24 abr 2011

A malla do 18 ao 24 de Abril

Esta semana, cunha che de días festivos polo medio, fíxose notar tamén na Internet, onde a actividade foi bastante lixeira, mais non por ilo falta de interese.

Como saberedes, Apple denunciou a Samsung por un suposto caso de plaxio, algo bastante arriscado tendo en conta que Samsung é un dos principais proveedores de pezas dos produtos de Apple. Pero a compañía coreana non tardou en responder, e vén de denunciar aos da mazá mordida por incumplir varias patentes. Con todo este lío de denuncias de por medio, pode ser interesante este gráfico no que se amosa quen demanda a quen no mundo da telefonía móbil.

Por outro lado, atopamos un curioso post, non pola novidade senón polo interese, sobre a cámara oscura, a orixe da fotografía.

A través de @cienciadebolsillo chégannos imaxes dunha grúa especial para aeroxeneradores, xa sabedes, as que se empregan para poñer en pé as inmensas torres eólicas.

En wwwhat's new axúndannos a distinguir entre unha rede social e unha rede de contido, é dicir, entre Facebook e Twitter, por exemplo.

No ámbito da lingüística tivemos esta semana coñecemento dun artigo publicado en Nature que nega a natureza universal da evolución da linguaxe humana, tentando refutar as teorías de Chomsky, do que se agarda pronta resposta.

Do mundo do incomprensíbel Da USC chega unha nova ben curiosa: a Universidade negou unha praza a un investigador  que captou 400.000 euros. Limitarémonos a non opinar sobre o tema e deixar que cadaquén saque as súas propias conclusións.

E xa para rematar a semana, pechamos cunha entrada na que nos comentan como navegaban os vikingos durante os días nubrados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario