A revolução dos cravos é o nome que recibe o proceso polo cal Portugal pasou dun réxime ditatorial, que baixo o nome de Estado Novo levaba vixente desde 1933, no momento dos feitos baixo o mandato de Marcelo Caetano, a un réxime democrático liberal, despois dun golpe de estado militar ocorrido o 25 de Abril de 1974, hoxe hai 37 anos.
O Golpe de estado foi levado a cabo polo Movimento das Forças Armadas (MFA), composto principalmente por capitáns e outros oficiais medios. Este movemento comezou a actuar en 1973, en busca dun maior recoñecemento das forzas armadas no marco da loita pola independencia das colonias portuguesas en África e as críticas dentro do exército á solución militar do problema por parte do estado portugués; mais acabou tornándose en contra do réxime político daquela en vigor.
Tras unha serie de reunións clandestinas, o 24 de Marzo de 1974 o MFA decide dar un golpe de estado para provocar a caída do réxime. O día 24 de Abril confórmase o posto de mando da revolución, no cuartel da Pontinha, en Lisboa, baixo o mando de Otelo Saraiva de Carvalho. É entón cando comeza o golpe militar. Ás 22.55 dese día lánzase a primeira das señas acordadas cos golpistas, a transmisión polos Emisores Asociados de Lisboa da canción "E depois do adeus" de Paulo de Carvalho. Podedes escoitar a canción aquí:
O segundo dos sinais, e a canción que quedaría unida irreparablemente á Revolución, foi "Grândola, Vila Morena", do Zeca Afonso, transmitida polo poeta Leite de Vasconcelos na Radio Renascença ás 00.20 horas do 25 de abril. Pódela escoitar aquí:
Tras esta canción, os militares pasaron á acción, levando a cabo unha acción planificada na que conseguiron controlar o país e desaloxar a Marcelo Caetano do país ao longo do mesmo día 25 de Abril. Isto foi posible xa que o réxime non puido case ofrecer resistencia ao golpe, pois non tivo apoios militares e a poboación aderiuse en masa ao golpe. De feito, só houbo catro mortos, víctimas de disparos de membros da policía política sobre unha manifestación.
Despois do triunfo do golpe, confórmase un goberno de transición, que levara a cabo o chamado Programa das tres D: Democratizar, descolonizar e desenvolver. Durante os primeiros días elimínase a policía política, legalízanse partidos e sindicatos, libéranse os presos políticos e voltan ao país os líderes políticos da oposición no exilio. O proceso de transición durará dous anos, celebrándose eleccións á Asemblea Constituínte o 25 de abril de 1975 e aprobándose a nova Constitución ese mesmo día de 1976. Durante este proceso tamén se producirá a independencia das colonias portuguesas.

Ademais da Grândola, o outro símbolo da revolución foi o cravo. O cravo chegou a ser o símbolo da revolución, cando, no medio da poboación botada á rúa, unha florista deulle un cravo a un soldado, que este colocou no cano do seu fusil, sendo rapidamente imitado por todos os demais, e chegando a simbolizar o pacífico e popular da revolta.
Fonte principal: wikipedia.
Podes consultar unha cronoloxía da revolución aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario