Niguén é hoxe alleo á cadea de sismos que está a sufrir estes días o Xapón, o máis forte o rexistrado o pasado venres, calificado de grao 8,9 na Escala de Richter, que desencadeou un tsunami que arrasou grandes zonas de territorio. Por iso, dende Mallando quixemos facer esta edición especial da Malla, exclusiva para compartir ligazóns relacionados co tema.
Comezamos co xornal El País, no que atopamos un gráfico interactivo no que se explica como se forman os terremotos e os tsunamis.
Ademais, publicáronse entradas sobre sitemas antisísmicos, tanto en edificios antigos (vía @charlieeer) coma en edificios modernos, así como sistemas de aviso con conta atrás e o funcionamento dos detectores.
Outra das consecuencias dos tremores foron os danos nalgunhas centrais nucleares, a explosión (vía @rodaimos) de Fukushima Daiichi, que fixeron declarar o estado de emerxencia nuclear. Ditos danos comezaron por nun fallo no suministro eléctrico do sistema de refrixeración que explican aquí como prevén a solución. (vía @adelgado). Todo isto provocou o rexurdimento da eterna discusión de nucleares si contra nucleares non, co que aproveitamos para amosarvos como funciona unha central nuclear.

A maiores podemos incluir infinidade de imaxes, como a galería de elpais.es, imaxes dende o espazo, e videos, como mareas de coches, e de calquera cousa que poidades imaxinar.
Para rematar, deixamos un vídeo do movemento dos rañaceos (dende fóra), compartido por @aberron no Twitter.
No hay comentarios:
Publicar un comentario