20 mar 2011

A malla do 14 ao 20 de Marzo

A semana seguinte ao terremoto e o tsunami no Xapón, aínda apareceron máis imaxes impactantes, aínda que neste caso non tan devastadoras. Un exemplo é a vista do tsunami dende un barco, tamén podemos observar o efecto da licuefacción nun parque próximo á bahía de Tokio, un video no que se ve como o terreo expulsa a auga debido á sacudida do terremoto. Ademais disto, estivemos pendentes do estado da central de Fukushima I sobre a que os medios provocaron unha histeria xeneralizada sobre un desastre nuclear que, finalmente, parece que se conseguiu impedir. 

Volvendo a temas máis habituais, no blogue da CMT resumen algunhas das características principais do anteporxecto da Lei Xeral de Telecomunicacións que recolle, entre outros asuntos, as portabilidades en 24 horas.

Twitter vén de cumplir 5 anos e no seu blogue recollen algunhas cifras interesantes sobre a compañía. E  para finalizar, tamén no mesmo terreo, mostramos un campo en expansión, o da cartografía de redes sociais. Neste artigo amosan unha primeira clasificación dos tipos de mapas de redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario