Un dos puntos críticos que ten que pasar toda persoa que prepara un traballo científico ou académico chega á hora de presentar as citas e referencias empregadas durante a preparación do traballo. Con este post queremos comezar unha pequena serie onde tratar algúns dos estilos de citación e edición de referencias bibliográficas máis importantes, tentando explicalos do xeito máis básico posible.
En calquera caso, cómpre lembrar antes de comezar que os estilos de citación son meras guías que podemos seguir ou non, e que en moito casos podemos (ou incluso somos obrigados a) modificar. O principio que debe seguir a nosa escrita é a rigorosidade e a sistematicidade, tendo en conta tamén que sempre se deben de seguir as indicacións da institución ou editora correspondente á hora de escribir un traballo.
O APA Style
O primeiro estilo que imos explicar é o APA Style, o estilo da American Psychological Association. O APA Style úsase nas ciencias sociais e do comportamento, nomeadamente na Psicoloxía, a Antropoloxía ou as Ciencias da Educación; ademais de na Lingüística Xeral. A súa guía, o Publication Manual of the American Psychological Association apareceu por vez primeira en 1929, sendo a versión máis recente a sexta edición, que apareceu en 2009.
O APA Style marca unhas directrices que sobardan o campo que tratamos neste post, o das citas e as referencias. Así, este estilo marca a presenza dunha serie de partes que terán que estar presentes no traballo, a saber:
En calquera caso, cómpre lembrar antes de comezar que os estilos de citación son meras guías que podemos seguir ou non, e que en moito casos podemos (ou incluso somos obrigados a) modificar. O principio que debe seguir a nosa escrita é a rigorosidade e a sistematicidade, tendo en conta tamén que sempre se deben de seguir as indicacións da institución ou editora correspondente á hora de escribir un traballo.
O APA Style
O primeiro estilo que imos explicar é o APA Style, o estilo da American Psychological Association. O APA Style úsase nas ciencias sociais e do comportamento, nomeadamente na Psicoloxía, a Antropoloxía ou as Ciencias da Educación; ademais de na Lingüística Xeral. A súa guía, o Publication Manual of the American Psychological Association apareceu por vez primeira en 1929, sendo a versión máis recente a sexta edición, que apareceu en 2009.
O APA Style marca unhas directrices que sobardan o campo que tratamos neste post, o das citas e as referencias. Así, este estilo marca a presenza dunha serie de partes que terán que estar presentes no traballo, a saber:
- Páxina do título
- Abstract
- Texto (corpo do traballo)
- Referencias
- Notas ao pé
- Taboas (cada unha nunha páxina)
- Imaxes e diagramas (cada unha nunha páxina)
- Apéndices (se os houber)
Cada unha delas ten tamén unha serie de normas que tratan aspectos coma o tamaño das marxes, o tipo de letra, o formato dos encabezados, etc.; así como outros aspectos máis éticos relativos aos dereitos de autor, á imparcialidade e ao uso "aséptico" da linguaxe.
Citas no texto.
O recoñecemento da autoría allea das ideas nas que se basea o traballo que escribirmos ou das palabras que citarmos é básico para evitar casos de plaxio involuntario. Para isto, hanse de referenciar sempre no corpo do texto tanto aquelas palabras doutros autores que esteamos citando como aquelas ideas relevantes para o noso traballo que non sexan de autoría propia.
Se facermos unha cita textual, está poderá ficar inserida dentro do parágrafo do texto, entre comiñas, se non supera as 40 palabras de extensión. No caso de as superar ou de ser unha cita de máis dun parágrafo, será separada do resto do texto e presentada cunha sangría maior da habitual.
