Para comezar a explicar por que voan os avións, é preciso mostrar as 4 forzas principais que lles afectan cando están no aire. Horizontalmente, por unha banda temos o empuxe, a forza que fai que o avión avance, e pola outra o arrastre, a que se opón a este avance; ademais verticalmente temos a sustentación, que é a que mantén o avión voando, e o peso, que é a forza coa que a terra o atrae.
En moitos sitios, e tradicionalmente, explícase que os avións voan por un deseño especial da á, que crea unha depresión na parte superior da mesma e provoca a forza ascensional, mais isto non é totalmente certo, xa que se voase debido a este efecto, sería imposible que un avión voase boca abaixo e, por tanto, a seguinte manobra non se podería realizar:
En realidade, a sustentación do avión prodúcese grazas ao downwash, é dicir, á cantidade de aire que desprazan as ás cara abaixo. Un avión, a unha velocidade próxima ao Match1, podería desprazar miles de toneladas por segundo, e todas esas toneladas de aire desprazado producen, debido á Terceira lei do movemento de Newton, unha forza de sustentación capaz de facelo voar.
Imaxe e información sacadas de La pizarra de Yuri, se queres ampliar a información, é recomendable entrar nel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario