Hai uns días iniciabamos unha serie de entradas nas que estamos a analizar diferentes alternativas a Dropbox, que destacan noutros aspectos: maior espazo de almacenamento, máis seguridade nas transaccións de información, maior velocidade de sincronismo étc.
Así que hoxe traemos outros catro servizos:
Wuala
Wuala é un servizo para os obsesionados pola seguridade dos seus arquivos, xa que estes son encriptados antes de ser sincronizados, en contraposición con outros servizos nos que a encriptación faise unha vez están subidos ao servidor.
Mais non só iso, os nosos datos serán almacenados en diferentes lugares para asegurar que non se perda nada.
En canto a outras funcionalidades, permite acceder a versións anteriore dos arquivos, o acceso dende diferentes lugares á vez e facilidades para compartición.
Inicialmense disponse de 1 GB gratuíto, pero pódese aumentar con dous métodos, un deles bastante novidoso:
- O primeiro deles é o habitual: mercar espazo. As opcións van dende os 10 GB por 19 €/ano até 250 GB por 229 €/ano.
- O método novidoso é o do intercambio. Trátase de que nós poderemos intercambiar espazo do noso computador por unha cantidade na nube que pode chegar até o espazo que compartamos. É dicir, se compartimos 100 GB poderemos obter 100 GB online se estamos 4 horas (tempo esixido) diarias conectadas a Internet. Senón recibiremos o equivalente á cantidade porcentual de tempo (se estamos o 70% dese tempo conectados recibiremos 70 GB, étc).
Memopal
Memopal é unha alternativa que nos ofrece 3 GB de almacenamento gratuíto. Se precisamos máis espazo podemos acceder a plans de 200 GB e 300 GB a maiores, por 49 €/ano e 69 €/ano respectivamente, ou convidar aos nosos amigos a que se unan. Por cada convite aceptado recibiremos 500 MB adicionais.
Tamén se ofrece espazo extra se temos necesidades maiores e temos contratado algún dos plans anteriores (200 GB / 300 GB) e ofertas a medidas para outras necesidades.
Dispón de aplicacións específicas para Linux/Windows/Mac así como tamén para Android/iOS e un acceso para navegadores móbiles sen aplicación.
Syncplicity
Outro servizo de almacenaxe na nube é Syncplicity que destaca pola súa gran capacidade para a xestión de todo tipo de documentos ofimáticos e fotografías. Ademais, dispón de sincronización sinxela: é dicir, se dende Dropbox temos que mover os nosos arquivos até o cartafol correspondente, con Syncplicity simplemente sincronizamos o arquivo ou cartafol con clic no botón dereito (Windows).
Dispón de 2 GB gratuítos na súa versión de balde e 50 GB por 15 $/mes. De todos os xeitos podemos convidar até 3 amigos para obter almacenaxe extra: darannos 1 GB por cada amigo na versión de balde e 2 GB por amigo na de pagamento.
ZumoDrive
Pola súa banda ZumoDrive permítenos as características obvias de almacenaxe na nube pero con especial trato aos arquivos musicais, que poderemos escoitar dende a nube, así como sincronizar o iTunes.
Outras facilidades que incorpora é o sincronismo de cartafoles, estén situados onde sexa, como Syncplicity.
Dispón de 2 GB de almacenaxe gratuíto e aplicacións específicas para Linux/Windows/Mac así como tamén para Android/iOS/PalmPre

Ligazóns aos recursos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario