É habitual escoitar expresións como que en Ourense caeron 20 litros de auga por metro cadrado, mais, como se fan as medicións das precipitacións?
Antes de nada, debemos ter en conta que só se considera choiva cando as partículas de precipitación (as pingas) teñen un diámetro maior ca 0,5 mm ou se estas son menores e están moi dispersas; noutro caso estaríamos a falar de orballo (pingas menores que chegan á superficie de Terra), néboa (se está en suspensión) ou outros fenómenos.
Para medir a cantidade de choiva caída empréganse os milímetros de altitude por metro cadrado; así 1 mm de auga recollida equivaldría a 1 l/m², unha unidade que resulta máis comprensíbel. Esta medición faise cuns aparellos chamados pluviómetros que, malia poder ter diferentes deseños, consisten nun recipiente graduado que ten unha apertura de área coñecida pola que entra a precipitación. Recollida a auga, para saber a cantidade de chuvia só teremos que mirar o que hai recollido. A lectura adóitase facer cada 12 horas, se ben é certo, grazas a que hoxe en día adoitan estar controlados por ordenador pódense sacar medidas máis concretas, por exemplo 40 l/m² entre as 17 e as 18h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario