3 feb 2011

LDK 93: Trabes de gran canto

Hoxe imosvos presentar un elemento de estrutura un chisco raro. Para comezar imos lembrar que unha trabe é un elemento estrutural que xeralmente soporta esforzos a flexión.


Aínda que isto non sempre é así, xa que existe un tipo de trabe, trabe de gran canto, que ten un comportamento diferente. A EHE 08 defínea da seguinte maneira:

Se consideran como vigas de gran canto las vigas rectas generalmente de sección constante y cuya relación entre la luz [distancia entre apoios], l, y el canto total [distancia entre a cara inferior e a cara superior da viga] h, es inferior a 2, en vigas simplemente apoyadas, ó a 2,5 en vigas continuas.


Por dicilo dunha maneira informal, unha trabe de gran canto é un muro que apoia sobre piares, e, igual cós muros, non traballa a flexión, senón que traballa a compresión, e a distribución das tensións internas é diferente. Na seguinte imaxe, móstranse claramente as liñas que describen os esforzos da trabe de gran canto:


En realidade é un elemento bastante estraño e difícil de atopar nunha obra cotiá. Pero é interesante facer esta pequena reflexión para darnos conta de que ao variar as proporcións dun elemento, pode variar totalmente o seu comportamento ante as mesmas solicitacións.

Normativa aplicable: EHE 08. Artigo 63.

No hay comentarios:

Publicar un comentario