O programa MSN Messenger, malia ser un dos máis empregados en mensaxería instantánea, resulta ás veces todo un pesadelo cando saca unha nova versión e pretende que actualices, inda que non queiras. Existe unha solución para evitar isto, para a cal deberemos seguir os seguintes pasos:
- Descargar o programa ResHacker.
- Executar como Administrador (botón dereito sobre o arquivo e pinchar nesa opción).
- Executar o Reshacker, abrir o Messenger (Adoita estar na ruta: C:\Program Files\Windows Live\Messenger\msnmsgr.exe).
- No programa abrir as seguintes pestanas: "Version info" -> "1" -> "1033"
Nesta última débense modificar os parámetros de produto e versión aos seguintes:
FILEVERSION 15,4,3508,1109
PRODUCTVERSION 15,4,3508,1109
Tamén aquí:
VALUE "FileVersion", "15.4.3508.1109"
VALUE "ProductVersion", "15.4.3508.1109"
onde os números representan a nova versión á que nos queren actualizar de malas maneiras. Feito isto, selecciónase a opción "Compile script" e logo "Save". Con isto, Microsoft xa non volverá a insistir para que actualicemos.
A ter en conta:
- Se executamos sen ser Administrador, dará un erro dicindo que non temos os permisos necesarios.
- Se se quere regresar ao modo anterior (poder actualizar), o mellor é ir ao cartafol do Messenger e ver que o programa fixo unha copia de seguranza ("msnmsgr_original"). Eliminamos como Administrador a outra e renomeamos a copia de seguranza sacando o "_original".
No hay comentarios:
Publicar un comentario