22 may 2011

A malla do 16 ao 22 de Maio

Presentamos a malla dunha semana na que as redes sociais, e principalmente Twitter, foron o foco de atención debido ao movemento Democracia Real Ya, que xurdiu e se extendeu a través das mesmas.

Aproveitamos a semana para asistir á derradeira clase de Walter Lewin, o profesor de física que todos desexabamos ter. Este profesor do MIT que publica un libro no que conta o seu afán por facer a física interesante aos seus alumnos.

Ademais, atopamos cun video infográfico no que nos mostran un dos posibles procesos case automatizados (non está exento do emprego de man de obra) que se levan a cabo para separar os diferentes tipos de basura antes de reciclar.

Tamén descubrimos o muro que salvou a Fudai do tsunami xaponés, un muro que, según os habitantes da vila, construiuse cunhas dimensións desproporcionadas pero que, grazas a estas dimensións, a vila non tivo que lamentar danos debidos ao tsunami.

No eido das telecomunicacións, xa se ten falado no pasado das tarifas planas nos Estados Unidos, cando ATT eliminou as súas, mais agora coa decisión de Verizon de eliminar as súas o mercado das telecos dos Estados Unidos deixa as tarifas planas case erradicadas.

Para rematar, mostramos os novos avances na tradución de Ubuntu ao galego por parte do seu equipo de tradución: Ubuntu xa ten a instalación básica completa e o 70% do total traducido ao galego, e o galego é o 15º idioma en avance da tradución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario