31 ago 2010

LDK 26: Formigonado de presas

Unha presa é un muro cuxa finalidade é a de encorar a auga para un posterior aproveitamento da mesma no abastecemento, regadío ou produción de enerxía. Este muro apóiase no leito do río e interrompe o paso da auga para acumulala, feito que dificulta enormemente a súa construción.


Para o formigonado da presa, o que se fai é un desvío do cauce a través dun túnel mediante unha ataguía ou presa provisional realizada con bloques de formigón ou pedra, unha vez finalizada a construción, esta ataguía desaparece, tápase o túnel, e o río volve ao seu cauce ate atopar co encoro.

Se queredes ver este proceso explicado con algo máis de detemento e cun pequeno infográfico, recoméndovos un mini-documental sobre a construción da Presa de Aldeadávila (parte 1, parte 2 e parte 3) nos anos 60. A obra, que foi rematada en 1963, foi no seu día a máis representativa de Europa, e hoxe supón máis do 10% da xeración media hidroeléctrica de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario