O casco dos drakkars estaba construído sobrepoñendo unhas táboas a outras, usando como aillante nas unións carrizo impregnado con brea. Eran naves longas, estreitas, liviás e con moi pouco calado, o que permitía que navegasen por augas con moi pouca profundidade, e incluso rio arriba, como aconteceu nas rías galegas.
Un drakkar podía medir entre 17 e 35 metros de eslora, e só entre 3 e 11 de manga. Aínda así podían embarcar nel máis de 30 homes. O seu pouco calado, tan só medio metro, e a súa lixeireza permitían que un drakkar puidese ser arrastrado ao interior da costa sen que tivera que chegar a porto. Con estas características podemos ver que era unha nave moi veloz, capaz de chegar ós 14 nós.
Os Drakkar movíanse principalmente a remos, situados a ambos lados da embarcación. No centro da mesma dispoñía dun único mastro cunha vela rectangular que era de moita axuda nas travesías longas. En combate eran os remeiros os que movían a nave.
O orixe da palabra drakkar ven dun antigo termo islandés usado para designar os dragóns. O uso do termo nesta embarcación responde á frecuente presenza de representacións de dragóns ou outros seres na proa da embarcación, cunha función decorativa e intimidante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario