Esta semana lemos en El País unha nova sobre unha tese doutoral que defende que a configuración do solo galego vén determinada por masivos incendios provocados hai 6000 anos. Máis información aquí.
Outra cousa curiosa que atopamos é un novo exemplo de parasitismo por parte de larvas. Neste caso, unha larva de avespa infecta o corpo dunha xoaniña, mais, en vez de matala mediante o seu desenvolvemento, déixaa viva nun estado zombie para empregala como gardacostas ante posibles depredadores. Podedes ler a nova, en inglés, aquí.
Por último atopamos a historia da maior ponte construida no primeiro milenio, cando as pontes podían chegar a ter durante séculos o título de pontes máis longas construidas, ao contrario que agora, cando en poucos anos xa son superadas. Ao final da entrada descubrimos un moi interesante enlace a TRAIANVS, un portal europeo de enxeñería romana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario