A carta de Smith, tamén coñecida como 'ábaco de Smith', é un diagrama que representa graficamente no plano do coeficiente de reflexión a resistencia e a reactancia normalizados, axudando a calcular diversos parámetros das liñas de transmisión e a resolver moitos problemas de adaptación de impedancias.
Dispón de diversos círculos que representan cousas diferentes: de resistencia constante, de reactancia constante, de onda estacionaria constante, así como tamén curvas radiais que representan os lugares xeométricos de desfase dunha liña de valor constante.
A súa orixe remóntase ao 1939, cando Phillip Hagar Smith traballando en Bell viu a necesidade de creala como ferramenta auxiliar para poder representar dun xeito gráfico as relacións matemáticas. Nun primeiro momento a carta tivo un deseño rectangular, que foi descartado debido á gran limitación de datos que permitía, o que fixo que Smith se esforzase nun novo modelo, o que coñecemos hoxe en día.
En vindeiras entradas veremos como construír unha Carta de Smith e como usala.

No hay comentarios:
Publicar un comentario