Onte introduciamos o sistema AWACS e diciamos que a aeronave máis empregada de base era o Boeing E-3 Sentry. Pero existen outro sistema de radar, o chamado Phalcon radar, elaborado pola industria de Israel e que empregou o mesmo Boeing como plataforma (o Boeing 707 Phalcon).
| Boing 707 Phalcon |
O sistema de detección deste avión baséase en catro sensores, que inician unha busca activa cando un deles atopa algo. Israel conseguiu, ao chegar á terceira xeración, un sistema moito máis compacto, que puido ser instalado nun Gulstream 550 CAEW, co que tamén se gañou moito en autonomía.
| Gulfstream G550 CAEW |
O sistema Phalcon emprega, no canto dun radar móbil, o sistema AESA (Active Electronically Scanned Array ou Matriz Activa Escaneada Electronicamente), que elimina o radar xiratorio. O seu modo de operación consiste en empregar frecuencias pseudoaleatorias, cunha taxa de escaneo moi curta que os fai practicamente indetectábeis.
Permiten ademais rastrexar até 100 obxetivos situados nun radio de 370 Km simultaneamente, cunha actualización cada 2 segundos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario