Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta google. Mostrar todas las entradas

26 nov 2011

Vídeo: Os donos de Google

Hai moitos vídeos de reportaxes sobre os creadores de Google, a meirande parte desles en inglés. Hoxe deixámosvos con este en español, que aínda que xa ten algún tempo, vale para situarse nas orixes do buscador e como mudou desde hai uns anos até hoxe:



21 jul 2011

LDK 165: Varias contas de GMail nunha

Hoxe mostrámovos un pequeno truquiño informático que nalgún caso pode sacar do apuro de ter que crear unha conta auxiliar. 

Existen algúns servizos que só permiten asociar unha conta do seu servizo a cada dirección de correo electrónico, este é o caso de Twitter ou About.me. Pero aínda que moitos de nós traballamos con varias contas de Twitter, non queremos crear varias contas de correo que só empregaríamos para iso. Para evitalo, GMail permítenos intercalar algún punto na dirección de correo elecrónico de maneira que que os e-mails chegan á dirección orixinal e aparentan ser distintos.

Exemplo:
Temos unha conta de Twitter asociada a exemplo@gmail.com e queremos crear unha segunda conta asociada ao mesmo correo pero, como xa temos ese correo asociado a unha conta, non nos deixa. Cando solicita o correo, introducimos na dirección e.xemplo@gmail.com, e xa nos deixa crear a conta. Todos os correos seguirán chegando á conta orixinal: exemplo@gmail.com.
Se se vos fai raro, e queredes comprobalo, decídelle a un amigo que vos mande un e-mail á vosa dirección de correo intercalando un punto (ou varios) polo medio. Xa veredes como chega igual :).

12 may 2011

LDK 135: O gurú de Google dáche información no Gtalk

Hei de recoñecer que me gusta moito o Gtalk, paréceme o servizo de mensaxería instantánea máis cómodo e eficaz, e agora moito máis dende que teño agregada na miña lista de contactos ao gurú de Google.

Trátase dun contacto moi especial, ao que podemos agregar convidándoo ao chat co seu enderezo guru@googlelabs.com (tranquis, agrega a todo o mundo :P). A partires diso, apareceranos na nosa listaxe e poderemos preguntarlle algunhas cousas. Vexamos cales:

Resultados de fútbol. Comando score + equipo


Tempo. Comando weather + cidade


Calculadora. Poñer a operación directamente

Cambio de divisas. Cantidade en moeda orixe + to + moeda a convertir


Definicións. Comando Define + palabra


Tradución. Comando Translate (+ from) + palabra + to + idioma destino


Resultados da web. Comando Web result + busca


Axuda: Comando help + servizo (dos anteriores)


25 mar 2011

Como funciona Google Street View e outras curiosidades

Non é algo alleo que Google tennos acostumados a sorprendernos e quizáis unha das súas aplicacións máis notorias sexa o binomio Google Maps / Google Earth. E dentro deses servizos de mapas con fotografía sateidal, destaca unha das características máis chamativas, Google Street View.

Trátase dunha aplicación que nos ofrece milleiros de kilómetros de rúas, estradas, camiños... fotografados en panorámicas a nível de rúa (360º en horizontal e 290ª en vertical), o que nos permite viaxar a lugares de todo o mundo case como se estivéramos aló.

A aventura do Street View iniciouse o 25 de maio de 2007 cando Google comezou a fotografar algunhas cidades dos Estados Unidos (San Francisco, Las Vegas, Denver, Miami e Nova Iorque), pero non sería até o 28 de outubro de 2008 cando teríamos dispoñíbeis 4 cidades españolas (Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla). A día de hoxe a meirande parte das cidades españolas, e moitas vilas, dispoñen da vista de Street View, a lo menos nalgunhas zonas.

Mais o proxecto de Google non se limita a rúas, senón tamén a outros lugares menos comúns e obvios, como as pistas de esquí de Whistler (con motivo dos Xogos Olímpicos de Vancouver no 2010), interior de varios parques nacionais dos Estados Unidos, interiores dos estadios do Mundial de Fútbol e mesmo galerías de arte (dentro do proxecto Art Project), entre as que se inclúen o Reina Sofía e o Thyssen-Bornemisza.

Vehículos

Os vehículos empregados por Google para levar a cabo este gran proxecto de ter todo o planeta visíbel a través da pantalla dos nosos computadores ou dispositivos móbiles son do máis variopinto.

Os máis coñecidos son os coches, equipados con varios computadores, cámaras, láseres e GPS. Despois de varios modelos experinentais, o último (último modelo, porque a flota é ampla) que empregan ten 15 cámaras encargadas de fotografar todo, que se vai almacenando nos discos duros. Pola súa banda, os láseres recollen información sobre o contido 3D para determinar as distancias, reconstruír edificios e xeolocalizar no caso de perda do sinal GPS.


Pero hai zonas, como o interior do casco vello de Compostela, no que un coche non entra, así que neses casos empréganse bicicletas de 3 rodas equipadas co sistema de cámaras e almacenaxe. Este vehículo tamén se emprega no interior dos campus e dos estadios de fútbol.



Para o caso das pistas de esquí úsase unha moto de neve tuneada, con caixas especiais para protexer os computadores debido ás condicións térmicas ás que son expostos durante a gravación.



Por último, os interiores de museos fotografíanse con pequenos carros, nun exercicio de miniaturización de todo o sistema de captura.


Tecnoloxía de montaxe das imaxes.

Como podedes imaxinar, todo comeza por percorrer os lugares gravando todo arredor do vehículo empregado. Pero antes de saír mírase que vaia bo tempo (non se sae días conc choiva, neve ou néboa) e estúdase a zona por grao de interese (que lle pode interesar ver a máis xente?). Así, comézase a gravar nos centros das cidades ou vilas (adoita ser onde está o máis interesante) e logo vaise abrindo o abano cara as aforas.

Despois de tomar as imaxes é preciso aliñalas e xeolocalizalas, para o cal se empregan os datos GPS almacenados durante a toma de fotografías. É probábel que haxa sitios nos que o sinal do GPS teña erros, por causas como edificios altos ou túneles, para o cal se empregan outros datos secundarios (como por exemplo os tomados a través dos láseres).

A continuación únense as imaxes. Como é de imaxinar, as imaxes independentes [1] tomadas polas cámaras sobrepóñense formando unha única panorámica [2], á cal se lle aplica un postprocesado que elimina a forma esférica, dando un aspecto moito máis real.
[1]
[2]
[3]
Neste postprocesado tamén se emborronan as caras da xente e as placas de matrícula dos coches, inda que non sempre se consegue.

E... por onde andan os coches?

É posíbel saber por onde andan a gravar os coches de Google a través desta páxina

Curiosidades de Street View

Pódese pasar un bo rato buscando nos mapas curiosidades. Hainas a centos, e unha pequena busca en Google dá milleiros de resultados.

4 mar 2011

Gmail a fondo (e III)

Tras unha introdución ao servizo de correo e a seu Labs, que se complementou coa explicación da meirande parte da súas opcións de configuración, pechamos con esta entrada a nosa análise de Gmail, na que explicaremos as opcións que poderemos atopar na ventá de General, dentro do menú de configuración.

E que podemos atopar aí? As seguintes características:
  • Idioma: Podemos escoller entre 54 idiomas, entre os que se atopan o catalán e o eúskaro, inda que non o galego..
  • Tamaño de páxina: É onde decidimos o número máximo de correos e/ou contactos que desexamos ver en cada páxina. Débese ter en conta que un maior número de correos ou contactos implica máis tempo de carga (a ter en conta para conexións excesivamente lentas).
  • Combinación de teclas. A meirande parte dos usuarios avanzados en informática adoran o uso de atallos no teclado, que permitan facer as cousas dun xeito moito máis rápido. Neste sentido, Gmail cun extenso catálogo de atallos, que podemos consultar aquí.
  • Permiso para amosar contido externo. Se temos activada esta opción amosarásenos no corpo da mensaxe arquivos como imaxes, a xeito de previsualización. Resulta cómodo (para gustos).
  • Usar https: A configuración https está pensada para cando accedemos á nosa conta de Google dende equipos vencellados a redes que descoñecemos (por exemplo, unha WiFi pública). Usando sempre https, encriptarase a nosa información e será máis difícil accedera a ela por parte de terceiros.
  • Vista de conversación. Trátase quizáis da característica principal de Gmail. Con este servizo activado, as mensaxes e respostas acumularanse, polo que é moito máis doado seguir o fluxo de correo. Esta característica vólvese inda máis útil cando se mantén un intercambio de correos abundante e con múltiples contactos, que de aparecer na nosa bandexa de entrada por separado sería practicamente imposíbel seguir.
  • Desfacer envío. Décheslle a enviar un correo a quen non era? Tranquilo, se tes isto activado poderás configurar un tempo durante o cal poderás "desfacer" o envío. 
  • Sinatura. Neste espazo poderás a sinatura para os teus correos, coa vantaxe de que se tes configuradas múltiples contas, terás ocasión de ter unha sinatura para cada conta de correo.
  • Codificación. Gmail emprega múltiples estándares para unha visualización correcta, pero é posíbel que os contactos que teñamos non vexan axeitadamente as nosas mensaxes. Se temos este problema, sería bo que elixíramos Unicode, que é un estándar básico.


11 feb 2011

Gmail a fondo (II)

A semana pasada falabamos de características que nos podíamos atopar en Google Labs de Gmail, o almacén de aplicacións avanzadas para o noso correo de Google.

Hoxe imos ver como sacarlle o máximo partido. Debemos pois achegarnos á lapela de configuración, onde atoparemos 13 apartados que iremos analizando: Xeral, Etiquetas, Contas e importación, Filtros, Reenvío e correo POP/IMAP, Chat, Clips da web, Labs, Gadgets, Prioritarios, Sen conexión, Temas e Buzz.

Comezarei esta análise polo final

Buzz


Google Buzz é un servizo lanzado por Google a comezos do 2010, presentado como unha apliación dos seus servizos de comunicacións.

Pretendía Pretende ser a rede na que se compartan contidos, de xeito moi semellante a Twitter, inda que sen ter as restriccións típicas da rede de microblogging por excelencia. É dicir, Buzz non pon límite de caracteres nin tampouco de contido (pódense incluír directamente fotografías, vídeos, ligazóns...).

Nesta pestana dentro da nosa caixa de correo podemos configurar o xeito no que Buzz se integra en Gmail (que contidos amosar, preferencias de integración con outras redes, inhabilitación do servizo, étc).

Temas


Falaba anteriormente de que unha das grandes vantaxes de Gmail fronte outros servizos de correo electrónico é o importante nível de personalización que permite. Na pestana de Temas temos 40 para elixir, cifra que vai medrando pouco a pouco.

Sen conexión

Non sempre é posíbel dispór de conexión a Internet, pero iso non ten por que ser un handicap para non poder redactar os nosos correos electrónicos para que sexan enviados ao recuperar dita conexión. Axudándose da memoria caché, Gmail sen conexión permítenos facer iso.

Neste vídeo amósasenos como funciona.



Prioritarios

Priority Mail é unha das aplicacións máis recentes presentadas por Gmail. Basicamente o que fai é dividir os correos en 2 tipos: prioritarios e non prioritarios. Esta elección faina Google en base ao uso que facemos habitualmente do correo, dos contactos que temos, étcetera. Se, por exemplo, nos escribimos moito con alguén, a priori ese contacto será prioritario.

Obviamente, este servizo non é infalíbel, polo que nós somos capaces de corrixir esa elección automática que fai Google, marcando como prioritarios correos que Google non consideraba como tal ou viceversa.

Nesta lapela podemos configurar as preferencias de Prioritarios: se desexamos telo activado ou non, que bandexa de entrada amosar (global ou separada), étc.

Gadgets


A semana pasada falabamos que dende o Labs podíamos activar a posibilidade de instalar gadgets de terceiros introducindo a url onde está. Tendo iso activado no Labs, a través desta pestana é dende onde se poden instalar.

Labs

Accedemos ao mesmo menú ca dende a icona dunha probeta que vos comentaba a semana pasada. As opcións son as mesmas.

Chat

O chat de Gmail, tamén cocñecido como Google Talk, debido ao software de mensaxería instantánea desenvolto por Google, é unha das características estrelas de Gmail. Permite conversar cos nosos contactos dende a propia caixa de correo.

Dende esta lapela do menú de configuración podemos revisar as súas características e probar que todo funciona: a cámara web, os micrófonos e altofalantes... pero tamén opcións relacionadas co almacenamento (ou non) das conversas nun historial.

Reenvío e correo POP/IMAP

Gmail permítenos reenviar o noso correo a outra(s) contas de correo. Dende esta lapela podemos configurar esta opción, indicando se queremos que se conserve a mensaxe orixinal na bandexa de entrada ao ser reenviada ou se non.

Doutra banda, dende este apartado podemos configurar o correo POP/IMAP. POP vén de Post Office Protocol e trátase do protocolo de xestión máis extendido de correo electrónico. Úsase cando queremos configurar a nosa conta para usala non dende a versión web da caixa de correo, senón cun programa (cliente) de correo electrónico instalado no noso computador.

Pola súa banda, IMAP vén de Internet Message Access Protocol e trátase doutro protocolo de xestión do correo, que se diferenza do POP en que permite o acceso a múltiples cartafoles nos servidores.

Así pois, dende este apartado pódese configurar se se permite este tipo de uso da nosa conta de Gmail.

Filtros

Os filtros son unha ferramenta moi útil para a xestión do noso correo electrónico. A súa aplicación permite elixir que facer cos correos que cumplan unha serie de características.

Entre os criterios de filtrado están o remitente, as mensaxes que conteñan unha serie de palabras que especifiquemos.... unha vez definidos estes, debemos escoller que acción levar a cabo:


Contas e importación

Xa comentamos que Gmail permite exportar o correo a través do protocolo POP. Mais, que acontece se temos contas que aceptan este protocolo e queremos recibilas na nosa caixa de correo de Gmail? Podemos? Si. E é moi sinxelo. En tan só 7 pasos podemos levalo a cabo, e só precisaremos ter os datos da conta que queremos importar.

Nesta sección tamén poderemos configurar contas para "Enviar correo como...". É dicir, se traballamos con contas de correo diferentes para diferentes ámbitos da nosa vida e non queremos ter que andar cambiando de caixa de correo cada vez que queremos enviar unha mensaxe cunha conta diferente, dende este apartado poderemos configurar as diferentes contas que poderemos empregar.

Etiquetas

En Etiquetas poderemos levar a cabo a acción de control das etiquetas que temos configuradass no noso correo. Hai algunhas, as propias de Gmail (Recibidos, Papeleira...) que non son eliminábeis, mais si que podemos decidir se quremos ocultalas ou non.

Sobre o resto de etiquetas, as que facemos nós, podemos levar a cabo todo tipo de accións.

31 ene 2011

Gmail a fondo (I)

Aviso a navegantes, isto non é unha entrada máis falando de Gmail, senón unha análise en profundidade de todo o que dá de si o correo electrónico de Google.

A ninguén se lle escapa hoxe en día que Gmail é o mellor dos mellores servizos de correo electrónico a disposición do público xeral, por riba incluso se servizos de correo electrónico de pagamento. Entre as súas principais características, cómpre que destaquemos as seguintes:
  • Correo electrónico - case - ilimitado. 7,5 GB de correo en continuo aumento (4 bytes por segundo). Outros, como Yahoo, ofrecen correo 'ilimitado'. Na práctica resulta similar, xa que é un tamaño máis ca suficiente para a práctica totalidade da xente. Ademáis, permítese contratar máis espazo, até 25 GB, pensado para solucións empresariais.
  • Sen publicidade (nas mensaxes). Os correos que mandes coa túa conta de Gmail non levarán publicidade de terceiros. Só amosarán o que ti poñas. Esquécete de enviar correos serios nos que debaixo do teu texo apareza algo como Encuentra y vota a los chicos y las chicas más guapas de tu ciudad en talsitio.com!
  • Total personalización.
  • É de balde.
Vista da marxe superior esquerda da conta de Gmail
Feita esta presentación, supoño que para moita xente innecesaria, pasaremos a falar da principal caracterísitca de Gmail: a total personalización.

Pero antes diso, cómpre que falemos de Google Labs para Gmail. Accédese a Google Labs dende a icona dunha probeta situado ao carón de 'Configuracións'. Aí atoparemos un completo abano de características a engadir ao noso Gmail. 

Poderíamos dicir que Google Labs é onde nos atopamos todas esas melloras que Google pretende engadir a Gmail e que están nunha fase beta avanzada.

Estas características mudan co tempo, algunhas porque son incorporadas á versión básica de Gmail e outras porque non acaban de callar entre o público. Resulta interesante acceder de cando en vez para ver que hai de novo polo Labs, sempre se atopan cousas de interese.

