Esta semana sobrecolleunos un fallo de Gmail, no que moitos usuarios atopáronse coas súas caixas de correo baleiras. Afortunadamente, Google anunciou que está a traballar no erro e que en breve todo o mundo terá as súas caixas de correo restablecidas e cos seus correos de volta. Sen embargo, isto fixo que algúns usuarios se plantexasen levar a cabo copias de seguridade dos seus correo.
Se queremos estar protexidos ante a perda de información, temos que ter unha (ou máis) copias de seguridade. Pero...sabemos que é unha copia de seguridade? Wicho lémbranos que deben estar en diferentes discos. Algo obvio. Ou non?
Por outra banda, o venres dimitiu o celebérrimo ministro de Antigüidades de Exipto, Zahi Hawass, famoso por ser un dos principales impulsores das peticións do retorno a Exipto das antigüidades exipcias espalladas polo mundo. En El País fan esta pequena reseña da súa vida.
Finalmente, esta semana tamén atopamos varias ligazóns curiosas que nos chamaron a atención, como esta completa infografía de como funciona a Estrela da Morte, unha entrada sobre a historia do movemento da coronación de peóns, ou un artigo sobre o fenómeno do Astroturfing e o seu uso por parte de grupos de presión dacordo cos seus intereses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario