16 jun 2011

LDK 150: Bloomsday

Hoxe, 16 de xuño, celébrase en todo o mundo, e en Dublín en particular, o Bloomsday, unha conmemoración do escritor James Joyce e a súa obra mestra, o Ulysses, cuxos eventos ficcionais teñen lugar un día coma hoxe, 16 de xuño, do ano 1904.

Durante o Bloomsday, cuxo nome fai referencia ao protagonista da novela, Leopold Bloom, teñen lugar importantes actos culturais, como conferencias, recitais públicos ou concertos, en Dublín; sendo o máis importante a ruta a través de Dublín seguindo os pasos novelados de Leopold Bloom e visitando os lugares máis importantes da novela.

Tedes máis información na web do James Joyce Centre [En inglés]

No hay comentarios:

Publicar un comentario