A arquitectura bioclimática é aquela na que o deseño se realiza tendo en consideración o entorno no que se vai ubicar a edificación, analizando os seus condicionantes climáticos, a orientación, os ventos ou a humidade entre outros factores, para aproveitar ao máximo as súas virtudes e aos que engadindo unha boa selección dos materiais permitirá executar unha edificación cun alto grao de confort interior e que trata de reducir o seu consumo enerxético á mínima expresión.
É un concepto aplicable a todos os estilos e elementos arquitectónicos, que sen deixar de lado requerimentos estéticos e funcionais posúe como puntos fortes o respecto co medio ambiente, a sensibilidade ao impacto que provoca sobre a natureza e a redución dos índices de contaminación ambiental.

Moitos dos principios nos que se basea este concepto existiron sempre e non é difícil atopar características da arquitectura bioclimática en edificacións pertencentes á arquitectura tradicional. Por poñer un exemplo, colocar árbores de folla caduca na fachada sur das edificacións, permite que chegue a esta a maior radiación solar posible no inverno, mentres que no verán a folla limita o paso da luz solar reducindo os seus efectos sobre a fachada.
Para acadar o confort ambiental do que falabamos anteriormente a través do aproveitamento das virtudes do entorno, as seguintes premisas básicas a ter en conta son:

- Reducir tanto como sexa posible a demanda enerxética.
- Control das perdas de enerxía, tratando de que sexan mínimas nos meses de inverno.
- Acadar unha óptima calidade do ambiente interior mediante unhas condicións adecuadas de temperatura, humidade e movemento e calidade do aire.
- Contribuír na medida do posible ao aforro no consumo de combustibles
- Diminuír a emisión de gases contaminantes á atmosfera.
- Ter en conta os efectos do edificio sobre o entorno: substancias que poida desprender, consumos que poidan influír no desenvolvemento sostible do lugar coma o consumo de auga ou outras materias primas por enriba da súa capacidade de renovación.
- Harmonización e funcionalidade de espazos.
A foto anterior pertence á Shell House, gañadora de varios premios de arquitectura, do estudio Artechnic. En artechnic.jp, no apartado Residential, tedes multitude de fotos da edificación, tanto do exterior coma do interior.