As referencias no texto úsanse para referenciar a autoría ou tratamento alleo de ideas ou conceptos tratados no texto pero que non chegan a constituír unha cita. As referencias no texto seguen as seguintes directrices no APA Style, que tamén valen para as citas textuais, tendo en conta que neste caso será necesario inserir tamén a páxina ou páxinas das que tomemos o texto citado:
Obra dun autor: (Apelido do autor,1 ano)
Obra de dous autores: (Apelido do autor & Apelido do autor, ano)
Obra de 3-5 autores, 1ª cita: (Apelido do autor, Apelido do autor, [...] & Apelido do autor, ano)
Obra de 3-5 autores, subsecuentes citas: (Apelido do 1º autor et al., ano)
Obra de 6 autores: (Apelido do 1º autor et al., ano)
Obras sen asinar: ("Título do artigo"/Título do libro, ano)
Hai que ter en conta que se a totalidade ou parte desta referencia forma parte da estrutura sintáctica non será necesario incluíla entre parénteses. Exemplos:
Como Autor ilustrou (ano)...
En ano, un importante estudo (Autor & Autor)...
En ano o importante estudo de Autor...
A lista de referencias bibliográficas.
Como é ben sabido, toda referencia feita no texto debe aparecer ao final da obra na lista de referencias bibliográficas. A lista de referencias debe estar ordenada alfabeticamente polo apelido do autor, e dentro de obras dun mesmo autor estas deben ser ordenadas pola data de publicación, sexa esta directa ou inversa. Hai que sinalar tamén que, no caso das referencias de documentos electrónicos, o APA Style dá prioridade aos doi's sobre as URLs, polo que, de ter doi o documento, será este o dato que debemos expresar para amosar o lugar onde obtivemos a información.
Seguindo o APA Style, debemos seguir as seguintes normas á hora de presentar a nosa lista de referencias bibliográficas:
Artigo nunha revista:
Autor2. (Ano). Título do artigo. Título da revista, número da revista, páxinas.Artigo sen autor (editorial, etc.) nunha revista:
Título do artigo. (Ano/data completa). Título da revista, número da revista, páxinas.Carta ao director dun xornal:
Autor. (Data completa). Título da carta (Carta ao director). Nome do xornal, p. páxina.Libro:
Autor. (Ano). Título do libro. Cidade: Editora.Libro editado:
Autor. (Ed.). (Ano). Título do libro. Cidade: Editora.Libro dunha edición distinta á primeira:
Autor. (Ano). Título do libro (Número de edición). Cidade: Editora.Capítulo dun libro:
Autor. (Ano). Título do capítulo. En Autor (Ed.), Título do libro (pp. páxinas). Cidade: Editora.Artigo nunha revista impresa tomado de internet:
Autor. (Ano). Título do artigo. Título da revista, número da revista, páxinas. Accedido o data, desde URL/doi.Artigo nunha revista publicada só en internet:
Autor. (Ano). Título do artigo. Título da revista, número da revista, identificación do artigo [De existir]. Accedido o data, desde URL/doi.Elemento nunha páxina web:
Autor. (Ano/Data completa). Título do artigo. En Título da páxina web. Accedido o data, desde URL/doi.Páxina web sen autores nin data de publicación:
Título da páxina web. Accedido o data, desde URL/doi.Artigo nunha páxina web sen autores nin data de publicación:
Título do artigo. En Título da páxina web. Accedido o data, desde URL/doi.Comunicacións persoais:
(Autor, comunicación persoal, data completa).Películas:
Director (Director) & Produtor (Produtor). (Ano). Título da película [Película]. Cidade: Distribuidora.
Tamén aquí aplicamos as normas do número de autores como explicamos máis arriba na sección de referencias no texto.
Con isto consideramos que cubrimos as principais posibilidades de elementos a incluír na nosa lista de referencias, se ben o APA Style cubre moitas máis posibilidades, desde audiolibros a teses doutorais, pasando por abstracts e artigos da Wikipedia.
Notas:
1 O estilo de letra e os signos de puntuación que aparecen dentro do texto destacado forman parte do estilo marcado. Así mesmo, o texto que deixamos en negro amosa que ten que ser reproducido textualmente. Os signos de puntuación que son da nosa autoría, coma elisións, etc. aparecen [entre corchetes].
2 O formato que marca o APA Style na lista de referencias é:
Apelido, Inicial/Iniciais.Porén, hoxe en día, e despois dunha campaña da crítica feminista na que solicitaba que se amosa o nome para amosar a feminidade das autoras, moitas veces aparece o seguinte formato:
Apelido, NomeCompleto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario