O día 11 comezamos unha serie de entradas sobre as falacias, na que explicamos o que eran, os seus tipos e os subtipos de falacias formais. Hoxe continuamos cos subtipos das falacias por xeralización de inducción errónea.
As falacias por xeralización de inducción errónea son aquelas que se producen ao aplicar de forma incorrecta un razoamento inductivo, que vai dos casos particulares á xeralidade. Os subtipos deste tipo de falacia son os que seguen:
Falacia de xeralización apresurada ou secundum quid: Esta falacia baséase na escaseza das mostras necesarias para facer unha inducción. Porén, pola propia natureza do razoamento inductivo, non hai un número de mostras mínimo que garantice un resultado verdadeiro. Sempre podería aparecer algunha que a falsease. Esta falacia prodúcese cando é obvia a falsidade da conclusión. Exemplo:
Falacia de mostra nesgada: A mostra nesgada prodúcese cando a mostra seleccionada, sendo suficiente, non é representativa da poboación do estudo. Por exemplo, se na nosa mostra entrevistamos só a mulleres non podemos extrapolar os resultados á totalidade da poboación, senón só ás mulleres. As enquisas de participación voluntaria de xornais ou medios online sempre incurrirán neste tipo de falacia, pois a participación voluntaria na enquisa implica unha mostra que non é representativa do total da poboación, senón daquelas persoas que puideron e quixeron participar na mesma.
Falacia do centro de atención: Esta falacia prodúcese cando unha persoa con pouco coñecemento dunha poboación total toma os elementos que coñece dela (por maior exposición mediática, ou por coñecemento persoal) como representativos desa poboación. Esta falacia está detrás dos tópicos nacionais ou de prexuízos contra grupos de poboación:
Falacia da falsa vivencia: A falacia da falsa vivencia consiste en, ante unha mostra onde a maioría dos casos apuntan nunha dirección, dar un contraexemplo excepcional dun xeito moi detallado, de forma que a mostra (ou a imaxe mental que as persoas teñen dela) fica distorsionada. Exemplo:
Falacia do amaño de bulto: Esta falacia consiste en asumir, para un membro dun grupo, todas as características que adoitan definir a pertenza a ese grupo. Exemplo:
Falacia da falsa dicotomía: A falacia da falsa dicotomía consiste en presentar dúas opcións, habitualmente extremas, como únicas alternativas posibles, cando pode haber máis opcións que non son consideradas. Exemplo:

Xoán é alto e xoga ben ao baloncesto.Obviamente, esta xeralización é excesiva, porque con só tres mostras estamos facendo unha inducción xeral, e hai casos de persoas altas que xogan mal ao baloncesto.
María é alta e xoga ben ao baloncesto.
Fran é alto e xoga ben ao baloncesto.
Todas as persoas altas xogan ben ao baloncesto.
Falacia de mostra nesgada: A mostra nesgada prodúcese cando a mostra seleccionada, sendo suficiente, non é representativa da poboación do estudo. Por exemplo, se na nosa mostra entrevistamos só a mulleres non podemos extrapolar os resultados á totalidade da poboación, senón só ás mulleres. As enquisas de participación voluntaria de xornais ou medios online sempre incurrirán neste tipo de falacia, pois a participación voluntaria na enquisa implica unha mostra que non é representativa do total da poboación, senón daquelas persoas que puideron e quixeron participar na mesma.
Falacia do centro de atención: Esta falacia prodúcese cando unha persoa con pouco coñecemento dunha poboación total toma os elementos que coñece dela (por maior exposición mediática, ou por coñecemento persoal) como representativos desa poboación. Esta falacia está detrás dos tópicos nacionais ou de prexuízos contra grupos de poboación:
Todos os madrileños que vexo na tele son ricos. -> Todos os madrileños son ricos.
Falacia da falsa vivencia: A falacia da falsa vivencia consiste en, ante unha mostra onde a maioría dos casos apuntan nunha dirección, dar un contraexemplo excepcional dun xeito moi detallado, de forma que a mostra (ou a imaxe mental que as persoas teñen dela) fica distorsionada. Exemplo:
-A xente vai aos hospitales para que a curen.
-Pero Xoán foi a un hospital e alí non o curaron, Xoán só saiu de alí cos pés por díante.
Falacia do amaño de bulto: Esta falacia consiste en asumir, para un membro dun grupo, todas as características que adoitan definir a pertenza a ese grupo. Exemplo:
A deputada Celia Villalobos foi Ministra de Sanidade co PP, e o PP votou en contra da Lei do Aborto, así que seguro que ela tamén votou en contra desa Lei. (Non foi así)
Falacia da falsa dicotomía: A falacia da falsa dicotomía consiste en presentar dúas opcións, habitualmente extremas, como únicas alternativas posibles, cando pode haber máis opcións que non son consideradas. Exemplo:
Está con nós ou está coas forzas do mal.Esta dicotomía nega a opción de non estar con ningún dos dous bandos, manterse neutral, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario