Mostrando entradas con la etiqueta DOCUMENTAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DOCUMENTAIS. Mostrar todas las entradas

21 mar 2012

Introducíndonos na m-Health

Modernizar os tratamentos, reducir os custes do sistema sanitario e previr a aparición de enfermidades. Son 3 retos da m-Health, a medicina móbil, o futuro cada vez máis presente do mundo sanitario.

Eduardo Punset no seu programa Redes 2.0 entrevistou a Eric Topol, cardiólogo e investigado en xenómica.

29 dic 2011

Así era Internet en España en 1996

Non é necesario que vos expliquemos que é Internet, nin como mudaron as cousas nos últimos anos. Se levades anos usándoo, veríades que cambiou o xeito de conectarnos, as tarifas, os dispositivos que se conectan á rede, os usos e tamén a estética e apariencia da propia Internet.

Hoxe deixámosvos cun minidocumental de La 2 de 1996, no que podemos ver como foron os comezos de Internet en España.



26 nov 2011

Vídeo: Os donos de Google

Hai moitos vídeos de reportaxes sobre os creadores de Google, a meirande parte desles en inglés. Hoxe deixámosvos con este en español, que aínda que xa ten algún tempo, vale para situarse nas orixes do buscador e como mudou desde hai uns anos até hoxe:



5 nov 2011

Video: The Gunpowder Plot

Hoxe é o 406 aniversario do Gunpowder Plot e, para conmemoralo, traémosvos este vídeo que explica todo o proceso da conspiración, desde os seus preparativos ao seu castigo.




Podedes ver todos os episodios desta serie aquí.

21 sept 2011

Estrea Escépticos

Fai xa tempo, presentouse o capítulo piloto de Escépticos, ¿Fuimos a la luna?, unha serie documental de divulgación, producida pola televisión autonómica vasca, que estrea a súa primeira tempada o próximo luns 26 ás 21:45. Un dos puntos a favor é a posibilidade de poder ver o capítulo en streaming ou, posteriormente, na páxina da ETB. Aquí vos deixamos o trailer para ir abrindo boca:


Tamén deixamos 4 carteis:




9 mar 2011

Escépticos: ¿Fuimos a la luna?

Un documental dirixido por Jose A. Pérez (@mimesacojea) e presentado por Luis Alfonso Gámez (@lagamez) no que se enfrontan aos argumentos na contra da chegada do home á lúa.