Mostrando entradas con la etiqueta radar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radar. Mostrar todas las entradas

21 abr 2011

LDK 126: AWACS, Phalcon... quen os usa?

Xa falamos neste blogue dos sistemas AWACS e Phalcon, e nesta entrada pretendemos facer un pequeno listado dos países que dispoñen deste tipo de dispositivos e que modelos de avión empregan como base.

O Brasil dispón dun único modelo, o Embraer R-99A Erieye:

Embraer R-99A Erieye
A China empréganse 4 modelos diferentes de avións: o KJ-1 AEWC, o KJ-200, o KJ-2000 e o Y-8 AWACS/Y-8J AWE

KJ-2000
A flota de India componse polos modelos Airborne Surveillance Platform e DRDO AEW&CS, este último moi similar ao empregado por Brasil.

Airborne Surveillance Platform
Irán, pola súa banda emprega os HESA IrAn-140

HESA IrAn-140

Israel empresa o seu radar Phalcon nas plataformas IAI 707 Phalcon e IAI Eitam

IAI 707 Phalcon
IAI Eitam
No caso de Rusia, empréganse o Beriev A-50, o Kamov Ka-31 (un helicóptero) e o Tupolev Tu-126.

Beriev A-50
Karmov Ka-31





Suecia utiliza dous modelos fabricados por Saab, o 340 AEW&C e o 2000 AEW&C

Saab 340 AEW&C
O Reino Unido emprega os modelos Avro Shackleton AEW.2, o Fairey Gannet AEW.3, o Hawker Siddly Nimrod AEW3 e os Westland Sea King AEW.2 / AEW5 / ASaC7 (helicópteros).

En Xapón contan con Boeing E-3 Sentry e Boeing E-767.

Finalmente, nos Estados Unidos conviven varios Boeing (737 AEW&C, E-3 Sentry, E-767, PB-1W Flying Fortress), o Douglas AD-3W/4w/5W Skyraider,  varios Grumman (AF-2W Guardian, E-1 Tracer, E-2 Haweye, TBM-3W Avenger) e varios Lockheed (EC-121 Warning Star, EC-130V Hercules e P-3 AEW&C)

Boeing E-3 Sentry
Grumman E-2 Haweye
Lockheed EC-121


12 abr 2011

LDK 122: O Phalcon radar

Onte introduciamos o sistema AWACS e diciamos que a aeronave máis empregada de base era o Boeing E-3 Sentry. Pero existen outro sistema de radar, o chamado Phalcon radar, elaborado pola industria de Israel e que empregou o mesmo Boeing como plataforma (o Boeing 707 Phalcon).

Boing 707 Phalcon
O sistema de detección deste avión baséase en catro sensores, que inician unha busca activa cando un deles atopa algo. Israel conseguiu, ao chegar á terceira xeración, un sistema moito máis compacto, que puido ser instalado nun Gulstream 550 CAEW, co que tamén se gañou moito en autonomía.

Gulfstream G550 CAEW
O sistema Phalcon emprega, no canto dun radar móbil, o sistema AESA (Active Electronically Scanned Array ou Matriz Activa Escaneada Electronicamente), que elimina o radar xiratorio. O seu modo de operación consiste en empregar frecuencias pseudoaleatorias, cunha taxa de escaneo moi curta que os fai practicamente indetectábeis.

Permiten ademais rastrexar até 100 obxetivos situados nun radio de 370 Km simultaneamente, cunha actualización cada 2 segundos.

11 abr 2011

Historia dos AWACS

O acrónimo AWACS significa Airborne Warning And Control System (Sistema de Alerta e Control Aerotransportado) e é un sistema móbil de radar para a detección de aeronaves, integrado nun avión que se despraza. Malia todo, nos últimos tempos, o termo AWACS emprégase metonimicamente para definir un modelo de avión dotado deste sistema, o Boing E-3 Sentry, moi empregado polo exército dos Estados Unidos de América.

Boing E-3 Sentry
A historia deste sistema de radar remóntase aos albores da II Guerra Mundial, cando o exército británico experimentou cun primitivo sistema de radar transportábel en avión, consistente nunha antena xiratoria para protexerse dos ataques da aviación alemá, pero non sería até 1944 cando o exército americano fixaría os seus esforzos nesta materia, poñendo en marcha o Proxecto Cadillac.

Este proxecto constaría de dúas seccións, unha aérea e outra destinada aos portaavións. A flota aérea encargaríase de mover os radares (inicialmente empregouse o modelo APS-20) pola zona a estudo e establecer comunicación coa base (o barco), onde se analizaría a a imaxe de radar retransmidada pola unidade aérea.

TMB-3 Aveger
Para ilo empregaríase un TMB-3 Aveger, por ser a única aeronave capaz de aterrar nun portaavións e ser o suficientemente grande como para albergar no seu interior todo o equipamente necesario.

En canto ao radar, contaba cunha potencia de pico de saida de 1 megawattio. O deseño resultou ser moi preciso e robusto, o que fixo que, con pequenas variacións, este sistema fose empregado até a decada dos 60.

Na seguinte imaxe podemos ver o esquema do proxecto:


Mentres que na seguinte imaxe podemos ver a distribución interna do avión:


Na actualidade, o modelo de aeronave máis empregado é o Boing E-3 Sentry (primeira imaxe), construído a partires da modificación do avión comercial Boing 707, ao que se lle engadiu un radar xiratorio externo e o sistema de repostaxe en pleno voo, xunto con outras modificacións que teñen que ver coa seguridade a bordo. Fixéronse un total de 68 avións, cuxa produción rematou en 1992 e, polo de agora, só un está fóra de servizo por un accidente.

Imaxe do Boing E-3 Sentry da OTAN acidentado
Este avión está capacitado para recoller información ampliada do campo de batalla, incluíndo por suposto posicionamento e seguimento das aeronaves e buques ou avións enemigos. Dispón de xeradores eléctricos capaces de suministrar até un megawattio de enerxía, requerida polos radares e outros dispositivos electrónicos. Acada distancias de até 400 km para obxetivos  baixa altitude, e uns 650 km para eronaves que se desprazan a grandes altittudes.

Na LDK de mañá, veremos máis información sobre este tipo de sistemas de radar.

Fontes: