1 feb 2011

LDK 92: O vaso de Jurassic Park

Quen non lembra esta famosísima escena de Jurassic Park?

O T-Rex achégase, pouco a pouco, baixo a choiva, e con cada paso produce unha serie de vibracións que se transmiten aos vasos e producen



Porén, o T-Rex non era de verdade, e na altura non era posible conseguir un efecto tan natural como o da escena. Cal foi a solución?

Segundo nos din tanto a Wikipedia como IMDB, ademais do documental Behind the Scenes que lamentablemente non atopamos online, a solución foi a seguinte:

Lantieri was unsure of how to create the shot until the night before filming, when he put a glass of water on a guitar he was playing, which achieved the concentric circles in the water Spielberg wanted. The next morning, guitar strings were put inside the car and a man on the ground plucked the strings to achieve the effect.

Lantieri non sabía como facer a escena até a noite antes de filmar, cando puxo un vaso de auga sobre a guitarra que estaba tocando, o que conseguiu o efecto de círculos concéntricos na auga que quería Spielberg. Á mañá seguinte, puxeron cordas de guitarra dentro do coche, e un home, no chan, tocou as cordas para conseguir o efecto.


A explicación ao efecto está na transmisión da vibración, que xa explicamos hai tempo aquí. Ao tocar a corda, a vibración non só se transmite ao aire que a circunda, senón tamén aos sólidos que teñen contacto con ela. Así, no caso do vaso de auga, prodúcese unha resonancia, que se produce cando a frecuencia natural do resoador, determinada polas súas propiedades físicas, é idéntica ou está moi próxima (é dicir, está no ancho de banda de resposta) da frecuencia fundamental da fonte do estímulo ou dalgún dos seus harmónicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario