13 mar 2011

A malla do 7 ao 13 de Marzo

Como era de agardar, os sucesos do Xapón protagonizaron a actualidade de moitos medios e blogues online, o que nos fixo elaborar a edición da Malla publicamos á mañá. Mais tamén houbo espazo para outros temas, entre eles os que seguen.

Comezamos cunha mixtura de vídeo-infografía que amosa características e curiosidades relacionadas co efecto placebo, entre elas como inflúen factores como o tamaño, a cantidade, o prezo e mesmo a vía de consumo.

Doutra banda, atopamos unha composición baseada no número Pi. Para facer isto, tendo en conta que a música pódese reducir a simples matemáticas, o autor asignou unha nota musical a cada número para que desta maneira fixera unha fermosa melodía.

Tamén nos preguntamos como estarán a celebrar en Spotify a envexosa cifra do millón de usuarios Premium. Será cantando esta canción? E falando de Spotify... por que non facer un Spotify dos libros? Iso deberon pensar un grupo de emprendedores españois, que están a crear 24symbols.

Pola súa banda, en LanguageLog comentan como sería a escritura dunha obra similar con múltiples acentos, como Trainspotting, nunha lingua como o chinés que non permite facer ese tipo de distincións fonéticas.

Dende o Goberno informaron de que se está a preparar a nova lexislación de telecomunicacións, que obrigará a que os novos edificios teñan preinstalada redes de banda larga ultrarrápidas para Internet a 100 Mbps ou servizos de televisión en HD.

E para despedir esta semana, outra despedida, a do Discovery, que vén de completar a súa última misión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario