A capilaridade é unha propiedade dos líquidos pola que, debido á tensión superficial, poden subir ou baixar por un conduto extremadamente fino que denominamos tubaxe capilar.
Cando a forza intermolecular dun líquido, coma o caso da auga, é menor cá adhesión do líquido co material do tubo, o líquido tende a subir polo conduto ata que a tensión superficial se equilibra polo peso do líquido que o enche. Pola outra banda, cando a cohesión entre as moléculas do líquido é maior cá adhesión ó capilar, a tensión superficial fai que o líquido descenda.
Esta propiedade é a mesma pola que cando metes unha esquina dun terrón de azucre no café, o café sobe ata empapar todo o terronciño xa que, aínda que non teña unha tubaxe propiamente dita, os grans de azucre están dispostos dunha maneira que falicita este fluxo. Tamén se aproveitan da capilaridade as plantas, que non teñen o equivalente ao noso sistema sanguíneo, senón que o zume sobe por capilaridade aforrándolles a enerxía precisa para enfrontarense á gravidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario