O triángulo de Reuleaux é un polígono curvo de tres lados que leva o nome de quen os desenvolveu, Franz Reuleaux. Forma parte dos polígonos de Reuleaux, unha serie de polígonos curvos de anchura constante, é dicir, que teñen todos os diámetros da mesma dimensión.
Trazar este polígono é moi sinxelo, xa que chega con debuxar un triángulo equilátero e, dende cada un dos vértices, trazar un arco de circunferencia (de radio, a aresta do triángulo) que una os vértices opostos.
No fondo é unha curiosidade xeométrica con escasas aplicacións prácticas. Por exemplo, o rotor do motor Wankel, aínda que se pareza, non é exactamente un triángulo de Reuleaux; pero si podemos atopar un heptágono de Reuleaux nas moedas de 20 peniques, e tamén poderiamos empregar calquera polígono de Reuleaux para tapar o rexistro dun sumidoiro, xa que non caería polo burato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario