Ao tentar traducir un texto entre dúas linguas é frecuente atopar unha palabra que non ten unha tradución exacta na outra lingua, ou un concepto que está lexicalizado nunha das dúas linguas mais non na outra. Isto é unha lagoa léxica, a ausencia dunha palabra (ou da distinción entre dúas palabras) nunha lingua particular.
Por exemplo, en inglés non existe a distinción entre os verbos ser e estar que existe en galego. Isto non adoita ser problemático, pois ambos son traducidos como to be, mais no caso dun uso contrastivo:
Outro exemplo, máis relacionado coa diferente categorización da realidade da que falamos neste post, fai referencia aos termos para nomear relacións de parentesco en sueco, noruego e danés. Nestas linguas, cada un dos avós é nomeado cunha palabra diferente, a saber: farmor (avoa paterna), farfar (avó paterno), mormor (avoa materna) e morfar (avó materno). Neste caso o problema sería traducir o noso concepto ao do sueco.
Relacionado coas lagoas léxicas está o fenómeno da "missing inflection", a imposibilidade de producir unha determinada forma flexionada dunha palabra por mor de restricións fonéticas ou ortográficas. Un bo exemplo disto é a forma do imperativo do verbo salirle en español da que falabamos na malla do 13 de febreiro.
As lagoas léxicas ocasionan un problema importante aos tradutores. Ante isto, poden empregar diferentes estratexias:
-Adaptación (tradución a un referente cultural equivalente).
-Uso da palabra a traducir no texto traducido como préstamo.
-Uso dun calco.
-Tradución con compensación (compensación noutros aspectos da tradución para facer notar a información perdida orixinalmente, como na marcación da cortesía mediante escollas léxicas nas linguas nas que non se pode marcar mediante escollas gramaticais).
-Paráfrase (tradución dunha palabra a un grupo de palabras con significado equivalente).
-Uso dunha nota do tradutor nos casos máis complicados.

Eu non estou guapo, eu son guapo.A tradución complícase moito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario