Nas anteriores entradas falabamos das áreas de procesamento cerebral da linguaxe e de como se transmitía a información lingüística.
E ben, parece obvio que se danamos as áreas de procesamento cerebral, ou as conexións entre as diferentes áreas, as lesións producidas afectarán á capacidade da linguaxe da persoa afectada. Estes trastornos chámanse afasias.
Afasia de Broca

A Afasia de Broca prodúcese cando hai unha lesión na área de Broca, a parte posterior inferior do lóbulo frontal esquerdo, a área responsable da produción lingüística propia.
Os pacientes con afasia de Broca son incapaces de falar con fluídez, xa que esta área está próxima á rexión do córtex que controla os músculos da fala. Estes afásicos producen oracións curtas e telegráficas, sen palabras gramaticais pero con orde apropiada e cunha produción verbal con sentido.
Outros trazos son:
-Substitucións e omisións de sol
-Falta dos morfemas de tempo verbal e plural.
-Falta dos indicadores comparativos.
-Comprensión parcial (depende dos casos) das palabras gramaticais.
-Consciencia dos propios erros na produción.
Un exemplo de afasia de Broca, tomado de Akmajian et al. 1984, é o seguinte:
Afasia de Wernicke

A afasia de Wernicke prodúcese cando a zona danada é a área de Wernicke, a zona posterior do lóbulo temporal esquerdo, a área responsable da comprensión do significado dos sons.
Os pacientes con afasia de Wernicke presentan un deterioro na capacidade de comprensión da linguaxe falada e escrita, non comprendendo os enunciados que se lles presentan aínda tendo unha audición normal. Estes pacientes tenden a falar moi deprisa, cunha produción fluída e que semella gramatical, pero sen sentido.
Outros sintomas son:
-Fala paragramatical: abundania de conectores e palabras gramaticais, con problemas de escolla entre estas.
-Circunloquios, discurso con rodeos sobre un obxecto que non se sabe nomear.
-Problemas na recuperación e substitución de palabras.
-Problemas cos sistemas de retroalimentación da linguaxe.
Aquí pódese ver un exemplo de discurso dun paciente con afasia de Wernicke, tomado da páxina do Prof. Ruíz Antón da Universidade Jaume I.
Afasia de condución
A afasia de condución é o resultado dunha lesión no fasciculus arquatus, unha serie de fibras nerviosas que conectan subcorticalmente ás áreas de Broca e Wernicke. Os pacientes con afasia de condución non teñen un problema nin dos mecanismos expresivos nin dos receptivos, senón un problema de conexión entre ambos.
Os pacientes con afasia de condución caracterízanse por teren dificultade para repetir o que acaban de oir. Ademais, teñen unha fala espontánea fluída pero con circunloquios e indebidamente estruturada, grandes dificultades na lectura en voz alta e unha boa comprensión da fala. Os problemas da afasia de condución tamén se manifestán na produción escrita.
Anomia
A anomia ten lugar cando hai unha lesión no gyrus angularis, a área do cerebro necesaria para a asociación entre as diferentes modalidades sensoriais.
Os pacientes con anomia teñen incapacidade para asociar obxectos e nomes, isto é, para nomear. Tamén teñen incapacidade de atopar palabras durante a fala, son incapaces de recoñecer o nome a partir dos obxectos (aínda que non os obxectos a partir do nome), teñen unha comprensión e unha repetición da fala normais e unha fala fluída pero chea de circunloquios.
Un exemplo de anomia, tomado de Akmajian et al. 1984, é o seguinte:
Bibliografía:
Akmajian, Adrian, Richard A. Demers, e Robert M. Harnish. 1984. "Lenguaje y cerebro". En Lingüística: una introducción al lenguaje y a la comunicación. Madrid: Alianza, pp.351-372.

E. Dígame que hacía usted antes de retirarse.
A. Uh, uh, uh, puh, par, partindero, no.
E. ¿Carpintero?
A. (Asinte) Carpintero, ve, ve, vente año.
E. Dígame lo que pasa en está foto.
A. Niño... gall... galleta... cogió... galleta.
Afasia de Wernicke

A afasia de Wernicke prodúcese cando a zona danada é a área de Wernicke, a zona posterior do lóbulo temporal esquerdo, a área responsable da comprensión do significado dos sons.
Os pacientes con afasia de Wernicke presentan un deterioro na capacidade de comprensión da linguaxe falada e escrita, non comprendendo os enunciados que se lles presentan aínda tendo unha audición normal. Estes pacientes tenden a falar moi deprisa, cunha produción fluída e que semella gramatical, pero sen sentido.
Outros sintomas son:
-Fala paragramatical: abundania de conectores e palabras gramaticais, con problemas de escolla entre estas.
-Circunloquios, discurso con rodeos sobre un obxecto que non se sabe nomear.
-Problemas na recuperación e substitución de palabras.
-Problemas cos sistemas de retroalimentación da linguaxe.
Aquí pódese ver un exemplo de discurso dun paciente con afasia de Wernicke, tomado da páxina do Prof. Ruíz Antón da Universidade Jaume I.
T. ¿Cómo sigue usted?
P. Si, sí, gracias.
T. ¿Le hemos hecho antes esta prueba?
P. No... Creo que no he estado nunca.
T. ¿Puede decirme cómo se llama usted?
P. No ... No ... No he salido de aquí ...
T. ¿Dónde vive usted?
P. Si se ... si voy a poder ayudarle. Puede que mi padre sepa algo.
Afasia de condución
A afasia de condución é o resultado dunha lesión no fasciculus arquatus, unha serie de fibras nerviosas que conectan subcorticalmente ás áreas de Broca e Wernicke. Os pacientes con afasia de condución non teñen un problema nin dos mecanismos expresivos nin dos receptivos, senón un problema de conexión entre ambos.
Os pacientes con afasia de condución caracterízanse por teren dificultade para repetir o que acaban de oir. Ademais, teñen unha fala espontánea fluída pero con circunloquios e indebidamente estruturada, grandes dificultades na lectura en voz alta e unha boa comprensión da fala. Os problemas da afasia de condución tamén se manifestán na produción escrita.
Anomia
A anomia ten lugar cando hai unha lesión no gyrus angularis, a área do cerebro necesaria para a asociación entre as diferentes modalidades sensoriais.
Os pacientes con anomia teñen incapacidade para asociar obxectos e nomes, isto é, para nomear. Tamén teñen incapacidade de atopar palabras durante a fala, son incapaces de recoñecer o nome a partir dos obxectos (aínda que non os obxectos a partir do nome), teñen unha comprensión e unha repetición da fala normais e unha fala fluída pero chea de circunloquios.
Un exemplo de anomia, tomado de Akmajian et al. 1984, é o seguinte:
E: ¿Quién es el presidente de los Estados Unidos?Por último, e para pechar esta serie de posts sobre a linguaxe e o cerebro, presento este video onde se amosa primeiro un paciente con afasia de Wernicke e despois outro paciente con afasia de Broca
A: No puedo decir su nombre. Conozco a la persona, pero no consigo decir... Lo siento, no consigo decir. No puedo escribírmela ahora.
E: ¿Puede decirme el nombre de una chica?
A: De el nombre de una chica, de quiero decir, ¿de qué peso, quiero decir, de qué edad?
E: ¿Sobre qué dormimos?
A: De la semana, er, o de la noche, oh más o menos desde las 10, más o menos dlas 11 de la noche hasta más o menos un las siete de la mañana.
Bibliografía:
Akmajian, Adrian, Richard A. Demers, e Robert M. Harnish. 1984. "Lenguaje y cerebro". En Lingüística: una introducción al lenguaje y a la comunicación. Madrid: Alianza, pp.351-372.

No hay comentarios:
Publicar un comentario