baleiro, repleto de gas, e demostrou que era posible que certos gases se iluminaran en canto se lles achegaba a un campo electromagnético. Mostrou estes tubos dobrados de tal xeito que formaban os nomes dalgúns científicos convidados para o experimento. É evidente que se anticipara á invención dos tubos de neon.

10 nov 2010

Nikola Tesla III: Inventos de Tesla, I (por Isaac Manteiga)

Nesta entrega falaremos dalgúns dos inventos de Tesla e das súas aplicacións.

A Nikola Tesla atribúeselle a invención de moita da tecnoloxía que, aínda que non nos damos conta, usamos hoxe en día de forma habitual: a corrente alterna, a luz fluorescente, a luz de neon, dispositivos de radio control, robótica,… e ducias de inventos apaixonantes que pertencen ao lado máis místico e descoñecido de Tesla. Dise que Tesla inventou entre 700 e 1600 dispositivos, a maioría dos cales son descoñecidos para o gran público.

Inventor da corrente alterna e da súa distribución



Como xa indiquei na segunda desta serie de entradas, no apartado “Os primeiros contactos”, Tesla foi o inventor do motor de corrente alterna, tan usado hoxe en dia polas industrias.
Foi o precursor da produción, transmisión, distribución e transformación do sistema polifásico usado en todo o mundo hoxe en día, xa que a corrente alterna se podía transportar longas distancias, a diferencia da corrente continua, que necesitaba unha central cada dúas millas, debido a que as liñas non podían soportar tensións elevadas, indispensables para este tipo de transmisións.

A turbina


En 1906 Tesla inventa unha turbina de 4,5 Kg. e 30 cabalos de vapor, coa que pensa que podería rebaixar o coste da electricidade dado o seu baixo coste de fabricación en relación ó que se facía naquela época.

Transmisión eléctrica sen cables e sen custo



Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade sen fíos, de maneira que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas de naturezas non hertzianas.
Un amigo que traballaba na empresa de electricidade “Colorado Springs”, convenceuno en 1899 para que se trasladase a esa localidade e tamén persuadeu ós donos da compañía xeradora para que provesen a Tesla de enerxía sen custo.
O sistema baseábase na capacidade da ionósfera para conducir electricidade, a potencia transmitíase a unha frecuencia de 6 Hz cunha enorme torre chamada “Wardenclyffe Tower”, para valerse da resonancia Schumann como medio de transporte, de xeito que comezou a traballar nunha torre de transmisión de enerxía de 60 metros de altura denominada “A bobina de Tesla”, coa que pretendeu demostrar que podía prover de electricidade a unha gran cantidade de aparellos sen necesidade de cables transmisores.
O seu primeiro experimento foi un éxito. 200 lámpadas de luz acenderonse a certa distancia da torre. O método de Tesla foi transmitir unha onda de frecuencia a través da terra para facer chegar a enerxía ás lámpadas situadas a 40 kilómetros da torre.
O inventor tiña unha predisposición moi grande á teatralidade para presentar os seus experimentos. Por exemplo, mostrou como un tubo ao baleiro recheo con certos gases se iluminaba cando o achegaba a un campo electromagnético. Os tubos que presentou estaban dobrados de maneira que formaban os nomes de nomeados científicos especialmente convidados para esa oportunidade. Esta forma de iluminación é o que logo foi desenvolvido como tubo fluorescente, amplamente utilizado na actualidade.
Deste xeito, presentou a patente correspondente en 1897, dous anos despois Guglielmo Marconi lograría a súa primeira transmisión de radio. Marconi rexistrou a súa patente o 10 de novembro de 1900 e foi rexeitada por ser considerada unha copia da patente de Tesla. Iniciouse un litixio entre a compañía de Marconi e Tesla. Tras recibir o testemuño de numerosos científicos destacados, a Corte Suprema dos Estados Unidos de América fallou en 1943 a favor de Tesla (aínda que a maioría dos libros mencionan a Marconi como o inventor da radio).
Foi neste ano cando se produciu un estraño incidente que marcou o seu éxodo dende “Colorado Springs”. Un experimento de transmisión de enerxía fixo voar tódolos xeradores da compañía de electricidade e os seus donos, enfurecidos co inventor, negáronse a continuar dandolle electricidade.
Todo isto, sumado aos problemas financeiros cada vez maiores, fixéronlle recorrer no ano 1900 ao multimillonario J. P. Morgan. Tesla vendeulle un proxecto para crear un sistema de transmisión de datos a distancia e sen cables que abarcaría todo o planeta. Morgan, que viu a posibilidade de acceder un virtual monopolio do sistema de comunicacións, deulle 150.000 dólares para desenvolver os seus inventos e un terreno en Long Island onde instalou o laboratorio de Wardenclyffe.



Unha serie de accidentes deulle fama de mala sorte ao novo laboratorio. Para peor, o entusiasmo de Morgan ía en diminución ante a falta de resultados concretos para exhibir. A gota que colmou o vaso foi a conversación que tivo unha noite Tesla co millonario; o inventor, quizais con algunhas copas de máis, confesoulle que o plan de transmisión de comunicacións era en realidade un proxecto para transmitir electricidade sen custo aos fogares norteamericanos.
Ó día seguinte Morgan cortou todo apoio a Tesla e este veuse obrigado a buscar novos investidores. Esta foi a última oportunidade que tivo para demostrar que era capaz de facer realidade o proxecto de electricidade gratuíta e sen límites.
Os investidores negáronse a apoiar a Tesla debido á mala prensa que viña tendo dende algúns anos atrás. Dende que comentou a un grupo de xornalistas que no seu laboratorio de "Colorado Springs" lograra captar sinais de radio provenientes dun lugar no espazo que probablemente fóra o planeta Marte, os reporteiros comezaron a cualificalo como un científico excéntrico e tolo demasiado predisposto á fantasía.
Como curiosidade, en 1975 un grupo de científicos de la NASA en Pasadena (California) conseguiu transmitir enerxía a través do aire a unha distancia de 1,5 quilómetros. Para a proba utilizaron unha antena xigante e unha torre situada a unha milla de distancia, sobre a que se colocou un panel con 4.500 receptores. Estes receptores, denominados “rectennas”, eran os encargados de transformar as microondas en electricidade e de encender un panel de lámpadas que debían funcionar como testemuños. A proba foi un éxito absoluto. Desta maneira, propúxose como unha posible vía para subministrar electricidade a algunhas rexións da Terra a través de satélites reflectores e como alternativa para proporcionar subministración eléctrica a comunidades onde a instalación de cables resulta imposible. Un experimento deste tipo éstáse levando a cabo nun val remoto de Illa Reunión, no océano Índico.

Inventor da radio

No ano 1897, Tesla preséntase na oficina de patentes co deseño da súa radio. Unha radio, que xa nesa data, incluía non só a posibilidade de transmitir voz, ademais permitiría transmitir datos e imaxes. A patente quedou rexistrada a nome de Nikola Tesla, ata que, tres anos despois (1900) nóvamente aparece en escena Thomas Edison canda un dos seus socios italianos, Guglielmo Marconi, e presenta un deseño de radio que, para máis “inri” e mofa, utilizaba para o seu funcionamento ata 17 patentes de Tesla.
Marconi, dispoñía dun maior instinto comercial e de mellores conexións sociais. A “Compañía Telegráfica Sen Fíos” de Marconi, tiña entre os seus accionistas a membros da aristocracia inglesa. O 12 de decembro de 1901, as accións desta compalía subiron como a escuma cando lograron transmitir sinais dun a outro lado do Atlántico.
Nese momento, a carreira cara á invención da radio parecía empezar a decantarse, por primeira vez, cara a Marconi. Tesla non se alterou, en realidade, apreciaba a vontade do italiano, máis que a súa capacidade inventiva, e así puido dicir a un enxeñeiro amigo seu: “Marconi é unha boa persoa. Deixemoslle continuar. Está utilizando 17 das miñas patentes”. Pero, en 1904, a oficina de patentes dos Estados Unidos, seguramente a causa de presións procedentes de medios influentes, concedía a licenza ao invento de Marconi: o italiano pasará á historia como inventor da radio. Tesla, inicialmente, tiña outras invencións que reclamaban a súa atención, pero, en 1911, cando Marconi obtivo o Premio Nóbel, Tesla enfureceuse verdadeiramente. Recorreu ós avogados, pero a querela interposta contra Marconi, non progresou por falta de medios económicos. Houbo que esperar ata 1943, pouco despois da morte de Tesla, para que o Supremo Corte de Xustiza dos Estados Unidos recoñecese a patente da radio de Tesla. Existía unha razón extremadamente pragmática para que o poder xudicial actuase así. A compañía de Marconi acababa de demandar ao goberno norteamericano pola utilización abusiva e ilegal das súas patentes durante o primeiro conflito mundial. A "Suprema Corte" evitou a demanda restaurando a prioridade da patente de Tesla e invalidando a de Marconi. Así pois, hoxe, a pesar de que Marconi siga sendo xeralmente recoñecido como inventor da radio, en realidade, Tesla é, xuridicamente, o verdadeiro inventor desta patente.


3 nov 2010

Tethering inverso, por Fer Real

Comentábase hai uns días neste blogue que é o tethering. Resumindo: usamos un dispositivo (teléfono) con acceso a Internet para darlle conexión a un PC. Mais, que pasa se queremos o contrario (tendo Internet no PC, darlle cobertura ao teléfono, convertendo o PC nun hotspot)? Pois que estaríamos a crear unha rede WiFi virtual, xa que o PC convértese nun novo router. Hei aquí a idea da inversión.


Caso 1: Teño Internet-USB, polo tanto eu teño Internet no meu PC, pero quero que un segundo PC da casa tamén o teña.

A solución consiste en crear un novo hotspot, de tal xeito que o ordenador sen conexión 'descubra' que existe outro sinal (en realidade o do USB) polo que se pode acceder a través da WiFi:

PC + USB -> PC sen Internet pero con tarxeta inarámica -> Router virtual.
Para crear o hotspot baixamos o programa Connectify [LIGAR http://connectify.me] (bucando en Internet pódense atopar outras versións sen restriccións) e, tras instalalo apareceranos na barra de tarefas de Windows unha icona, coa que procederemos a iniciar o servizo para configurar a nova rede virtual:
WIFIname: o nome da nova rede virtual que se creará.
PASS: a clave que o novo PC terá que usar para conectarse á rede virtual.
Internet: tipo de conexión orixinal: se temos Internet por USB ou WiFi ou o que corresponda.
Mode: o tipo de seguranza.
*No caso de que a conexión Internet orixinal teña clave (por exemplo, se é WiFi), pedirásenos tamén.
Feito isto, iníciase o hotspot e no outro PC veremos como se detecta unha nova rede WiFi que antes non existía, polo que xa nos poderemos conectar a ela tras introducir a clave que lle teñamos metido.


Caso 2: Router, PC con Wifi, PC con Wifi 2. O PC con Wifi 2 apenas ten sinal do router.

Tendo un router WiFi puidera parecer non ter sentido a idea, posto que "calquera ordenador con Wifi poderíase conectar". Sen embargo, se pensamos un pouco no asunto, darémonos conta que ao crear a rede virtual entre o router eo PC orixinal, este pasa a ser un novo router, polo que o segundo PC podería ter unha conexión a Internet cunha cantidade de perdas moito menor ca se se conectase directamente.


Caso 3: Teléfono con capacidade WiFi que non se me conecta a unha determinada rede inarámbica.

Repetimos os pasos do Caso 1, configuramos unha rede WiFi nova, e tratamos de conectarnos a ela.

E aquí a razón de chamalo tethering inverso; inverso no sentido de que non é preciso que o segundo dispositivo capte o sinal orixinal ou queremos repartir ou reforzar ante posíbeis perdas.

27 oct 2010

Nikola Tesla II: Tesla, Edison e o FBI: Tesla nos Estados Unidos (por Isaac Manteiga)

Este é o segundo post da serie sobre Tesla. Neste post trataremos a súa viaxe aos EEUU e a súa particular relación con Edison. Tendes a primeira entrada aquí.

Os primeiros contactos

Durante os seus estudos na Universität Graz, o seu profesor de física preséntalle un aparato de corrente continua que funciona á vez como un motor e como unha dínamo. A desvantaxe é que esta máquina produce moitas chispas. Tesla analízaa e propón a substitución da corrente continua por corrente alterna, o que segundo o profesor levaría a obter o movemento perpetuo, (que como sabemos é imposible). A idea de transformar esta máquina non o abandonará: “Para min é un voto sagrado, unha cuestión de vida ou morte. Sei que morrerei se fracaso. No fondo do meu cerebro atópase a solución pero aínda non a consigo expresar”.

En 1882 Tesla trasladouse a París, para traballar como enxeñeiro na “Continental Edison Company” (unha das compañías de Thomas Alva Edison), deseñando melloras para o equipo eléctrico traído do outro lado do océano grazas a Edison.

No ano 1882, nunha conferencia no “Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos”, Tesla revela a invención do motor de corrente alterna. As súas aplicacións prácticas revolucionarían o mundo tecnolóxico. Tesla acaba de descubrir un novo sistema, o principio do campo magnético rotativo. Este está xerado por correntes alternas, en número de unha ou máis, desfasadas unhas en relación ás outras. Acababa de inventarse o motor de corrente alterna.
Nos meses posteriores a esta conferencia, Tesla aplícase totalmente ao obxectivo de inventar novas formas de máquinas de corrente alterna.

Tesla entón ponse en contacto con Edison, tras enviarlle unha carta de recomendación de Batchelor, un antigo empregado de Edison, onde escribiu, "Coñezo a dous grandes homes, vostede é un deles; e o outro é este rapaz".

Desta maneira decide embarcar con moi poucos cartos (na súa biografía conta que desembarcou con tan só 4 centavos no seu peto, xa que na viaxe lle roubaran a equipaxe) e probar sorte para traballar con Edison nos Estados Unidos, na cidade de Nova York.


Viaxe a Estados Unidos e traballo con Edison

Edison, que acababa de crear a rede eléctrica que subministra a cidade de New York, aceptou o ofrecemento de Tesla. Esta rede, baseada na corrente continua, sofre importantes deficiencias de funcionamento: frecuentes accidentes, avarías regulares, varios incendios causados pola electricidade… Ademais, a corrente non pode ser conducida a longas distancias (só ata dúas millas), xa que as liñas non poderían soportar tensións elevadas, indispensables para transmisións afastadas. Era necesaria unha central cada dúas millas.

Deste xeito, Tesla empezou a traballar para Edison como un simple enxeñeiro eléctrico e progresou rapidamente, resolvendo algúns dos problemas máis complicados da compañía. Ofrecéuselle incluso a tarefa de redeseñar completamente os xeradores de corrente continua da compañía de Edison.

Tesla intervén entón falando do seu motor de indución de corrente alterna, que segundo el é a tendencia do futuro: “Quen desenvolva esta técnica, será rico”. Edison non está de acordo.
Tesla afirmaba que lle ofreceron 50,000 dólares americanos (aproximadamente 1,1 millóns dólares americanos de hoxe en día) por redeseñar os ineficientes motores e xeradores de Edison, mellorando tanto o seu servizo como a súa economía. En 1885, cando pregunta polo pago polo seu traballo, Edison replica, "Tesla, vostede non entende o noso humor estadounidense", rompendo así a súa palabra. Cun salario de só 18 dólares americanos á semana, tería que traballar 53 anos para reunir os cartos que lle foran prometidos. Tesla renunciou ao seu emprego de inmediato cando se lle denegou un aumento de 25 dólares americanos á semana, aínda que necesitado de traballo, tivo que traballar cavando foxos para a compañía de Edison por un pequeno período de tempo, o que aproveitou para concentrarse no seu sistema polifásico de corrente alterna.

A guerra das correntes

En 1886, un grupo de financeiros, conscientes do potencial económico, proponlle a Tesla que funde unha sociedade. Desgraciadamente os primeiros investidores non estiveron de acordo cos plans para o desenvolvemento dun motor de corrente alterna e finalmente relevárono do seu posto na compañía. Desta maneira traballou como obreiro en New York de 1886 a 1887 para manterse e reunir capital para o seu próximo proxecto.



En 1887, Tesla construíu o primeiro motor de indución, sen escobas alimentado con corrente alterna, que presentou no “Instituto Americano de Enxeñeiros” en 1888. No mesmo ano, desenvolveu o principio da súa bobina de Tesla, e comezou a traballar con George Westinghouse na “Westinghouse Electric & Manufacturing Company's” nos laboratorios de Pittsburgh.

Westinghouse escoitou as súas ideas para sistemas polifásicos, que poderían permitir a transmisión de corrente alterna a longa distancia.

En 1888 asiste á primeira inauguración comercial do sistema de corrente alterna. O seu motor de indución é rapidamente recoñecido como un elemento de nova tecnoloxía. Westinghouse, o rival directo de Edison, soña con abastecer a Estados Unidos coa corrente alterna, e firma un contrato con Tesla, en calidade de consultor. Iníciase unha loita titánica entre Westinghouse-Tesla e Edison, que se decanta a favor de Westinghouse-Tesla.

Non obstante, Edison aínda trataba de disuadir á xente da teoría de Tesla mediante unha campaña para fomentar ante o público o perigo que corrían ao utilizar este tipo de corrente, da cal formou parte o invento da cadeira eléctrica por parte de Harold P. Brown, un empregado de Thomas Edison contratado para investigar a electrocución.

Desta maneira comezou o que se coñece como a "guerra das correntes" entre os dous inventores. En 1893 fíxose en Chicago unha exhibición pública da corrente alterna, demostrando a súa superioridade sobre a corrente continua de Edison.

Na “Exposición Universal de Chicago” en 1893, constrúese por primeira vez un edificio dedicado a exposicións eléctricas. Neste evento, Tesla e George Westinghouse presentáronlles aos visitantes a alimentación mediante corrente alterna que foi usada para iluminar a exposición. Exhibíronse lámpadas fluorescentes e lámpadas de Tesla dun só nodo.

Neste mesmo ano, Westinghouse anuncia que a súa empresa acaba de obter o contrato de instalación de toda a infraestrutura eléctrica. En breve usarase exclusivamente a corrente alterna de Tesla, tan calumniado. Toda a electricidade utilizada no mundo naquela época será producida, transmitida, distribuída e transformada por medio do sistema polifásico de Tesla. A transmisión da corrente a centenares ou miles de quilómetros xa non será un problema. As dúas primeiras fábricas xeradoras de corrente sobre o Niágara construíronse a partires de outubro de 1893, unha delas directamente sobre as cataratas do Niágara. A primeira quedará concluída en 1896, e alimentará a cidade de Buffalo.



En New York os tranvías e os metros funcionan con corrente alterna, e a electrificación das vías de tren está en camiño. A industria metalúrxica tamén necesita altas tensións que só a alterna pode proporcionar, asístese entón a un desenvolvemento fulgurante da aeronáutica. A electricidade permite dispoñer dunha grande enerxía mecánica, calorífica, electromagnética, o que conducirá a unha extraordinaria revolución para a industria.

En 1906 Tesla inventa unha turbina de 4,5 Kg. e 30 cabalos de vapor. Tesla pensa que podería rebaixar o custo da electricidade, dado o seu baixo custo de fabricación en relación ao que se facía naquela época.

Tesla foi considerado dende entón o fundador da industria eléctrica.

Incautación dos seus documentos

No ano 1943, cando Tesla morreu só e arruinado nun hotel en New York vítima dun ataque cardíaco o Goberno dos Estados Unidos, da man do FBI, interveu tódolos documentos do seu despacho, nos que constaban os seus estudos e investigacións.

Xa antes da súa morte a intelixencia alemá roubara unha boa cantidade de documentos de investigación de Tesla. Iso era un dato coñecido para o FBI quen, despois da morte do xenial inventor, se quixo asegurar de que ningunha investigación ou documento de Tesla máis se filtrase a potencias estranxeiras.

Moitos deses documentos, en caixas que quedaran en hoteis onde Tesla viviu toda súa a vida, como o “Regis”, o “Governor Clinton Hotel” ou o “Waldorf Astoria”, foran vendidos en poxa por parte dos hoteis para pagar os gastos pendentes de Tesla tras a súa morte. Tesla nunca casou nin comprou unha casa. Dedicou toda súa a vida ata o final á investigación e viviu en hoteis a maior parte da súa vida.

Algúns destes diarios chegaron a coñecerse polas persoas que tiveron acceso a aquela documentación.

Anos máis tarde, a familia Tesla e a embaixada iugoslava lograron recuperar o material incautado que hoxe en día se atopa exposto no Museo de Nikola Tesla.