Hai algúns mesess explicamos que era iso da tecnoloxía NFC. Hoxe queremos deixarvos un vídeo - en inglés - no que se nos explica que podemos facer con ela.
Mostrando entradas con la etiqueta tecnoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tecnoloxía. Mostrar todas las entradas
2 feb 2012
16 may 2011
Que podemos facer coa tecnoloxía NFC?
Temos falado, sobre todo en Mallando no Android, da tecnoloxía NFC (Near Field Communication), cada vez máis presente nos dispositivos electrónicos como os smartphones. Pero, que é realmente a tecnoloxía NFC? Que podemos facer con ela?
A tecnoloxía NFC é un sistema de comunicación de curto alcance (é capaz de transmitir en distancias de arredor de 10 cm) e a alta frecuencia, na banda dos 13,56 MHz, polo que non é preciso contar con autorización para a súa utilización. Derivan dos RFID, dos que xa falaramos en Mallando hai algún tempo.
A súa taxa de transferencia é bastante baixa, da orde dos 424 kbits/s, polo que o seu uso non está orientado á transmisión de arquivos (fotos, vídeos...), senón á identificación e validación.
Dispón de dous modos de funcionamento:
- Activo: os dous equipos implicados na transmisión xeran un campo electromagnético para intercambiar datos.
- Pasivo: só un dos equipos xera un campo e o outro aprovéitase deste para intercambiar a información.
Ao chip pódeselle inserir información para poder facer pagos ou identificarse, polo que nese eido é onde están as utilidades máis obvias, pero tamén os esforzos pola seguridade da transmisión, entrando en xogo o protocolo SSL.
- Identificación: pensemos en empresas nas que existe algún sistema de control de acceso, con tan só achegar o móbil poderíamos acceder ao recinto, sen necesidade de cargar con tarxetas de acceso separadas.
- Pagos. É a aplicación que pode ter unha incidencia máis directa no día a día da xente, como pode ser o pagamento en servizos de transporte urbano.
- Recolilida de datos. Pódense poñer etiquetas RFID a cousas (por exemplo, nun cartel) e que ao achegar o móbil podamos obter información detallada (información turística, horarios...)
En España existen varias experiencias piloto, como as de Telefónica no acceso do seu persoal ao Distrito C. Ademais, en varias cidades como Sitges estanse a facer probas como método de pago no transporte e noutros establecementos, con 1500 usuarios adheridos ao programa e 500 comercios e servizos.
Doutra banda, a comezos de marzo deste ano, Vodafone, Movistar e Orange acordaron establecer un estándar común para a realización de pagos de xeito sinxelo co móbil por achegamento ao receptor.
Etiquetas:
radio,
tecnoloxía
31 dic 2010
A Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT)
A Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT) é a organización dependente da Organización das Nacións Unidas (ONU) que ten como función exercer de organismo regulador das tecnoloxías da información e da comunicación a nível mundial.
A súa fundación remóntase a 1865, o que fai que sexa o organismo máis antigo dos que forman a ONU. Na actualidade, participan da UIT 192 Estados e máis de 700 membros do sector das telecomunicacións (membros e asociados) e a súa sede está en Xenebra (Suíza).
Así mesmo, a UIT está composta de 3 sectores diferenciados:
UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antigamente CCITT)
UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antigamente CCIR)
UIT-D: Sector de Desenvolvemento das Telecomunicacións da UIT
O obxetivo do terceiro sector é o desenvolvemeneto do dereito á comunicación de todos os habitantes do paneta a través do acceso aos servizos de infrestrutura e a información e a comunicación.
O seu traballo baséase en propór iniciativas para reducir a denominada fenda dixital, promover a extensión das TIC, e colaborar cos países para conseguir financiamento para obter recursos técnicos e humanos para crear redes de telecomunicacións.
Para máis información pódese visitar a web da ITU.
UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antigamente CCITT)
É o sector de normalización por execelencia da UIT, o que máis regulacións pon en marcha e que abranguen dende as redes básicas de comunicacións de voz até os de próxima xeración (por exemplo, os relacionados coa televisión IP ou IPTV).
O traballo da UIT-T tradúcese nunha serie de recomendacións, coñecidas como Recomendacións UIT-T, a meirande parte delas de obrigado cumprimento. Trátase dun traballo é esencial, xa que non tería sentido algún ter sistemas de comunicación nos que emisor e receptor funcionasen de xeito diferente.
Entre as prioridades da UIT-T están o desenvolvemento de aplicacións TIC para países en vías de desenvolvemento e a interoperabilidade das redes de próxima xeración (Next Generation Networks ou NGN), a seguridade das TIC e o seu impacto no cambio climático.
UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antigamente CCIR)
O espectro radioeléctrico é un ben prezado, dado que dunha banda é un ben finito e por outra porque as telecomunicacións pasan a día de hoxe por solucións en mobilidade. Neste sentido, a UIT-R encárgase da xestión global de frecuencias radioeléctricas (telefonía móbil, radiodifusión, sistemas de posicionamento global...) e das órbitas dos satélites.
Mais a UIT-R non só xestiona a que se adica cada porción do espectro radioeléctrico, senón que tamén se esforza en elaborar informes e recomendacións coas características que deben ter os enlaces de radio ou os dispositivos empregados, co fin de garantir unha comunización eficaz e fiábel ante dificultades, como puideran ser as relacionadas con fenómenos meteorolóxicos.
Outros aspectos, como o lanzamento de novos satélites de telecomunicacións, tamén deben contar coa disposición favorábel da UIT-R, que se encargará de definir as frecuencias que lle asigna.
UIT-D: Sector de Desenvolvemento das Telecomunicacións da UIT
O obxetivo do terceiro sector é o desenvolvemeneto do dereito á comunicación de todos os habitantes do paneta a través do acceso aos servizos de infrestrutura e a información e a comunicación.
O seu traballo baséase en propór iniciativas para reducir a denominada fenda dixital, promover a extensión das TIC, e colaborar cos países para conseguir financiamento para obter recursos técnicos e humanos para crear redes de telecomunicacións.
Para máis información pódese visitar a web da ITU.
Etiquetas:
COMUNICACIÓNS,
lexislación,
tecnoloxía
4 dic 2010
LDK 67: Sistemas de identificación por radiofrecuencia (RFID)
RFID son as siglas de Radio Frequency IDentification (Identificación por radiofrecuencia). Trátase dun sistema de almacenamento con opcións de lectura/escritura, que ten como obxectivo identificar un obxecto por radiofrecuencia, no marco das tecnoloxías AutoID (Automatic IDentification).
Tipos
Distínguense 2 tipos, activos e pasivos:
- Pasivos. A súa principal característica é que non posúe alimentación eléctrica propia, senón que é o propio lector o que lle induce unha corrente eléctrica abondo para facer operar e producir unha resposta. Poden usarse en distancias que van dos 10 cm aos poucos metros, segundo a frecuencia de uso e deseño. Ademais, ao non contar coa fonte de enerxía propia poden introducirse en pegatinas ou usarse baixo a pel.
- Activos: os sisteas RFID activos posúen a súa propia fonte de enerxía, baterías que poden durar anos. Isto permítelles propagar os sinais aos lectores. Son moito máis fiábeis, e eficientes, puidendo traballar en entornos complicados, como a auga ou metais. Acadan distancias do rango de varios centos de metros.
Exemplos de uso:
- Pagos (autobuses, telepeaxes...).
- Identificación áxil de persoas ou animais.
- Historial clínico áxil ou notas 'electrónicas'.
- Identificación de produtos, materiais, roupa... e as súas características.
- Sistemas de aviso por proximidade en vehículos
Fontes
Etiquetas:
LDK,
radio,
tecnoloxía
13 nov 2010
LDK 58: Audímetros
O mundo da televisión móvese baixo a batuta da guerra das audiencias, a loita das canles por ver quen é capaz de ter máis espectadores, o que lle pode reverter en maiores ingresos por publicidade.
Para medir as audiencias existen uns aparellos chamados audímetros, cuxa existencia tense posto en dúbida por algúns sectores. Podemos afirmar que existen e que o único que fan é almacenar datos do visionado da televisión. Quen ve a tele, que ve e cando o ve.
Onde están?
Os audímetros repárteos a única empresa adicada a medir as audiencias (no caso español Sofres) a un grupo estatisticamente representativo da sociedade. Non existe a posibilidade de apuntarse para facer o estudo e os 'elixidos', persoas anónimas, reciben puntos que poden canxear por agasallos.
Calcúlase que hai arredor de 4.000 fogares con estes aparellos, habitados por unhas 9.000 persoas. Os datos dos seus hábitos extrapólanse aos 45 millóns de españois.
Como funcionan?
Os audímetros contan cun mando cun botón asignado a cada membro da familia. Cada vez que un acende a tele, ten que dicir quen é. No caso de que haxa convidados, haberá que seleccionalo no mando.
Ao longo do día, o aparello memoriza todos os datos minuto a minuto, sabendo que ves, se fas zapping, etc. Ao final do día envía os datos ben por vía telefónica ou GSM.
Videodocumental de 10 minutos sobre os audímetros:
Webgrafía: ¿Como funcionan los audímetros?
Fonte do vídeo: Repenicante
Etiquetas:
LDK,
tecnoloxía,
televisión
6 nov 2010
Blu:sens web:tv. Todo o multimedia do fogar nun único aparello "made in Galicia"
Xa falamos no noso blogue da GoogleTV, a aposta do xigante tecnolóxico por facerse un oco no mundo da televisión conectada a Internet. Mais non hai que ir moi lonxe para atopar opcións semellantes que nada teñen que envexar á aposta de Google. Falamos do novo produto da empresa galega Blu:sens, a web:tv.
Trátase dun dispositivo de reducidas dimensións (cabe na palma da man) co que se poderemos desfrutar de todo o contido multimedia do fogar xestionado por un único aparello.
Entre as súas funcións están:
- Internet na televisión: navegación web, correo electrónico, widgets...
- Videoclub online: acceso a un longo catálogo de filmes cuxo prezo máximo é de 2,99 € en www.blusens.tv
- Reprodutor de alta definición.
- Decodificador de TDT de alta definición, para desfrutar de todo o que ofrece a Televisión Dixital Terrestre.
- Gravación de TDT por USB (carece de disco duro interno).
- Internet TV/ Internet Radio: acceso a un longo catálogo de canles que retransmiten por Internet dende un menú por países, ou ben accedendo dende Internet.
- Conectividade IP por Ethernet/WiFi, para metelo na nosa rede doméstica.
- Actualización de firmware online.
- API libre para programación de aplicacións
Ademais, na súa función de reprodutor, atopamos que é capaz de ler case todo:
- Vídeo: AVI, MPEG, VOB, MKV, MP4, MOV, ASF, MPEG ES/PS/TS/M2TS e WMV.
- Audio: MP3, WMA, WAV e MKA.
- Imaxes: JPG, JPEG, GIF, BMP e PNG.
- Subtítulos: SRT, SSA/ASS, SUB, SMI
Imaxe do menú de Internet
Imaxe do menú de TDT
Etiquetas:
internet,
tecnoloxía,
televisión
14 oct 2010
Mallando Eventos. SIMO Network 2010 (VI): Opentrad, Lleida.net e Workscreen
Na entrada de hoxe analizaremos tres empresas, cuxos proxectos nos pareceron ben interesantes: Opentrad, Llleida.net e Workscreen.
Opentrad
Opentrad é unha plataforma de servizos de tradución automática en código aberto, capaz de traducir entre máis de 20 pares de idiomas, entre eles o galego.
Permite traducir textos, documentos e navegar por Internet en diferentes idiomas, alén de achegar unha ferramenta para páxinas empresarias ou blogues multilingües.
Ten a vantaxe de ser configurábel e adaptábel ás necesidades do cliente, pensado en termos de software libre, o que optimiza a inversión tecnolóxica ao non ter que mercar licenzas.
Diego Vázquez (esquerda) e Ibon Aizpurua no stand de Opentrad en SIMO Network 2010
Durante SIMO, puidemos falar con Ibon Aizpurua (@epiola) , de Ingeniaritza Eleka linguistikoa, e Diego Vázquez, de Imaxin Software. Con este último, gravamos unha pequena entrevista:
Lleida.net
Lleida.net (lembrádesvos de IRC?) é a primeira operadora de SMS, líder no sector das mensaxes curtas e multimedia. Leva máis de 12 anos adicándose a este sector e a día de hoxe efectúase a través da súa rede máis de un millón de transacións diarias para o envío e recepción de SMS.
Entre os seus clientes están as Administracións públicas, os partidos políticos, medios de comunicación, PEMES e grandes empresas de multitude de sectores.
Foron a SIMO presentando as MMS Certificadas, un servizo que permite certificar en minutos algún suceso, aforrando papeleo e custos. Un uso posíbel é o dos partes de accidente. Neste sentido, dende o lugar do suceso poderíase sacar unha foto co móbil e enviar o parte por MMS á aseguradora, axilizando trámites.
Falamos con Manuel Ruíz, Director de Atención ao Cliente de Lleida.net
Workscreen
Workscreen presentou en SIMO un novo catálogo de pizarras dixitais, que pretenden popularizar nun entorno corporativo, logo do seu éxito na educación, onde Galiza destaca no uso das mesmas. Falamos con Juan, quen nos fixo unha demostración do que podemos facer con elas.
Etiquetas:
entrevistas,
EVENTOS,
INFORMÁTICA,
simo network,
software,
tecnoloxía
17 sept 2010
EDGE
GSM, GPRS, 3G, 4G... todas elas son tecnoloxías de telefonía móbil que se empregan hoxe en día e ás que xa estamos afeitos. Sen embargo, hai outras tecnoloxías intermedias menos coñecidas no noso país, pero que existen e é moi probábel que as teñamos usado algunha vez, como EDGE.
EDGE vén de Enhanced Data rates for GSM Evolution, ou Taxas de Datos Melloradas para a Evolución do GSM. Esta tecnoloxía tamén se coñece ás veces como EGPRS (Enhanced GPRS), xa que vén a ser unha tecnoloxía-ponte entre o GPRS e 3G.
Por que se usa esta tecnoloxía?
Pois a resposta é sinxela: porque ten moitas vantaxes, entre as que destacan:
- Despregamento sinxelo e económico: EDGE é totalmente compatíbel con GPRS, polo que o seu despregamento faise en base a esta tecnoloxía. Deste xeito, o operador propietario das estacións base (antenas) só ten que facer unha sinxela actualización nas mesmas, consistente en instalar transceptores compatíbeis con EDGE.
- Maior velocidade: quizáis sexa a principal vantaxe para o usuario. Permite velocidades de até 384 Kbps, abonda para vídeo en streaming (con calidade reducida, todo hai que dicilo).
- Sempre conectado: proporcionan unha conexión constante, o que permite gozar de servizos de actualización reiterada (correo electrónico, servizos push...); ademais, é compatíbel con manter unha chamada ao mesmo tempo.
- Gran compatibilidade intertecnolóxica: como é compatíbel con outras tecnoloxías, non interfire no despregamento doutras redes, como as 3G.
- Calidade de Servizo (QoS). EDGE dispón de moitos mecanismos que garanten a calidade de servizo, facendo que cada cliente reciba en todo momento a cantidade axeitada de ancho de banda.
Entre as desvantaxes poderíamos citar que obriga a ter un terminal compatíbel con esta tecnoloxía, é dicir, que dispoña do software axeitado para facer a codificación/decodificación, mais a día de hoxe case todos o son.
Nas últimas semanas, Orange anunciou que melloraría parte da súa rede implementando esta tecnoloxía, para acadar maiores velocidades aló onde inda non chega a súa rede 3G.
Etiquetas:
COMUNICACIÓNS,
mobilidade,
tecnoloxía
14 ago 2010
LDK 19: Como funcionan as memorias USB
As memorias USB foron inventadas en 1998 por IBM, como unha evolución dos famosos disquetes, superándoos en capacidade, menor tamaño e seguridade. Permiten a almacenaxe de datos durante uns 10 anos e reescribirse máis dun millón de veces.
No interior das memorias USB distínguense 3 prezas fundamentais: un cristal de cuarzo e 2 circuítos integrados planos (ou chips) con moitos termiais, un dos cales é un microprocesador e o outro a memoria en si. O chip de memoria é de tipo flash, é dicir, os datos almacénanse de forma eléctrica grazas a contar con microcondensadores, e non de xeito mecánico (con partes móbiles, discos e bobinas) coma noutros discos de datos (discos duros).
