
A independencia do Sudán do Sur (neste mapa, en azul) é a culminación do divorcio social entre o norte musulmán e árabe, que ostentaba o goberno, e o sur negro, maioritariamente cristián e animista. Estes enfrontamentos deron lugar a unha cruenta Guerra Civil entre os anos 1983 e 2005.
Tralo acordo de paz de 2005, o Sur conqueriu o autogoberno e dotouse dunha constitución provisional na que definiu a celebración dun referéndum de independencia entre os días 9 e 15 de xaneiro de 2011. O referéndum validou a independencia cun 98,83% de votos a favor da mesma, e deu lugar á proclamación como estado independente o pasado sábado.
Porén, o proceso aínda non está rematado, tres rexións están pendentes de celebrar referéndums onde poderán escoller se unirse ao Sudán do Sur ou ao Sudán do Norte. Estás rexións son Abyei (en amarelo no mapa), os Montes Nuba (en rosa, cara ao oeste), e o Nilo Azul (en rosa, cara ao leste).
O Sudán do Sur limita con Sudán ao norte, Etiopía ao leste; Kenia, Uganda e a República Democrática do Congo ao sur; e coa República Centroafricana ao oeste. A súa capital é a cidade de Juba, ten 619.745 km2 e 8.260.490 habitantes, segundo unha estimación de 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario