Un presuposto é unha previsión do gastos e ingresos que van ter lugar durante a execución dunha actividade durante período de tempo. Esta anticipación permite facer unha planificación das necesidades e levar a cabo un control da xestión. Na construción existen diversos tipos de presupostos que aparecen nas diferentes fases da promoción ou nos diferentes axentes que interveñen.
Antes de explicar os diferentes tipos de presupostos, debemos explicar como se calculan e para iso precisamos explicar dous conceptos. O primeiro concepto é o de partida, entendemos por partida a unidade representativa do elemento que queremos construír coa súa descrición, por exemplo: "m2 tabique de ladrillo oco dobre tomado con morteiro de cemento...". O seguinte concepto é o de prezo unitario, que é a cantidade de cartos que temos que pagar pola unidade de medida da partida. Os prezos unitarios están descompostos de maneira que podemos saber, por exemplo, a cantidade de morteiro e a repercusión do prezo sobre o m2 de tabique. Os prezos unitarios inclúen tanto os materiais coma a man de obra, se facemos a medición da obra que queremos realizar, podemos empregalos, por exemplo, para estimar a cantidade de material que temos que encargar ao subministrador antes de empezar o traballo.
A empresa calcula os presupostos mediante os prezos que teñen estudados de obras anteriores e multiplícaos pola medición do proxecto, obtendo o seguinte:
Os Custos Directos (CD) son os custos que repercuten integramente nunha partida concreta. Por exemplo, a un m2 de tabique de ladrillo estimaráselle unha cantidade de ladrillos, outra de morteiro, e un tempo de execución por parte dunha cuadrilla. Por tanto, podemos dicir:
Custos Directos = Materiais + Man de Obra
Os Custos Indirectos (CI) son os custos que non se poden repercutir sobre unha partida concreta. Son principalmente Man de Obra de Medios Auxiliares. Custos indirectos son o Xefe de Obra, que inviste tempo organizando distintas unidades de obra, ou a grúa ou as estadas que tamén se empregan na construción de varias partidas. Estes custos súmanse e calculase a porcentaxe que supoñen sobre os Custos Directos. Despois aplícase esta porcentaxe sobre cada un dos prezos unitarios.
Custos Indirectos = % sobre Custos Directos
Se sumamos os Custos Directos e máis os Custos Indirectos obtemos o Presuposto de Execución Material (PEM), que sería o presuposto do valor da obra.
Custos directos + Custos Indirectos = Presuposto de Execución Material
Ao Presuposto de Execución Material súmanselle os Gastos de Estrutura da Empresa (GEE). Estes gastos veñen da suma dos custos da empresa que non repercuten na obra, é dicir, os directivos, oficinas, gastos de xestión e demais. Estes gastos súmanse e aplícanse como porcentaxe sobre o PEM.
Finalmente existe un Beneficio Industrial (BI) que serán as ganancias da propia empresa e que tamén se aplican como porcentaxe sobre o PEM.
O resultado é o Presuposto de Licitación (PL), o presuposto co que concorre a empresa a unha oferta pública. Este resulta da suma de Custos Directos, Custos Indirectos, Gastos de Estrutura da Empresa e o Beneficio Industrial.
Resumo:
PEM = CD + CI (% s/ CD)
PL = EM + GEE (% s/ EM) + BI (% s/ EM)

...presupostos, tamén coñecidos como orzamentos...
ResponderEliminare tan válidos, segundo calquer diccionario galego actual ;)
ResponderEliminarPero mola máis orzamentos. Parabéns polo bon traballo con mallando :)
ResponderEliminarGraciñas :)
ResponderEliminar