Non é algo alleo que Google tennos acostumados a sorprendernos e quizáis unha das súas aplicacións máis notorias sexa o binomio Google Maps / Google Earth. E dentro deses servizos de mapas con fotografía sateidal, destaca unha das características máis chamativas, Google Street View.
Trátase dunha aplicación que nos ofrece milleiros de kilómetros de rúas, estradas, camiños... fotografados en panorámicas a nível de rúa (360º en horizontal e 290ª en vertical), o que nos permite viaxar a lugares de todo o mundo case como se estivéramos aló.
A aventura do Street View iniciouse o 25 de maio de 2007 cando Google comezou a fotografar algunhas cidades dos Estados Unidos (San Francisco, Las Vegas, Denver, Miami e Nova Iorque), pero non sería até o 28 de outubro de 2008 cando teríamos dispoñíbeis 4 cidades españolas (Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla). A día de hoxe a meirande parte das cidades españolas, e moitas vilas, dispoñen da vista de Street View, a lo menos nalgunhas zonas.
Mais o proxecto de Google non se limita a rúas, senón tamén a outros lugares menos comúns e obvios, como as pistas de esquí de Whistler (con motivo dos Xogos Olímpicos de Vancouver no 2010), interior de varios parques nacionais dos Estados Unidos, interiores dos estadios do Mundial de Fútbol e mesmo galerías de arte (dentro do proxecto Art Project), entre as que se inclúen o Reina Sofía e o Thyssen-Bornemisza.
Vehículos
Os vehículos empregados por Google para levar a cabo este gran proxecto de ter todo o planeta visíbel a través da pantalla dos nosos computadores ou dispositivos móbiles son do máis variopinto.
Os máis coñecidos son os coches, equipados con varios computadores, cámaras, láseres e GPS. Despois de varios modelos experinentais, o último (último modelo, porque a flota é ampla) que empregan ten 15 cámaras encargadas de fotografar todo, que se vai almacenando nos discos duros. Pola súa banda, os láseres recollen información sobre o contido 3D para determinar as distancias, reconstruír edificios e xeolocalizar no caso de perda do sinal GPS.
Pero hai zonas, como o interior do casco vello de Compostela, no que un coche non entra, así que neses casos empréganse bicicletas de 3 rodas equipadas co sistema de cámaras e almacenaxe. Este vehículo tamén se emprega no interior dos campus e dos estadios de fútbol.
Para o caso das pistas de esquí úsase unha moto de neve tuneada, con caixas especiais para protexer os computadores debido ás condicións térmicas ás que son expostos durante a gravación.
Por último, os interiores de museos fotografíanse con pequenos carros, nun exercicio de miniaturización de todo o sistema de captura.
Tecnoloxía de montaxe das imaxes.
Como podedes imaxinar, todo comeza por percorrer os lugares gravando todo arredor do vehículo empregado. Pero antes de saír mírase que vaia bo tempo (non se sae días conc choiva, neve ou néboa) e estúdase a zona por grao de interese (que lle pode interesar ver a máis xente?). Así, comézase a gravar nos centros das cidades ou vilas (adoita ser onde está o máis interesante) e logo vaise abrindo o abano cara as aforas.
Despois de tomar as imaxes é preciso aliñalas e xeolocalizalas, para o cal se empregan os datos GPS almacenados durante a toma de fotografías. É probábel que haxa sitios nos que o sinal do GPS teña erros, por causas como edificios altos ou túneles, para o cal se empregan outros datos secundarios (como por exemplo os tomados a través dos láseres).
A continuación únense as imaxes. Como é de imaxinar, as imaxes independentes [1] tomadas polas cámaras sobrepóñense formando unha única panorámica [2], á cal se lle aplica un postprocesado que elimina a forma esférica, dando un aspecto moito máis real.
[1] |
[2] |
Neste postprocesado tamén se emborronan as caras da xente e as placas de matrícula dos coches, inda que non sempre se consegue.
E... por onde andan os coches?
É posíbel saber por onde andan a gravar os coches de Google a través desta páxina
Curiosidades de Street View
Pódese pasar un bo rato buscando nos mapas curiosidades. Hainas a centos, e unha pequena busca en Google dá milleiros de resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario