Rematamos unha semana cunha malla un chisco escasa pero non por iso menos interesante. Nela tivemos novas dun descubrimento que, de confirmarse, suporía un dos máis importantes descubrimentos arqueolóxicos do que levamos de século: Descubren a tumba de Safo, poeta grega do s. VI a.C.
Tamén atopamos unha pequena explicación do que é o anumerismo, a incapacidade en distintos grados de defenderse dentro do mundo matemático cotián. Unha limitación que fai que sexamos vítimas de diversos timos ou de estatísticas falseadas por non pararse a pensar e empregar a simple lóxica.
Tamén atopamos un pequeno argumento en contra da homeopatía por Richard Dawkins, un divulgador británico enfrontado con todo tipo de pseudociencias coma a propia homeopatía, a astroloxía, o creacionismo, etc.
E para finalizar, a división inglesa de Vodafone vén de elaborar un vídeo sobre a evolución dos terminais de telefonía móbil facendo uso do 3D Projection Mapping (ou vídeo Mapping), o resultado é este fabuloso traballo.
[Edición a 12 de abril: A nova da descuberta da tumba de Safo resultou ser unha broma que crimos tanto as nosas fontes como nós mesmos. Máis información aquí.]

No hay comentarios:
Publicar un comentario