Os condensadores están formados por 2 condutores separados por un illante ao que se lle pode aplicar unha voltaxe paa xerar un campo eléctrico. Deste xeito, para gardar información nunha memoria USB cárgase eléctricamente os condensadores correspondentes. Ademais, para ler sen eliminar (non modificar a carga dos condensadores) úsanse FET's (transistores de efecto campo), que actúan como interruptores.
Etiquetas:
ELECTRÓNICA,
LDK,
tecnoloxía
11 ago 2010
O futuro da invisibilidade
Quen non soñou algunha vez con facerse invisíbel?
"Dende o comezo da historia escrita,
as persoas que se atoparon soas nunha noite procelosa,
sentíronse atemorizadas polos espíritos invisíbeis dos mortos,
as almas dos desaparecidos hai tempo,
que observan na escuridade"
Michio Kaku. Física de lo imposible
Até hai ben pouco tempo, falar de invisibilidade era falar do imposíbel, rachar con toda a física coñecida, mais iso está a cambiar. Estanse a desenvolver técnicas que estudan como manexar a luz para facernos invisíbeis.
Falar de luz, implica falar das ecuacións de Maxwell (Edimburgo, 13 de xuño de 1831 - Cambridge, 5 de novembro de 1879), as cales demostran que a luz (como tamén a electricidade e o magnetismo) é unha manifestación dos campos magnéticos. Afondando nesta idea, Maxwell formulouse unha pregunta: se os campos magnéticos poden converterse en campos eléctricos e estes en magnéticos... que ocurre se se están convertindo uns noutros nunha pauta inacabábel?
Axiña achou a resposta: creábase unha onda moi parecida ás do mar, cuxa velocidade era practicamente a mesma cá da luz. Este descubrimento levouno a escribir que "esta velocidade é tan próxima á da luz que parece que temos unha moi boa razón para concluír que a propia luz é unha perturbación electromagnética".
A súa teoría explica moitas razóns da óptica. Tense que nos materiais sólidos, os átomos están fortemente ligados, mentres que nos líquidos e gases as moléculas están moito máis separadas. Isto explica que a meirande parte dos sólidos sexan opacos, mentres que moitos líquidos (alcol, auga, amoníaco) son totalmente transparentes.
E como podemos facer que un sólido sexa invisíbel? Grazas aos metamateriais. Os metamateriais son substancias que teñen unhas propiedades ópticas que non se atopan na natureza e que se crean nos laboratorios, introducindo nunha substancia uns implantes que obrigan ás ondas electromagnéticas a curvarse de xeitos especiais (antinatura).
Así, por exemplo, científicos da Duke University insertaron minúsculos circuítos eléctricos dispostos en círculos concéntricos sobre bandas de cobre, co que conseguiron curvar e canalizar a radiación lumínica de xeito controlado, facendo invisíbel (agás por unha leve sombra) un anel.
Capa de invisibilidade feita en Xapón
Doutra banda, no Xapón, tense conseguido a 'capa invisíbel'. Se ben é certo que é bastante básica e non proporciona unha invisibilidade 'total', é un punto de partida para outra liña investigatoria. Trátase dunha capa feita de material retroreflexivo que está cuberta de pequenas fibras que reflexan a luz. Ademais, conta con cámaras que proxectan o que está detrás de quen leva posta a capa por diante e viceversa.
Estableceuse que para conseguir que a capa funcione á perfección sería preciso contar con 6 cámaras estereoscópicas, estar cuberta por 11,6 millóns de hiperpíxeles e controlada por un computador superrápido, alimentado por unha fonte situada na propia capa.
Malia estes avances, crese que as liñas a investigar do futuro van máis polo camiño do control absoluto do índice de refracción, facendo que a luz arrodee o obxecto en cuestión, facéndoo invisíbel. Isto implica obter un índice de refracción negativo, algo que xa conseguiron na práctica Costas Soukouilis (Laboratorio Ames, Iowa) e Stefan Linden, Martin Wegener e Gunnar Dolling (Universität Karlsruhe, Alemaña) para luz vermella.
Será posíbel nun futuro próximo a comercialización destas tecnoloxías?
[Vídeo demostrativo]:
[Fonte]: Michio Kaku, Física de lo imposible. Capítulo "Invisibilidad"
Etiquetas:
física,
tecnoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
