Tras unha introdución ao servizo de correo e a seu Labs, que se complementou coa explicación da meirande parte da súas opcións de configuración, pechamos con esta entrada a nosa análise de Gmail, na que explicaremos as opcións que poderemos atopar na ventá de General, dentro do menú de configuración.
E que podemos atopar aí? As seguintes características:
- Idioma: Podemos escoller entre 54 idiomas, entre os que se atopan o catalán e o eúskaro, inda que non o galego..
- Tamaño de páxina: É onde decidimos o número máximo de correos e/ou contactos que desexamos ver en cada páxina. Débese ter en conta que un maior número de correos ou contactos implica máis tempo de carga (a ter en conta para conexións excesivamente lentas).
- Combinación de teclas. A meirande parte dos usuarios avanzados en informática adoran o uso de atallos no teclado, que permitan facer as cousas dun xeito moito máis rápido. Neste sentido, Gmail cun extenso catálogo de atallos, que podemos consultar aquí.
- Permiso para amosar contido externo. Se temos activada esta opción amosarásenos no corpo da mensaxe arquivos como imaxes, a xeito de previsualización. Resulta cómodo (para gustos).
- Usar https: A configuración https está pensada para cando accedemos á nosa conta de Google dende equipos vencellados a redes que descoñecemos (por exemplo, unha WiFi pública). Usando sempre https, encriptarase a nosa información e será máis difícil accedera a ela por parte de terceiros.
- Vista de conversación. Trátase quizáis da característica principal de Gmail. Con este servizo activado, as mensaxes e respostas acumularanse, polo que é moito máis doado seguir o fluxo de correo. Esta característica vólvese inda máis útil cando se mantén un intercambio de correos abundante e con múltiples contactos, que de aparecer na nosa bandexa de entrada por separado sería practicamente imposíbel seguir.
- Desfacer envío. Décheslle a enviar un correo a quen non era? Tranquilo, se tes isto activado poderás configurar un tempo durante o cal poderás "desfacer" o envío.
- Sinatura. Neste espazo poderás a sinatura para os teus correos, coa vantaxe de que se tes configuradas múltiples contas, terás ocasión de ter unha sinatura para cada conta de correo.
- Codificación. Gmail emprega múltiples estándares para unha visualización correcta, pero é posíbel que os contactos que teñamos non vexan axeitadamente as nosas mensaxes. Se temos este problema, sería bo que elixíramos Unicode, que é un estándar básico.
E finalmente gustaría de ter visto coousas como a delegación do correo, ou a xestión de eventos e tarefas integrada co Google Calendar, ou a personalización da interface con engadidos no noso navegador.
ResponderEliminarTomamos nota de todas as aportacións achegadas, graciñas!
ResponderEliminar