Hai quen lles teme, pero a min gústame vivir treboadas (inda que me amole ter que andar desconectando o router para que non se me chamusque, como xa me pasou unha vez...). E un experimento que sempre me gusta facer chega o momento é calcular a distancia á que caen os raios.
Este cálculo realízase tendo en conta 2 aspectos: que a velocidade da luz é moi alta (299.792.458 m/s) e que a do son é relativamente baixa (330 e 350 m/s); é dicir, poderíamos idealizar e extrapolar que a visión da luz do relámpago chega a nós instanteamente. Xa que logo, contado o tempo dende que vemos o relámpago até que escoitamos o trono e facendo unha sinxela división, teríamos o resultado da distancia á que caeu o raio.
Resumindo, os pasos que debemos facer son:
- Visualizar un relámpago.
- Comezar a contar os segundos até que comezamos a sentir o trono (moito máis preciso se empregamos un cronómetro que se os contamos "por dentro").
- Dividimos o número de segundos entre 3, obtendo o resultado da distancia en quilómetros á que caeu o raio. Explicación: tendo en conta que a velocidade da luz oscila entre os 330 e 350 m/s, calcular 3 segundos por quilómetro (333,33 m/s) parece unha boa aproximación.
Exemplos:
- Se contamos 5 segundos, o raio caeu a 1,66 Km.
- Se contamos 2 segundos, o raio caeu a 0,66 Km.

No hay comentarios:
Publicar un comentario