12 jun 2011

A malla do 6 ao 12 de Xuño

Esta semana Yuri sorprendeunos cun paseo cun contador Geiger ás costas por Valencia, entre os sitios que visita podemos destacar a central nuclear de Cofrentes, con sorpendentes (ou non tanto) resultados na medición. Para rematar o artigo, Yuri cóntanos como podemos facer para conseguir un contador Geiger da antiga Unión Soviética.

No ámbito tecnolóxico, a nova da semana foi a Keynote de Apple, onde presentou novidades nos seus servizos, cunha nova versión do seu sistema operativo móbil (iOS) e un disco duro virtual; incorporando por fin a Apple elementos xa presentes nas plataformas Android como as notificacións ou as actualizacións vía OTA; e recoñecendo finalmente que o futuro está na nube.

Ademais, tamén vimos como os Paises Baixos pasan ser o primeiro país en crear unha lei que garante a neutralidade na rede, como @Sonicando publicou no seu blogue un resumo dos argumentos a prol da vacunación, nun artigo de grande repercusión mediática e descubrimos nesta entrada como funciona un disco duro, coas partes que o integran.

Para rematar, non podiamos deixar de falar do Doodle desta semana, que conmemoraba o 96 aniversario de Les Paul e que causou sensación, xurdindo varias páxinas onde aparecían melodías adaptadas para tocar co Doodle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario