Despois da sentencia do caso SGAE=Ladrones a semana pasada, este semana seguimos tendo novidades desde o eido xudicial. Así, Google perdeu un xuízo contra os xornais belgas, que demandaban a prohibición da ligazón das súas novas en Google News (via @mtascon) e, por primeira vez, aplícase unha orde-mordaza contra as redes sociais, ao prohibir un xuíz do Reino Unido a publicación de información en Twitter e Facebook sobre a identidade dunha solicitante de eutanasia. (via @Iria_Menacho)
Da competitividade entre empresas atopámonos un caso curioso, e é que Facebook admitiu estes días ter contratado unha empresa para desprestixiar a Google. Sabemos que ambos compiten en certos aspectos, pero hai que chegar aestes extremos?
Doutra banda, Google celebrou estes días o I/O 2011, evento no que se presentaron varias novidades de Android. Podedes ver as keynotes, que xa están dispoñíbeis.
Unha nova curiosa chéganos do Reino Unido. Xa sabemos que a meteoroloxía afecta sustancialmente á transmisión das telecomunicacións, polo que hai que comezar a ter en conta o cambio climático nas redes WiFi.
Ademais, esta semana aconteceu en Pontevedra o Neuromagic 2011, unha xuntanza entre ilusionistas e neurocientíficos para estudar os enganos no noso cerebro. En Lainformación.com publican un vídeo no que recollen entrevistas con profesionais de ambos os dous campos.
E xa para rematar deixámosvos cunha explicación de por que confundimos Obama e Osama, que vai máis alá da simple similitude fonética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario