Como sabedes, este Día das Letras que conmemoramos hoxe, 17 de maio (data de referencia da publicación de Cantares Gallegos, no ano 1863), está dedicado á figura de Lois Pereiro.
O obxectivo desta entrada é facer unha lista de recursos colaborativa, na que recompilemos os materiais e recursos dos que tivemos coñecemento durante estes días. Polo tanto, e coma sempre, non dubidedes en empregar os comentarios para mellorar e facer medrar esta lista de recursos:
En loispereiro.blogaliza.org podemos atopar unha colección de manuscritos, audiovisuais, traducións... moi interesantes.
Atopamos varias biografías, coma a da Praza das Letras, a de Galicia Digital, a da BibliotecaVirtualGalega, ou a de Henrique Mariño para Público.
Na web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística atopamos un especial con moitos materiais, amosando un enfoque fundamentalmente didáctico.
No portal CulturaGalega.org atopamos outra biografía e varias novas, así como a descarga gratuíta de Loia. Na súa sección audiovisual atopamos un resumo das diferentes propostas audiovisuais sobre a figura de Lois Pereiro que se teñen presentado, así como a axenda dos actos do día de hoxe.
En Son de Poetas podemos atopar varios poemas de Lois Pereiro musicados.
Nesta ligazón (.pdf) podedes atopar o dossier da exposición "Lois Pereiro, lírica punk", do museo Verbum de Vigo.
Por último, desde a páxina da BibliotecaVirtualGalega, tedes acceso a algunhas das súas obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario