11 abr 2011

Historia dos AWACS

O acrónimo AWACS significa Airborne Warning And Control System (Sistema de Alerta e Control Aerotransportado) e é un sistema móbil de radar para a detección de aeronaves, integrado nun avión que se despraza. Malia todo, nos últimos tempos, o termo AWACS emprégase metonimicamente para definir un modelo de avión dotado deste sistema, o Boing E-3 Sentry, moi empregado polo exército dos Estados Unidos de América.

Boing E-3 Sentry
A historia deste sistema de radar remóntase aos albores da II Guerra Mundial, cando o exército británico experimentou cun primitivo sistema de radar transportábel en avión, consistente nunha antena xiratoria para protexerse dos ataques da aviación alemá, pero non sería até 1944 cando o exército americano fixaría os seus esforzos nesta materia, poñendo en marcha o Proxecto Cadillac.

Este proxecto constaría de dúas seccións, unha aérea e outra destinada aos portaavións. A flota aérea encargaríase de mover os radares (inicialmente empregouse o modelo APS-20) pola zona a estudo e establecer comunicación coa base (o barco), onde se analizaría a a imaxe de radar retransmidada pola unidade aérea.

TMB-3 Aveger
Para ilo empregaríase un TMB-3 Aveger, por ser a única aeronave capaz de aterrar nun portaavións e ser o suficientemente grande como para albergar no seu interior todo o equipamente necesario.

En canto ao radar, contaba cunha potencia de pico de saida de 1 megawattio. O deseño resultou ser moi preciso e robusto, o que fixo que, con pequenas variacións, este sistema fose empregado até a decada dos 60.

Na seguinte imaxe podemos ver o esquema do proxecto:


Mentres que na seguinte imaxe podemos ver a distribución interna do avión:


Na actualidade, o modelo de aeronave máis empregado é o Boing E-3 Sentry (primeira imaxe), construído a partires da modificación do avión comercial Boing 707, ao que se lle engadiu un radar xiratorio externo e o sistema de repostaxe en pleno voo, xunto con outras modificacións que teñen que ver coa seguridade a bordo. Fixéronse un total de 68 avións, cuxa produción rematou en 1992 e, polo de agora, só un está fóra de servizo por un accidente.

Imaxe do Boing E-3 Sentry da OTAN acidentado
Este avión está capacitado para recoller información ampliada do campo de batalla, incluíndo por suposto posicionamento e seguimento das aeronaves e buques ou avións enemigos. Dispón de xeradores eléctricos capaces de suministrar até un megawattio de enerxía, requerida polos radares e outros dispositivos electrónicos. Acada distancias de até 400 km para obxetivos  baixa altitude, e uns 650 km para eronaves que se desprazan a grandes altittudes.

Na LDK de mañá, veremos máis información sobre este tipo de sistemas de radar.

Fontes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario