31 ene 2011

Gmail a fondo (I)

Aviso a navegantes, isto non é unha entrada máis falando de Gmail, senón unha análise en profundidade de todo o que dá de si o correo electrónico de Google.

A ninguén se lle escapa hoxe en día que Gmail é o mellor dos mellores servizos de correo electrónico a disposición do público xeral, por riba incluso se servizos de correo electrónico de pagamento. Entre as súas principais características, cómpre que destaquemos as seguintes:
  • Correo electrónico - case - ilimitado. 7,5 GB de correo en continuo aumento (4 bytes por segundo). Outros, como Yahoo, ofrecen correo 'ilimitado'. Na práctica resulta similar, xa que é un tamaño máis ca suficiente para a práctica totalidade da xente. Ademáis, permítese contratar máis espazo, até 25 GB, pensado para solucións empresariais.
  • Sen publicidade (nas mensaxes). Os correos que mandes coa túa conta de Gmail non levarán publicidade de terceiros. Só amosarán o que ti poñas. Esquécete de enviar correos serios nos que debaixo do teu texo apareza algo como Encuentra y vota a los chicos y las chicas más guapas de tu ciudad en talsitio.com!
  • Total personalización.
  • É de balde.
Vista da marxe superior esquerda da conta de Gmail
Feita esta presentación, supoño que para moita xente innecesaria, pasaremos a falar da principal caracterísitca de Gmail: a total personalización.

Pero antes diso, cómpre que falemos de Google Labs para Gmail. Accédese a Google Labs dende a icona dunha probeta situado ao carón de 'Configuracións'. Aí atoparemos un completo abano de características a engadir ao noso Gmail. 

Poderíamos dicir que Google Labs é onde nos atopamos todas esas melloras que Google pretende engadir a Gmail e que están nunha fase beta avanzada.

Estas características mudan co tempo, algunhas porque son incorporadas á versión básica de Gmail e outras porque non acaban de callar entre o público. Resulta interesante acceder de cando en vez para ver que hai de novo polo Labs, sempre se atopan cousas de interese.

Poderíamos clasificar as aplicacións do Labs en dous grupos: as que están pensadas para facilitar e mellorar a experiencia dos servizos de correo e os xogos ou melloras estéticas.

Entre as melloras da experiencia, podemos habilitar as seguintes:
  • Autocompletado da busca: permite acceder máis rápido cando buscamos algo na nosa caixa de correo, ben sexa un contacto ou algún trozo de texto para procurar unha mensaxe.
  • Engadir gadgets de terceiros facilmente: esta opción permite engadir á nosa caixa de correo gadgets non verificados por Google que poden mellorar a nosa experiencia de usuario.
  • Desfacer o envío: esta ferramenta permite que se te equivocas ao enviar un correo (ves un erro moi cantoso, esqueciches dicir algo
  • Etiquetas anidadas
  • Etiquetas anidadas: as etiquetas permiten marcar as mensaxes por asuntos e xa é unha opción nativa de Gmail. As etiquetas anidadas permiten engadir subetiquetas. Crealas é moi doado, primeiro temos que ter a etiqueta raíz e logo crear a subetiqueta. Exemplo: creamos a etiqueta Home. Para crear Kids, teríamos que crear a etiqueta Home/Kids.
  • Google Calendar: permite ter as nosas actividades do Google Calendar nunha aplicación do correo.
  • Insertar imaxes: É unha funcionalidade moi útil se queremos engadir imaxes ao corpo da mensaxe e non como meros arquivos axuntos.
  • Melloras no chat de vídeo: é un parche que permite opcións relacionas co chat de vídeo, como imaxes máis grandes.
  • Responder a todos predefinido: Se adoitas enviar correos a varia xente á vez para tomar decisións, resultarache interesante ter esta opción activada. Así non respondes só ao último en escribir.
  • Actualizar contas POP. Gmail permite a configuración de contas POP, que comprobarán o correo cada certo tempo. Activando isto, temos un botón para comprobar o correo doutras contas cando queiramos.
  • Avance do contido da mensaxe: con esta aplicación, ao facir clic sobre unha mensaxe amósanos unha visión previa do contido, o que permite facernos unha idea de que vai.
  • Botón marcar como lido: nada que dicir...
  • Búsqueda en Google/ Búsqueda en Google Apps: facilidades de procura xeral (Google) ou entre as aplicacións de Google.
  • Teclas personalizadas: programación de teclas coas que poderemos facer un uso máis rápido da caixa de correo.
  • Creación de documentos. Engade un botón para crear documentos en Google Docs.
  • Iconas de verificación de usuario (prevén phishing), recordatorio de usuarios frecuentes, aplicacións para verificar sen abrir se a mensaxe vai dirixida só a ti ou leva máis destinatarios...
  • Tradutor de mensaxes con Google Translate.
  • Respostas predeseñadas: permite aforrar tempo se temos unha serie de mensaxes de resposta habitual.
Melloras estéticas
  • Chat no lado dereito: cuestións de gustos. Por defecto o chat de Google atópase no lado esquerdo, despois de toda a columna de Recibidos/Enviados... se usas moito o chat, pode que che interese telo nun sitio máis visíbel, como a marxe dereita.
  • Green robot: esta aplicación é moi útil para visualizar se os nosos contactos de Android están conectados ao Gtalk (servizo de chat) vía web/programa ou a través do seu teléfono Android. Neste último caso, o "punto" que sinala se están conectados ou non mudará o seu aspecto ao dun robot.
  • Icona de mensaxes non lidas: vale para Chrome e Firefox (últimas versións) e serve para indicarnos na lapela superior o número de mesaxes non lidas. Polo de agora, non funciona de todo correcto, é habitual que quede "colgado".
  • Imaxes de chat: permite decidir se queremos un chat con imaxes dos contactos ou non (só nome).
  • Muted. Agocha ou mostra os correos silenciados, interesante se queremos deixar de recibir, por exemplo, os correos dunha determinada discusión nunha listaxe de distribución da que sexamos membros.
  • Mover columna de icona: por defecto, notificacións con icona como arquivos axuntos, aparecen á dereita do asunto. Activando esta opción, terémolas no lado contrario, á esquerda.
  • Cambio de lugar da sinatura. Por defecto, a túa sinatura quedará ao final da mensaxe. É dicir, se respondes a un correo sen borrar o que che comentaron, a mensaxe quedará: TEXTO DO CORREO + TEXTO ORIXINAL + SINATURA. Se activas esta opción a túa sinatura irá despois de TEXO DO CORREO.
  • Título. Muda o título na pestana: De Gmail - Recibidos (XX) - conta@gmail.com a Recibidos (XX) - Gmail - conta@gmail.com. Interesante se traballamos con varias pestanas e queremos ver cantos correos temos por ler.
  • Superestrelas: as estrelas permiten resaltar certas mensaxes, pero se queremos ter varias cores e iconas para sinalar correos de diferentes prioridades, debemos activar este plugin.
  • Zona horaria do remitente. Pode ser útil para quen se comunique con xente doutras zonas horarias.
  • Emoticonos / Emoticonos usados recentemente. Interesante para que use emoticonos, dos de colorines (inda queda alguén?)
  • Enlaces rápidos: permíteche crear unha columna de ligazóns a Gmail, a cousas que empregues para un acceso rápido.
  • Estilo de texto predeterminado: permite seleccionar o estilo de texto que queremos ter como predifinido ao redactar as mensaxes.
  • Cambios nos formatos das datas.
  • Ocultador de etiquetas.
  • Ocultador de mensaxes non lidas.
  • Xogos como oldsnake ou matematicos
  • Varias bandexas de entrada. Facilítanos a vida se queremos ter varias bandexas de entrada nunha mesma páxina de correo.
  • Vistas previas: do texto da mensaxe, de imaxes, de vídeos de Youtube, de mapas, de Docs, de Yelp...
  • Amosar Gmail en Beta (para os nostálxicos).
Unha vez vistas as posibilidades do Labs de Gmail, na vindeira entrega comprobaremos para que serve todo isto e como sacarlle o máximo partido.

2 comentarios:

  1. Boto un pouco de menos unha descrición conceptual básica do funcionamento de GMail, que incluso os usuarios habituais poden non ter reflexionado.

    Por exemplo sobre os correos que só téñen tres estados (recibido|arquivado|para borrar) ou a estruturación das mensaxes por etiquetas en lugar de cartafoles ou a diferencia entre o acceso POP ou IMAP...

    ResponderEliminar
  2. Do POP/IMAP falouse na segunda parte da análise, http://www.mallando.com/2011/02/gmail-fondo-ii.html

    Do resto tomamos nota para unha posíbel nova entrada. Grazas polo comentario!

    ResponderEliminar