Esta semana produciuse un eclipse de lúa, o primeiro neste ano 2011. Como a meteoroloxía non acompañou, traémosvos este video de simulación de como se tería visto o eclipse desde A Coruña.
Noutra orde de cousas, tamén vos traermos novas do Chromebook, o primeiro portátil con Chrome OS, que xa está á venda. En Omicrono fálannos del.
Tamén nos sorprendeu a gravación dun vídeo dun escorregamento de terras por parte dun motorista que, despois de atopar unha pequena advertencia, parou para gravar o que alí acontecera, sen percatarse do que, literalmente, se lle viña encima.
No apartado de aniversarios, un moi especial, o da empresa IBM que fixo 100 anos no mundo da computación, comezando polas tabuladoras, pasando polos computadores de consumo e agora detrás de moitas cousas
Por último, no ámbito local temos que falar do lanzamento do E-Museo dos museos científicos coruñeses, unha ferramenta para a divulgación online mediante os recursos da web 2.0 dos materiais científicos producidos polos museos científicos, mais tamén aberto á participación dos internautas. Recollemos a nova en MuyInteresante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario