8 may 2011

A malla do 2 ao 8 de Maio

Nunha semana na que a actualidade informativa centrouse na morte de Bin Laden e a aceptación das listas de Bildu, desde Mallando tamén vimos outras moitas novas interesantes que pasamos a compartir con vós:

O xoves Julio Alonso (director xeral de Weblogs S.L.) publicou unha entrada no seu blogue sobre a última sentencia do caso SGAE=LADRONES, na que a Xustiza volve dar a razón á SGAE, e volve facer responsable ao administrador dunha páxina web de todos os comentarios posteados nesa páxina, incluso se non ten coñecemento deles. Julio Alonso anuncia xa o recurso ao Tribunal Supremo.

Por outra banda, atopamos un hangar para dirixibles cunhas medidas de 99 metros de largura por 358 m de lonxitude que durante moito tempo foi a estrutura artificial sen columnas de soporte máis grande do mundo.

Tamén vimos unha explicación da formación das balsas de formigas. Un sistema de supervivencia para que nas grandes inundacións as formigas poidan sobrevivir moito tempo á deriva grazas ás burbullas que se forman ao agarrarse as unhas ás outras e grazas unha grande flotabilidade que lles dá esa estrutura.

Finalmente, tivemos coñecemento dun sistema que permite buscar na rede se se fixeron fotos coa túa cámara roubada a partir do número de serie dunha foto almacenada tomada con esa cámara, e descubrimos a existencia de computadores do tamaño dun USB e 25 $. Si, líchedes ben, tan só 25 $.

No hay comentarios:

Publicar un comentario