12 may 2011

LDK 135: O gurú de Google dáche información no Gtalk

Hei de recoñecer que me gusta moito o Gtalk, paréceme o servizo de mensaxería instantánea máis cómodo e eficaz, e agora moito máis dende que teño agregada na miña lista de contactos ao gurú de Google.

Trátase dun contacto moi especial, ao que podemos agregar convidándoo ao chat co seu enderezo guru@googlelabs.com (tranquis, agrega a todo o mundo :P). A partires diso, apareceranos na nosa listaxe e poderemos preguntarlle algunhas cousas. Vexamos cales:

Resultados de fútbol. Comando score + equipo


Tempo. Comando weather + cidade


Calculadora. Poñer a operación directamente

Cambio de divisas. Cantidade en moeda orixe + to + moeda a convertir


Definicións. Comando Define + palabra


Tradución. Comando Translate (+ from) + palabra + to + idioma destino


Resultados da web. Comando Web result + busca


Axuda: Comando help + servizo (dos anteriores)


No hay comentarios:

Publicar un comentario