Poderíamos clasificar as aplicacións do Labs en dous grupos: as que están pensadas para facilitar e mellorar a experiencia dos servizos de correo e os xogos ou melloras estéticas.

Entre as melloras da experiencia, podemos habilitar as seguintes:
  • Autocompletado da busca: permite acceder máis rápido cando buscamos algo na nosa caixa de correo, ben sexa un contacto ou algún trozo de texto para procurar unha mensaxe.
  • Engadir gadgets de terceiros facilmente: esta opción permite engadir á nosa caixa de correo gadgets non verificados por Google que poden mellorar a nosa experiencia de usuario.
  • Desfacer o envío: esta ferramenta permite que se te equivocas ao enviar un correo (ves un erro moi cantoso, esqueciches dicir algo
  • Etiquetas anidadas
  • Etiquetas anidadas: as etiquetas permiten marcar as mensaxes por asuntos e xa é unha opción nativa de Gmail. As etiquetas anidadas permiten engadir subetiquetas. Crealas é moi doado, primeiro temos que ter a etiqueta raíz e logo crear a subetiqueta. Exemplo: creamos a etiqueta Home. Para crear Kids, teríamos que crear a etiqueta Home/Kids.
  • Google Calendar: permite ter as nosas actividades do Google Calendar nunha aplicación do correo.
  • Insertar imaxes: É unha funcionalidade moi útil se queremos engadir imaxes ao corpo da mensaxe e non como meros arquivos axuntos.
  • Melloras no chat de vídeo: é un parche que permite opcións relacionas co chat de vídeo, como imaxes máis grandes.
  • Responder a todos predefinido: Se adoitas enviar correos a varia xente á vez para tomar decisións, resultarache interesante ter esta opción activada. Así non respondes só ao último en escribir.
  • Actualizar contas POP. Gmail permite a configuración de contas POP, que comprobarán o correo cada certo tempo. Activando isto, temos un botón para comprobar o correo doutras contas cando queiramos.
  • Avance do contido da mensaxe: con esta aplicación, ao facir clic sobre unha mensaxe amósanos unha visión previa do contido, o que permite facernos unha idea de que vai.
  • Botón marcar como lido: nada que dicir...
  • Búsqueda en Google/ Búsqueda en Google Apps: facilidades de procura xeral (Google) ou entre as aplicacións de Google.
  • Teclas personalizadas: programación de teclas coas que poderemos facer un uso máis rápido da caixa de correo.
  • Creación de documentos. Engade un botón para crear documentos en Google Docs.
  • Iconas de verificación de usuario (prevén phishing), recordatorio de usuarios frecuentes, aplicacións para verificar sen abrir se a mensaxe vai dirixida só a ti ou leva máis destinatarios...
  • Tradutor de mensaxes con Google Translate.
  • Respostas predeseñadas: permite aforrar tempo se temos unha serie de mensaxes de resposta habitual.
Melloras estéticas
  • Chat no lado dereito: cuestións de gustos. Por defecto o chat de Google atópase no lado esquerdo, despois de toda a columna de Recibidos/Enviados... se usas moito o chat, pode que che interese telo nun sitio máis visíbel, como a marxe dereita.
  • Green robot: esta aplicación é moi útil para visualizar se os nosos contactos de Android están conectados ao Gtalk (servizo de chat) vía web/programa ou a través do seu teléfono Android. Neste último caso, o "punto" que sinala se están conectados ou non mudará o seu aspecto ao dun robot.
  • Icona de mensaxes non lidas: vale para Chrome e Firefox (últimas versións) e serve para indicarnos na lapela superior o número de mesaxes non lidas. Polo de agora, non funciona de todo correcto, é habitual que quede "colgado".
  • Imaxes de chat: permite decidir se queremos un chat con imaxes dos contactos ou non (só nome).
  • Muted. Agocha ou mostra os correos silenciados, interesante se queremos deixar de recibir, por exemplo, os correos dunha determinada discusión nunha listaxe de distribución da que sexamos membros.
  • Mover columna de icona: por defecto, notificacións con icona como arquivos axuntos, aparecen á dereita do asunto. Activando esta opción, terémolas no lado contrario, á esquerda.
  • Cambio de lugar da sinatura. Por defecto, a túa sinatura quedará ao final da mensaxe. É dicir, se respondes a un correo sen borrar o que che comentaron, a mensaxe quedará: TEXTO DO CORREO + TEXTO ORIXINAL + SINATURA. Se activas esta opción a túa sinatura irá despois de TEXO DO CORREO.
  • Título. Muda o título na pestana: De Gmail - Recibidos (XX) - conta@gmail.com a Recibidos (XX) - Gmail - conta@gmail.com. Interesante se traballamos con varias pestanas e queremos ver cantos correos temos por ler.
  • Superestrelas: as estrelas permiten resaltar certas mensaxes, pero se queremos ter varias cores e iconas para sinalar correos de diferentes prioridades, debemos activar este plugin.
  • Zona horaria do remitente. Pode ser útil para quen se comunique con xente doutras zonas horarias.
  • Emoticonos / Emoticonos usados recentemente. Interesante para que use emoticonos, dos de colorines (inda queda alguén?)
  • Enlaces rápidos: permíteche crear unha columna de ligazóns a Gmail, a cousas que empregues para un acceso rápido.
  • Estilo de texto predeterminado: permite seleccionar o estilo de texto que queremos ter como predifinido ao redactar as mensaxes.
  • Cambios nos formatos das datas.
  • Ocultador de etiquetas.
  • Ocultador de mensaxes non lidas.
  • Xogos como oldsnake ou matematicos
  • Varias bandexas de entrada. Facilítanos a vida se queremos ter varias bandexas de entrada nunha mesma páxina de correo.
  • Vistas previas: do texto da mensaxe, de imaxes, de vídeos de Youtube, de mapas, de Docs, de Yelp...
  • Amosar Gmail en Beta (para os nostálxicos).
Unha vez vistas as posibilidades do Labs de Gmail, na vindeira entrega comprobaremos para que serve todo isto e como sacarlle o máximo partido.

26 dic 2010

O N-Gram Viewer ou cando Google se mete a lingüista: Popularización vs. rigor científico.

Hai uns dias facíamonos eco dos primeiros resultados de búsquedas no megacorpus de Google, que contén máis de 5 millóns de libros, segundo LanguageLog o 4% de todos os libros xamais publicados.

As búsquedas pódense facer en diferentes corpora, cada un deles cunhas características determinadas, mediante unha ferramenta, o NGram Viewer de Google, da que tendes máis información aquí.

O impacto da historia foi enorme. Os autores contan cunha páxina, culturomics.org, onde publican os seus achádegos, e entre os medios de comunicación a historia tivo grande éxito, como amosa a reportaxe na que a National Public Radio dos Estados Unidos fíxose eco da nova ou a do Guardian.


Resumo do Impacto: Críticas

Porén, non é ouro todo o que reluce: As críticas ao proxecto non se fixeron agardar e a maioría parecen coincidir en que a ferramenta de Google ten máis de entretemento (coa popularización da investigación cuantitativa sobre a lingua que conleva) e de publicidade (para Google e para o equipo de Harvard e do MIT) que de rigor científico:


Geoffrey Nunberg comenta:
The authors of the paper claim that the quantitative data gathered from the corpus are the bones that can be assembled into "the skeleton of a new science." They call the new field "culturomics," defining it as "the application of high-throughput data collection and analysis to the study of human culture," which "extends the boundaries of rigorous quantitative inquiry to a wide array of new phenomena spanning the social sciences and the humanities."

Whatever misgivings scholars may have about the larger enterprise, the data will be a lot of fun to play around with. And for some—especially students, I imagine—it will be a kind of gateway drug that leads to more-serious involvement in quantitative research.



Mark Liberman ten dúbidas sobre o feito de o proxecto ser privado:
The Science paper says that "Culturomics is the application of high-throughput data collection and analysis to the study of human culture". But as long as the historical text corpus itself remains behind a veil at Google Books, then "culturomics" will be restricted to a very small corner of that definition, unless and until the scholarly community can reproduce an open version of the underlying collection of historical texts.

Google is making an important contribution to the creation of the archives that will make new kinds of work possible. For that, the company deserves everyone's thanks.

But there is a potential problem. As it stands, outside scholarly access to this historical archive will be limited to tracking the frequency of words and word-strings (what they call in the trade "n-grams"). This is useful for addressing some questions, but most questions will require other kinds of processing, which are not possible without having the full underlying archive in your (digital) hands. For the material before 1922, there is no copyright issue. The only barrier is Google's competitive advantage.

This puts the rest of us in a difficult position. Given Google's large, well-run and successful effort to digitize these historical collections, for which the economic returns are fairly small on a per-book basis, it's unlikely that anyone else will duplicate their efforts in the visible future. So we're in the situation that would have existed if the Human Genome Project had been entirely private, rather than shared.

In this analogy, the access to "culturomic trajectories" to be made available at culturomics.org might correspond to information about the relative frequencies of nucleotide polymorphisms across individuals, without access to the underlying genomes.


Mark Davies, nunha defensa do seu COHA, critica algúns detalles do proxecto:
Google Books has received lots of attention because of its size. It has about 500 billion words, compared to 400 million words in COHA (and COHA is in turn about 100 times as large as any other historical corpus of English).

The question is -- do you really need 500 billion words?

Google Books can't use wildcards to search for parts of words. For example, try searching for freak* out (all forms: freak_, freaked, freaking, etc) or even a simple search like teenager*

if Google Books doesn't know about part of speech tags or variant forms of a word, then how can it look at change in grammar?

A pesar do cal,
We like the new Google Books interface. It's "cool" and "simple", which is what has made Google so popular over the years. We'll definitely have the students in our linguistics classes use it to look at specific aspects of historical American English and culture.


Porén, hai críticas máis serias, como a de David Crystal:

We mustn't exaggerate the significance of this project. It is no more than a collection of scanned books - an impressive collection, unprecedented in its size, and capable of displaying innumerable interesting trends, but far away from entire cultural reality. For a start, this is just a collection of books - no newspapers, magazines, advertisements, or other orthographic places where culture resides. No websites, blogs, social networking sites. No spoken language, of course, so over 90 percent of the daily linguistic usage of the world isn't here. Moreover, the books were selected from 'over 40 university libraries from around the world', supplemented by some books directly from publishers - so there will be limited coverage of the genres recognized in the categorization systems used in corpus linguistics . They were also, I imagine, books which presented no copyright difficulties. The final choice went through what must have been a huge filtering process. Evidently 15 million books were scanned, and 5 million selected partly on the basis of 'the quality of their OCR' [optical character recognition]. So this must mean that some types of text (those with a greater degree of orthographic regularity) will have been privileged over others.

The approach, in other words, shows trends but can't interpret or explain them. It can't handle ambiguity or idiomaticity. If your query is unique and unambiguous, you'll get some interpretable results


E a de The Binder Blog:

Setting aside my concerns about the accuracy of ngrams, there are still serious philosophical questions about ngrams’ utility as a tool of cultural research. Does the Ngrams Viewer really provide insight into how people once thought? Does it make it easier to study the past, or does it simply add more data without context to the pile? Does a project like this decode the cultures of the past, making them more accessible than ever, or does it obscure the past, making it even more difficult to do justice to our forbears?

What does word use frequency over time mean? Level of interest? If so, whose? All literate people? People whose books made it into the library? People who wrote books that eventually became Google Books? There were no historians, anthropologists or other cultural researchers on the ngrams team, so I have to wonder what problem this tool was designed to solve.

It’s thin description: data without context. As if the academy doesn’t already have enough of that to analyze.


Ao que engade The Lousy Linguist a posibilidade de sobreinterpretar os datos:
Andrew Sullivan has predictably misunderstood the value of Google's Ngram Viewer. He spent all day yesterday posting trite and simplistic mis-interpretations of the data. For example,

* the concept of ideology is a relatively recent one because the word ideology has become more frequent recently (this is almost certainly false).
* Jesus "wins" (his word, not mine) against the Beatles because the word Jesus is more frequent.

Resumo:

O N-Gram Viewer abre a fiestra da investigación cuantitativa sobre fenómenos lingüísticos-culturais ao mundo contribuindo Google á popularización dun campo como xa ten feito anteriormente con outros, mais, e sen negar este valor, presenta unha serie de problemas para o usuario que pretende facer un uso científico rigoroso coas mostras.

1. Problemas de fiabilidade, debido ao seu grande número de OCRs non corrixidos, dos erros de deseño da ferramenta ao non detectar as diferencias entre frases fixas e simples coocurrencias, ou ao non distinguir clases de palabras, entre outros moitos. En calqueira caso, problemas corrixibles co paso do tempo.

2. Problemas de deseño graves no seu uso como corpus lingüístico, xa que as mostras non son representativas da linguaxe, incumplindo un dos criterios que explicabamos nesta entrada para considerar un corpus como rigoroso:

-Os criterios de selección deben ser lingüísticos e cunha finalidade concreta dentro do marco dos estudos de lingüística. A mostra debe ser representativa, de cara a amosar a variedade da lingua a estudar, dentro do seu marco.


Xa que, como explicaba David Crystal, atopámonos con que non hai:

no newspapers, magazines, advertisements, or other orthographic places where culture resides. No websites, blogs, social networking sites. No spoken language, of course, so over 90 percent of the daily linguistic usage of the world isn't here.


3. Problemas de filosofía no seu uso como corpus cultural, xa que o feito de que queden trazos escritos non implica que eses fosen os pensamentos reais da xente, como explicaba The Binder Blog na súa entrada.

Conclusión:

O N-Gram Viewer é á Lingüística de Corpus e á investigación humanística algo semellante, se ben en menor escala, do que é a Wikipedia para o coñecemento científico en xeral: Unha ferramenta, interesante no seu papel de elemento popularizador da disciplina e cun grande potencial de facer chegar coñecementos a unha grande cantidade de persoas, mais unha ferramenta dun valor dubidoso para o seu uso nunha investigación científica rigorosa debido a problemas de plantexamento coma os que expresabamos na sección anterior.
Por outra banda, e malia que o seu uso pode contribuír a dar a coñecer o uso das novas tecnoloxías na lingüística, hai que ter en conta que ten un dobre fío, pois pode contribuír a unha maior arrogancia nos xa abondosos xuízos (errados) que fai a xente sobre diversos feitos lingüísticos, ao poder dar datos non rigorosos que "validen" hipóteses erradas feitas por non-profesionais. Deste xeito teríamos a consecuencia non desexada de esta ferramenta contribuír ao fenómeno, xa ben coñecido na profesión, de que o público en xeral pense que "calquera pode ser lingüista".

1 dic 2010

Nova versión do Google Earth. Xa non chocarás coas árbores

Google vén de presentar a nova versión do popular - malia ter perdido tirón coa malchamada versión web, Google Maps - programa Google Earth, o atlas virtual multimedia do xigante americano.

As novidades máis importantes desta versión son a integración con Street View, a introdución de árbores en 3D (que se suman a edificios e outros monumentos xa incluídos noutras versións) e a visión de imaxes históricas.

Árbores en 3D

Semella ciencia-ficción, pero non. Google afanouse para que nesta versión do Earth puideran aparecer gran cantidade de árbores na súa situación real, identificando ducias de especies. Nesta primeira andaina xa contan con máis de 80 millóns de árbores nos arredores de Atenas, Berlín, Chicago, Nova Iorque, San Francisco e Tokio, alén de colaborar con organizacións vencelladas á conservación dos grandes bosques ameazados do planeta, nun afán de concienciación.


Imaxes históricas

Malia teren sido incluídas na versión 5 algunhas imaxes históricas (o Londres de 1945, Varsovia en 1935...), agora non só atopamos máis senón que tamén será moito máis doado empregalas, grazas a unha nova aplicación que fará que ao situarse nunha zona onde hai dispoñibilidade de imaxes históricas, estas aparecerán na barra de estado automaticamente.



Podedes descargar a nova versión dende a web de Google Earth.

Que poderá ofrecer Google en próximas versións? Ocórresevos algo?

14 nov 2010

Exporta todas as túas Waves antes de que Google elimine o servizo

A nova anunciada hai uns meses por Google de que eliminaría o seu servizo Wave cara finais de ano deunos moita mágoa a usuarios coma nós, os redactores de Mallando na e-ira, que lle demos (e damos) bastante uso.

Tras o anuncio, Google comprometeuse a que permitiría aos usuarios exportar todo o seu contido e dende hai uns días xa se pode facer, en formato HTML ou nun arquivo zip que pode conter os arquivos axuntos na onda.

Así que xa sabedes, se non queredes perder nada do que teñades en Google Wave, exportádeo, non vaia a ser que desapareza da noite á mañá.

Fonte Alt1040