19 mar 2011

LDK 112: De 'geeks' e 'nerds'


A partires de ver a serie documental Triumph of ther Nerds (por recomendación de @durdengarci), pensei que sería interesante plantexar as diferenzas entre dous termos que ás veces se empregan erroneamente: geek e nerd

Se buscamos definicións, atoparemos cando menos 80.900 resultados, dos que poderíamos destarcar os seguintes:

Geek: Persoa que elixiu a concentración no canto do conformismo; alguén que persegue a habilidade (especialmente a habilidade técnica) e a imaxinación, no canto da aceptación social da maioría. Os geeks adoitan padecer unha versión aguda da neofilia (sentirse atraídos, excitados e complacidos por calquera cousa novidosa). A meirande parte dos geeks son hábiles cos ordenadores e entenden a palabra 'hacker' como un termo de respeto, pero non todos eles son 'hackers'. De feito, algúns que sin 'hackers' chámanse a si mesmo geeks porque consideran (con toda a razón), que o termo 'hacker' debe ser unha etiqueta posta por outros, non que un poña un mesmo.
Unha descrición máis completa, inda que máis longa, incluiría a todos os "xogóns, apaixonados, aficcionados á ciencia ficción, punks, pervertidos, nerds, especies de calquera subxénero e trekkies". O tipo de persoas que non vai ás festas de colexio, promocións e outros eventos. E que mesmo se sentiría ofendida pola simple suxerencia de que quizáis estiveran interesados (...)
Por outro lado,
Nerd: [1] Termo pexorativo, aplicado a calquera cun coeficiente intelectual por riba da media pero con poucos dons cando se trata de charlar por charlar e dos rituais ordinarios.
[2] Termo apreciativo aplicado (conscientemente e enreferencia ao sentido 1) por alguén que sabe o que realmente é importante e a quen non lle apetece perder o tempo con charlas triviais ou xogos de status para tontos (...)
Podiríamos concluír entón dicindo que os nerds son persoas que mostran un desinterese total polas habilidades sociais, a cambio de involucrarse obsesivamente en proxectos de estudo científico e informática. Mais o desinterese é tal que non se preocupan polo que comen (e mesmo por se comeron ou non), polo que durmen ou por facer deporte. Adoitan ter unha vida sexual pouco activa, ser tímidos, nerviosos e febles emocionalmente.

Pola contra, os geeks serían persoas moi interesadas polas novidades tecnolóxicas, mais sen ese grao de obsesividade que limita as habilidades sociais.


Webgrafía
  • As definicións están tomadas do diccionario Jargon File 4.3.3, vía Microsiervos.
  • Wikipedia: Geek, Nerd

No hay comentarios:

Publicar un comentario